viernes, junio 26, 2009

Pavadas de xénero, que dirían eles...e pasatempo ad hoc!

A pasada noite de insomnio adiqueime a revisar os case trescentos post que teño en modo rascunho, textos e reflexións que por diversas razóns quedaron no purgatorio do bló agardando o xuizo de Osiris que os guindará ben seguro ao lixo virtual onde estes ceros e uns volverán ao magma primixenio da nada ou do cabreo que os xerou. Moitos destes textos foron máis que escritos cuspidos directamente sobre textos, declaracións, feitos e situacións anormalmente anómalas, ridículas e casposas. Nunca quixen amolar ou darlle a este espazo cabida, nen sequera para contradecilos, aos simples e mediocres, que inundan os medios convencionais, para darlle máis voz aos que non paran de dar a murga. Ese presidente de Deputación que ten mercado a vontade de toda a súa parroquia, eses Consellos de Guardiáns (si, nós tamén o temos) que agocha pederastas, defende píos latrocinios, sempre tan relixiosamente correcto na relación de xénero, etc. A maioría son post que trataban de contrarrestar esas pequenas miserias que semellan inocuas, pero que van crecendo ata convertirse neses tópicos que matan ante a ollada revirada e ebria dos que siguen a xuntar verbas para o xornal do mesmo xeito que o domingo xuntan as fichas de dominó. E siguen, e siguen....

Ahhhh...o pasatempo adhoc viña a ser unha recompilación de fraseciñas célebres desas que oimos tódolos días...a ver...a min é que non se me vai da cabeza esta que me dixeron hai días:

"convosco as progresistas hai que ter moito coidado"...(máis nos comentarios)
BOA FIN DE SEMANA E LEMBRADE...
NON DERRAMAR NADA DE NADA...

5 comentarios:

legnaresa dijo...

amazonas na política?. Sí, algún precisa que haxa amazonas na política e na vida. O que precisan delas non é que fagan o que lles pete senon que se axusten ao dicionario da RAE que entende "amazona" como unha muller necesariamente guerreira, de ánimo varonil que fae, imitando as homes.algo propio de homes.Montar a cabalo, traballar, sair a cazar (en todas as suas posibles acepcións)ou facer política. Pero cando caeran da burra de que imitar é limitar. Na antiguedade compría a amputación do peito e hoxe sigue na mente dalguns necesidade de amputación ainda que xa non teñen claro que é o que precisan amputar.Algún amputáballe eu o tálamo a ver si así eran capaces de interiorizar e asimilar un pouco máis e mellor.
Unha aperta para as amazonas do Irán (etónimo iraní, *ha-mazan).

SurOeste dijo...

As progresistas? Quen son esas? As que non calan? As que sacuden de encima a man paternal que as guía? As ligoreteiras rabudas?

ou mellor...

As víboras que se reviran para trabarche na man?

Anónimo dijo...

mala centella vos coma a todas

Ana Bande dijo...

legnaresa, clarividencia, ecuanimidade, transparencia, ar, equilibrio....

suroeste, as víboras que se reviran para trabarche na man, esas, esas...jajajajajaja....

anónimo...comidas e lambidas, si señor!

SurOeste dijo...

Na miña vida puxen un comentario anónimo. Terá isto algún significado?