Ágora. Unha de romanos. Un pouco cruel cicais, pero así, en quente, creo que vin unha versión seria dos Monty Piton. A ver, en serio. Unha superproducción, pero non unha grande película. As verbas do propio director me confirman esta rápida impresión. O nin fu nin fa do sabio crítico, temén. Si, Alejandro recuperará o investido, sí que é unha película ambiciosa e sí que logrará captar a atención do espectador. Se deses parámetros depende a excelencia de Ágora, sobresaliente. Pero se rascamos un pouco descubrimos doadamente unha decepcionante posta en escea onde a grandilocuencia e a esaxeración rematan por facer da peli unha simple producto cultural. Que funciona, si, xa o dixen, en termos de economía. Pero non en clave artística. Mágoa o escaso partido tirado de actrices como Raquel Weisz, que malia a súa poderosa presenza non logra facernos escoitar á grande científica. Que Amenábar pode facer a película que quere está claro, e deliberadamente quixo facer unha obra políticamente correcta. Hai mercado para a crítica ao fundamentalismo relixioso e reivindicacións de xénero, por eso precisamente é unha mágoa que se traballe nese interesante eido con técnicas e recursos de cine puramente comercial. E diredes que o cine independiente está ben pero que non chega ao público. É certo. Pero moito me temo que a superficialidade e grandilocuencia que aquí se desprega non axude moito a reflexionar sobre as nefastas consecuencias da intoleracia política, relixiosa ou calquera outra. Eu imaxino outra Hypatia, unha señora moito menos glamurosa e máis implicada co seu tempo, con moitas más contradiccións, ou menos, pero moito máis humana que esta beleza de Raquel Weisz pola que non pasan os anos. Lin críticas que louvan moito a excelencia na recreación temporal, mais eses planos cenitais, os contrapicados e os uso da técnica google earth non axudan tampouco a meterse en situación. A., que adoita, malia a súa inexperiencia cinéfila, ollar os filmes cun ollo crítico moi interesante, dixo que había moito xogo de bos e malos na peli. O dito, macroproducción que non grande película.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Tes toda a razón, Ana. En realidade a verdadeira Hypatia morreu con 62 anos, e Sinesio de Cirene xa morrera dous anos antes... A mín o que máis me gustou foi a ambientación. A interpretación da protagonista, excelente, pero quizá demasiado comedida. O mellor, a reflexión sobre os diferentes rostros que pode adoptar o fanatismo... Excelente crítica. Un gran bico
Grazas pola visita, X.A. Fun pola túa "casa", pero estaba "pechada", unha mágoa, seguro que agocha alí tesouros como os de Alexandría. Bicazo!
Non teño o teu mail para che enviar invitación, pero o meu está no meu perfil. Entra e síntete alí como na túa casa. De feito estás ligada nos meus favoritos dende hai moitísimo tempo. Un gran bico
Pois a min gustoume, ao marxe de efectos cinematográficos. Coido que ¡é unha película e por riba é preciso rentabiliza-la.
Dicía que gustoume por una razón fundamental: Amenábar ten o atrevimento de converter nun espectáculo (insisto, ¡é unha película e é precios rentabliza-la!) uns feitos máis ou menos históricos, de xeito que poden ser visionados por moita xente, cousa que ten moitísimo valor ante a evidencia de que os medios en xeral e a intelixencia "orgánica" case que ao completo se negan a falar de segundo que perversións; por exemplo, das que protagonizou e protagoniza a Igrexa Católica.
Coincido con vostede en que hai detalles que sobran, pero no caso de "Ágora" (e outros) sempre prefiro empurrar adiante para deixar a porta aberta á posibilidade de que uns milleiros de espectadores se fagan preguntas e parte deles acerten coas respostas.
Se a Weisz é "juapiña" ou se por ela non pasan os anos parécenme aspectos alleos á mesaxe dun filme que si o ten, e que como produto non é precisamente "normal" nin políticamente correcto.
É mellorábel, pero eu aconsello a todo o mundo que vaia o cine e atenda aos diálogos e ao exemplo de "tolerancia cristiana" do bispo Cirilo.
Saúdos e perdón pola extensión.
Estou mais de acordo contigo do que pensei ao saír da peli. E que fun con demasiada boa predisposición - unha científica, e amenábar, amenábar, moro de la morería - e custoume recoñecer a decepción. Claro que non está mal, pero de aí a estar realmente ben ... vai todo iso que dis.
bicos :)
Boas noites Ana.
Aproveitando que botan fútbol na tele e que vin onte o devandito filme vou aportar o meu parecer.
Paga a pena pagar por escoitar unha frase dita por Hypatia. Algo semellante a "ti non podes dubidar das túas crenzas, pero eu teño que dubidar das miñas".
Dende un punto de vista técnico os mecanismos que A. usa para levar o foco da historia ás estrelas paréceme moi interesante. Ver de cando en vez, como propuña Spinoza, os seres humáns como formigas é bo para a saúde, à mon avis.
Unha aperta.
Publicar un comentario