viernes, mayo 14, 2010

A parte dos crimes....


Fotografía: Ana Mendieta

A seguinte morta foi Fatema, de 30 anos, atopada no chan do corredor do seu piso da rúa Sunyer do Barrio de Poblenou de Sant Andreu. Segundo as estatísticas, Fatema foi a víctima 26 da violencia de xénero dun ano funesto no que trinta e cinco homes máis asasinarían ás súas parellas. Fatema tiña tres fillos de 14, 12 e 5 anos. Foi o maior o que avisou á policía logo de presenciar xunto cos irmáns o asasinato da nai. Un veciño declarou que “era unha familia moi educada". Fatema non tiña presentada denuncia por malos tratos. A noticia sae hoxe no diario El País nunha páxina da sección de Sociedade a carón doutra que ocupa media páxina que fala do perigo de extinción do lagarto Furcifer lateralis que vive en Madagascar, por mor do cambio climático.


...podía ser verdade...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

E se en Baiona unha nai se tira en coche por un barranco coas súas dúas fillas para facerlle chantaxe sentimental ao home, esa noticia, por suposto, non sae en "El País". Nin tampouco o desa señora que lle cravou un coitelo á súa parella en Vigo. Ese tipo de noticias podería poñer ao descuberto que o esquema "muller víctima / home verdugo" non sempre funciona, e, lóxicamente, non poden lixar a albura socialdemócrata do diario de referencia.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/05/12/0003_8478191.htm

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/12/00031273654524874630543.htm

Paz Raña dijo...

Creoque de cando en vez está ben escoitar que es unha persoa fantástica,unha muller guapa que fai un gran traballo e permite que as cousasflúan para a xente que queres e que, anque non sexas sempre consciente,es moi importante, moi querida e moi valorada por moitas persoas.
Como non tes Feis, aí vai. Bicos :)

Ana Bande dijo...

Os homes que sufren violencia de xénero levan outro sufrimento engadido, non me cabe dúbida, unha dobre invisibilidade, e a loita contra esa lacra non debería nunca caer na hipocrisía do esquecemento, mais as cifras polo de agora son aberrantes e os asasinatos de mulleres son a punta do iceberg do inferno no que viven milleiros de mulleres.

Paz, non te pases comigo que non merezo tanto cariño, unha birriña si, e con esta caloriña....mmmmm...a ver ¿cando quedamos?