
sábado, octubre 31, 2009
Ágora, Alenjandro Amenábar

"Tres anacos de nú que non 4", A.A.F.R.



Imaxes: "Tres anacos de nú que non catro", Aser A.Fdez. Rey".
viernes, octubre 30, 2009
Frozen River, Courtney Hunt
Frozen River comeza cun primeirísimo primeiro plano da faciana de Ray (Melissa Leo) rota por un choro insoportablemente silencioso. O orgullo empurra unhas bágoas que van tallando un rostro que cicais moito antes acubillara algún que outro sorriso. Ray ten a forza dun boxeador segundos antes do combate. A súa forza transmítenola Cortney Hunt perfectamente desdramatizada nese espello no que a ollamos loitando por poñer un pouco de rimmel para agochar unha vaga que ameaza con esnaquizala completamente. Unha historia de dúas mulleres nun territorio de fronteira, a reserva dos Mokauks, metáfora desalentadora, como o propio río xeado, que engade un plus de frialdade a unha historia de supervivencia da que nos podemos sentir víctimas e culpables. Ray sae da casa disposta a todo para sacar adiante aos seus, vémola loitar contra o xeo coa determinación dun ser imbuido dunha forza que só se pode comparar á que desprega a mesma natureza. O filme desprende dignidade a raudales grazas a un guión intelixente e de ritmo adecuado que nos amosa personaxes nada estereotipadas que debuxan uns matices moi realistas nas relacións humanas se caer nunca no sentimentalismo. Un filme que conta coa intelixencia e entrega do espectador que non precisa que lle expliques os diálogos e non quere aturar leccións sociais e políticas. E, ademáis, creo que por primeira vez en moitísimo tempo, estamos ante unha película de mulleres case na súa totalidade. Protagonistas, dirección, guión, fotografía, casting, música...e claro que se nota. A cámara de Courtney Hunt fálanos dun xeito moi familiar.
miércoles, octubre 28, 2009
Enxeñoso
martes, octubre 27, 2009
Derrúbao ao quinto asalto Coleman.

lunes, octubre 26, 2009
Por fin son pedra.

agardei eóns
pola sutilidade dun demiurgo
fachendoso de densidades e proporcións
por fin alonxada de deus
e esclava da materia máis fria e estarrecedora
para abrasarte
por fin son pedra
materia
para escarnio de filósofos
ignífuga e abrasadora
a chuvia esvara polas miñas costas sen que
e xa non teño tampouco que
que ledicia!
de pedra...
por fin son pedra
materia
para escarnio de filósofos
ignífuga e abrasadora
a chuvia esvara polas miñas costas sen que
e xa non teño tampouco que
que ledicia!
de pedra...
Foto: Victoria Diehl
sábado, octubre 24, 2009
Mentira.
Sempre minto, e aínda así non es quen de descifrarme. Só que teño que mentir deliberadamente o que me causa certas incomodidades e preocupacións. Teño que vixiar tamén os meus soños, territorio vulnerábel onde adoitan campar os noxentos trasnos das lembranzas e medias verdades. Ao comezo mentía coma quen rebelisca involuntariamente un globo, como sorprendéndome da inminente explosión-enxurrada de preguntas que turrarían dunha interminable ringleira de mentiras que nos afastarían para sempre. Porque non queres saber nada desas miserables mentiras de consolación, de cara descuberta, de complicidade, de medias tintas, de quid pro quo. Non, ti queres mentiras afoutas e ben feitas, preparadas a lume lento especialmente para a ocasión, e, podendo ser, ben regadas con todas as nosas fantasías de crianza. E aínda así non es quen de descifrarme. Cicais porque xa non minto. Cicais porque ti es a mentira máis grande que me engule sen sequera eu decatarme.
jueves, octubre 22, 2009
Tokio Blues, Murakami
sábado, octubre 17, 2009
Para V. (I)
Unha tarde escoitando a Chet Baker compoñerás un poema. Semanas máis tarde asistirás a un recital poético convidada por unha amiga e escoitarás teus propios versos. A ollada do poeta delátao. Pero ti xa non recoñeces os signos daquela lingua antiga que te empeñaras en descifrar. E mentras o poeta recita, ti tarareas Embraceable You. Queres chegar á casa, quitar a roupa e poñer o disco, por iso te despedirás con toda a cortesía e rapidez que podes. Non consintes insistencias nin olladas indisimuladamente suxerentes. Queres chegar canto antes. Adoitas camiñar coa cabeza baixa e distraída. Por iso nunca te chamou a atención aquel home que dende meses agardaba horas fronte ao teu portal para ollarte só un minuto.
Eu imaxino a felicidade sempre en liberdade. De ser un animal sería un de corpo serpentiforme e de boca ampla, un ser esvaradío e case inaprensible. Ou unha alga, por exemplo. Seres de espacios abisais que morren inmediatamente cando os levamos ao laboratorio.
FOTO: Casco de Leiro. Idade de Bronce final, atopado de xeito fortuito por José Vicente Somoza, dentro dunha vasilla de barro, durante unhas obras de construción dun galpón na parroquia Leiro, concello de Rianxo.
martes, octubre 13, 2009
Para S. (IX)
Encantábache S. Deitarte boca arriba e botar unhas caladiñas mentres sucedían cousas tan excitantes. Disfrutabas concentrada co primeiro pitillo do día, mentres se abrian de socato todas as cancelas. Cidade sitiada ese teu corpo que amaga querer defenderse seguindo as instruccións do enimigo. Ordes contradictorias que se volven súplicas desatendidas para cambiar de contino a paisaxe. Que doado desobedecerte S. Son quen de derribarte e construirte mil veces por segundo e esnaquizar teu corpo-continente en tantos anacos como notas ten este Blue Monn e logo xuntalos de contado facéndote todo o dano que me pidas. As fisuras desaparecen baixo a lava suavemente mentres apuras unha calada que xa non existe.
lunes, octubre 12, 2009
Para S. (VIII)
domingo, octubre 04, 2009
Maruja Mallo, impresión rápida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)