sábado, octubre 31, 2009

"Tres anacos de nú que non 4", A.A.F.R.

A primeira venda de obra de A. Non puxo moito interese. O artista lévase mal coa economía. Pero un tal M. porfiou por un cadriño que representa unha pube. H. dixo que cecais fose todo cousa dunha arroutada dun galán para impresionar á moza nunha noite de esmorga. Fixemos unhas risas. O artista falou de alugar o orixinal por un módico prezo e H. turrou da brincadeira engadindo que nese caso non se admitirían devolucións nin presentando o tíket de compra. Agora río imaxinando un anaco de corpo adornando o estudo dun representante de productos farmacéuticos. O tipo di que agora está en Portugal pero que si o artista o agarda no bar de H. rematarán o negocio. Di que está cavilando en levar os tres cadriños que forman o conxunto, pero que en todo caso queda co do medio. ¡parabéns A.!

Imaxes: "Tres anacos de nú que non catro", Aser A.Fdez. Rey".

3 comentarios:

SurOeste dijo...

Pois eu que acabo de entrar e vin os tres anacos de nu antes de ler o post, teño que recoñecer que me sorprendín, que os volvín mirar e pensei: esta Ana sempre á última en imaxes plásticas, quen será desta volta @artistaz@? Así que non me sorprende que algúén se enamorase non dun, senón dos tres. Flipei moito tanto co punto de vista como coa cor e o sombreado.

Artista!!!

Ana Bande dijo...

queridx SurOeste, agarimosx, lista e románticx, hai xeo nesta cova, e con tanto aloumiño vaiseme derreter todo...¡muac!

ahhhhhhh...mira esto e disfruta nenx!
http://www.youtube.com/watch?v=OSSjYFPTRAQ

SurOeste dijo...

A miña propia experiencia dime que xeo queima... ás veces.