lunes, junio 29, 2009

Sacrificio, impresións...


Acordo debruzada, a carón da ausencia, co zunido da noite asolagando o meu insomnio. Pel queimada por verbas que estouran antes de desintegrarse definitivamente, afogadas na choiva para fermentar no lidro que cobre toda a cidade. Alguén aínda se anica para turrar dun farrapo. Sacrificio. Desolación. Da cidade lixo foxe a desesperación pola mesma corredoira, todos enchoupándose nun chan lamacento que agocha renuncias que arrecendían a gloria.

Foto: María Jesús Fariña Busto.





3 comentarios:

legnaresa dijo...

Con permiso

Con permiso

anaariassaavedra dijo...

Leo niste blog, que hoxendía nacer muller nunha aldea é unha eiva.
Con coñecemento de causa, debo de resportar que ise cabaleiro (con todos os meus respetos)anda dabondo trascaburrado no que a isto se refire.
Hoxendía as mulleres que nacen na aldea, van á escolas. institutos, logo , ou tiran po la formación profesional ou po la universidade, E as poucas que se quedan ao fronte dunha esplotación gandeira, isas son mulleres cultas, non analfabetas.
Por outra banda, as nenas nadas na aldea, teñen un contacto coa natureza que nenas da cidade non o teñen na maioría dos casos.
Eu nacñin nunha aldea, crieime en Lugo cidade, casei y funme para unha aldea, a miña filla naceu en lugo, pero criouse na aldea, Pois é enxeñeira química industrial, Técnico superior en prebencion de riscos laborais e algunha cousiña máis, e non é ela soa na aldea, hai máis mozas que teñen os seus estudos, e non lles caen os aneles por ir un día axugar ao seu pai traballar na esplotaciñon gandeira.
a aldea, iso si, estase a converter nunha pequena cidade cos cambios dela- veciños que non se saudan, etc...
Feliz fin de semana a todos/as
ANA ARIAS SAAVEDRA

Ana Bande dijo...

Prezada Ana,
Non sei onde dixen tal, pero sen dúbida hai un maltentendido, seguramente culpa miña. Se me das unha pista podereime explicar cicais, mellor. Aperta!