viernes, septiembre 10, 2010

Caravaggio a Porto Ercole




Pregunteille se lle gustaba Caravaggio. Non teño moita cultura, respondeu. Deixei aquelas páxinas satinadas de claroscuros atraída pola fenda que os seus ollos negros andalucísimos abriu no seu sorriso. Disimulei, creo que moi malamente a miña impertinencia e lembrei a inocencia das prostitutas. As verbas máis sublimes derrámanse polo chan cando a pulsión asasina entra pola escuridade do estudio. Esgázanse brocados e equilibrios descompoñendo a cruel perspectiva que provocara tanto sangue. O pintor admira a persistencia daquel sorriso e no espello contempla coiteladas que suavemente debuxan os escorzos cos que soñara. Quedan na súa memoria para a eternidade e volve o rostro cara o sorriso que lle confirma que a dor está chegando ao seu fin, xa non precisará máis violencia. A fermosura que procura atópase lonxe, terá que atravesar xeografías e sentencias e terá que deixar sutis pegadas para que a lenda medre logo dun par de séculos e se lle recoñezan as súas extravagancias. A piedade ten os pes sucios e os afogados teñen o ventre avultado. O pintor recupera a moeda da suciedade do chan e arrastrándose chega a poñela na man do mozo, agardando que a escea se poida recompoñer outra vez.
Grazas A.&L.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Entro a conocer "tu casa" y me quedo con los ojos como platos al leer las dos primeras frases de esta entrada.
No me pareciste impertinente y si contesté con naturalidad, sin tapujos ni complejos fué porque me has echo sentir bien desde el minuto 0 como si nos conocieramos de toda la vida.
Un besico