lunes, junio 08, 2009

Xeniais Xerais!

Foto: Illa de San Simón. Manuel Candelas
Adicado a Paz Raña
Encantado de coñecerte en persoa, vaia, Miriño, que Curioso e Impertinente, que gustazo vérmonos, teño pendiente entregarche un premio, si o disco de Abuña Jazz, bico neno, ola Montserrat, ten graza a cousa, levabamos unha chea de tempo coincidindo por aí, eu xa dicía, pero ¿porque cada vez que me paro con M., o meu home saúda sempre á sua compañeira?, e Alma por medio, voute correr a gorrazos, e vas pagar as copas toda a noite, vale, ok, pero B.home, para iso cho presentei, para que lle critiques a obra, ti tamén, e no medio e medio Paz, a súa man, a súa ollada, o seu corpo miudo que se derrubou ao sentir o seu nome, que mal me atopo, unha neumonía mal curada, o peor é que non vou poder ir de troula canda vos, si, que experiencia, alucinante, pero non te esquezas, LdC. defendina eu a primeira, pero ti como viñeches sen invitación, quiteilla a un velliño que a pousara nun muro, non, non creo que se lle poida perdoar tanto erro, a historia pode ser boa, pero hai que coidar a forma tamén, ¡temos gañadora!, é Rosa Aneiros, ¿Rosa Aneiros?, vaia temos que facer dúas chamadas, Rosa.. sorriso eterno, son Amanda, mira, encantoume a túa historia, e no medio e medio a forza da man de Paz que tenta procurarte, ¿que fago eu aqui?, porque as palabras, non o esquezamos nunca, conteñen na súa cerna a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo, vaia non sabía que ía vir o Conselleiro Natxo Vidal acompañado de Rocco Siffredi, a profa aproveita a viaxe para facer uns cantos seareiros maís da flamante Orquestra Panorama, vooooooolareeeee, oh, oh, can-ta-re, ¿e non saben quen puido escribir iso?, non, non, pero non pararei ata dar con el/ela, Luliña pensou en Germán Sierra, pero non, confirmado, LdC vai dar moito que falar, seguro....
P.D. (1) Saímos a botar un pitillo? si, veña, e de camiño apareceu Tati, por fin, Tati, por fin nos falamos, e menuda a que "liaches", Festiña Quente mais eu abraiados perante esa mestría túa, na próxima ímola liar entón un pouco mellor!
P.D. (2) A B. non lle gostan moito os piropos, mágoa, porque ten uns ollos incribles.
P.D. (3) Xa se vai desvelando o misterio de Limiar de Conciencia.........

11 comentarios:

miriño dijo...

Encantado eu tamén. :)

Aínda que o vínculo que puxeches non é o meu:

http://curioso-impertinente.blogspot.com

Un Xerais, xeniais certamente!

Bico grande!

legnaresa dijo...

Aturdido polas verbas e a tortilla de bogavante Rocco saiu da illa tendo moito coidado coas abellas. Lula e o Consejeiro deixaronse levar polo son dos tamboriles pensando quizais tapar as orellas oas baquetas da Ana Big BandBande.A quinta do Zapata e derrámanse todas as subvencións. Jato Negro, Negro jato, aínda quedan lampreas e preas baixo as folerpas. Magoa de non atopar a quen coller prestado un currican. Dioni na popa, Rei do Mundo na proa.O fuxitivo chegado a terra. Algúnhas poetas agóchanse na noite facendo palomitas o son da música ¡pop, pop,pop!.Mentras unha doce cronopia abre a comitiva coa sua sorrisa de orella a orella. Afortunadamente AnTONY non foi quen de estropear as tropas de falopio pois a fontanera estaba de baixa e o Camilo andaba mising.Digollo eu que son celtaeuskaldina educada no Opus.

Ana Bande dijo...

jajajajjaajja...euskérica me quedo logo da súa remembermoria! aínda máis lle digo, que moito vipvipcastelao, pero de sempre en aberto ná de ná...como observou o conselleiro, mágoa non ter a foto do grande amanuense en pleno proceso creativo naquela olivetti ao son dos Gipsykings ou como se chamen...moito rimos ohhhh!!!

lula Fortune dijo...

Corriente de conciencia. Esa tolemia do sabado sabadete só se podía contar así: e Morticia Adams, o Porco de Pé, os ollos de Darío que engaiolaron á Cronopia, o reporteiro Tribulete, Orzowei máis o Rosendo, o velliño roubado jijijiji, as mozas do metal, o matrimonio Prado...temos que facer outra!!!!!!!!!

PD: pois era unha boa pista a de Germán. Mecachis!

emereci dijo...

Querida Ana B. Sherezade, por muito que te encirres en pelotearme a mirada, nin me chamo Belén nin teño unhes ollazos como os teus!!! Bico gordo

Ana Bande dijo...

jajajajajaja...nena, para min non vai ser doado chamarte polo teu verdadeiro nome...ademais, BELEN é precioso...querida Sonia!

emereci dijo...

Bueeeeeeeeeno, se cres que podo enamorar a unha persoa sen emocións coa miña silenciosa presencia nun escenario, acepto gustosa o cambio de nome :-)

Avisador dijo...

Perdémonos con Lula.
Lula perde o enlaaaaace !

Lula Fortune dijo...

Falta o contexto. Sen contexto non hai hipertexto.
Jajajajajajaja.

Serendipia dijo...

Son Amanda, díxome Paz hoxe polo corredor, vai ler a Ana, fala de ti, do teléfono. E eu viñen obediente, non lembrara (poida que nin o soubese!) que fose tan doce lerse en palabras semidescoñecidas. E digo semi porque sei quen és, és a muller que sí tiña unha sonrisa eterna!

Un bico, Anadasonrisabonita :)

Ana Bande dijo...

amamandaaaaa....es ti Serendipia, un pracer ruliña, que ben o fas todo joé, eu de maior quero ser coma ti..¡bicazo! fichadiña quedas.