martes, septiembre 29, 2009

Esmorgantes. Nin deus nin patria nin rei, abofé.


Foto: "Nindeusninpatrianinrei@grandeespino.es" by Ollazos Outumuro.

É que unha esmorga con amigos dos amigos é máis que unha festa. Velaí está o resultado, perfectamente arumizado. Cortar xamón é unha preciosa metáfora que convida a reflexionar sobre a xenerosidade e a bondade. Un sorriso por tras dun frío obxectivo fotográfico foi a miña foto preferida. Ser quen de traspasar o espello e valorar ese silencio prolongado ou unhas verbas nun idioma descoñecido e exótico que evocan Sherezades trastocando instintos e respostas primarias. Velaí a emoción de sentírmonos parte da civilización. Un músico concentrado na felicidade do auditorio que baila o rap do fontaneiro coa melodía do no woman dont cry. Anfitrionaxe de luxo carnal de delirio e bendicións escatolóxicas que convidan a unha santa voluptuosidade que aguilloa preguizas, arbiter elegantiae, quen fose Petronio para escribirte. E insultar á Benemérita. Mil veces máis che cuspiría nesas gafas de sol que non agochan a túa salvaxe ignonimia, eran as túas costas as que tiñan que estar no lume por invocar a choiva nun día de tanta ledicia. Pero abondou co tarareo dunha pegañenta cumbia para esquecerte. Andalucía, Extremadura, Persia, Lugo e Nogueira de Ramuín ...topónimos amoreados a carón dun mapa de solidariedades deliberadamente analóxicas. E agora que o penso...¡que acaído Meat Love como BSO!

a Paco, Lourdes, Anxos, , Xose Luís, Mina, Quico, XanDaCova, XaimeDaPena, Lula Fortune, Arume dos Piñeiros, Conchy, Mani, Inma, Pablo, Juanma, Apicultor, Lorena, Aser, Medela, Chus, Virxinia, a aos que non puideron vir...Rubén, Vicky, Anxo...

6 comentarios:

Luliña dijo...

Qué maravillosa mestura de linguas, xentiñas, músicas e viños. Nunca pensei que o paraiso poidese estar tan preto.
Moitísimas gracias Anabande y Machovarón.

SurOeste dijo...

Brindo polo "Anfitrionaxe de luxo carnal de delirio e bendicións escatolóxicas que convidan a unha santa voluptuosidade que aguilloa preguizas".

Legnaresa dijo...

Seica falta a lembranza de Nico que estivo todo o día coidando de que ninguén roubara a froita e o final da esmorga, amparado na nocturnidade da lúa e a silente xiada da mañanciña, traballou arreo - coma un can- a "recoller" o lixo. ¡E logo! El tamén ouveou o que pudo na esmorga e papou algún meat loaf que outro.

Xaime dijo...

Eses momentos da nosa vida nos que imos aventando a felicidade e na que tocas a amizade cos dedos e ollas os amigos, son inesquezibles.

Xoan da Cova dijo...

Foi un de eses días nos que un non desexaba estar en nigún outro lugar do mundo nin con ningunha outra xente. A nosa festa era o centro do universo.

Apicultor dijo...

Pois eu cheguei tarde, mais tamén o pasei moi ben :-).