viernes, septiembre 03, 2010

QUAESTIONES DISPUTATAE


Si el sacerdote fuera mujer, los fieles se excitarían al verla
Sto. Tomás dixit.
Benedictus papa confirmat.

Y é que non hai como a incontinencia verbal (que a outra xa a canalizan como saben) e as arroutadas desta secta sotánica (sic) para espertarnos ás mulleres de cando en cando. Que non, que non, que non queremos sacerdocio feminino, o que queremos e prohibir tamén o masculino!
E aproventando a Qvaestio, e como isto vai de libros, aquí vos deixo esta preeciosísima portada das Qvaestiones Dispvtatae do divino Santo Tomás, quen xa hai uns centos de anos se adiantou a estas polémicas e preparou as respostas ab aeternitate.
máis e mellor: "ella como pecado"

P.D. ¿teño un@ amig@ bibliófil@ por algures? preciso a tasación deste libro. Grazas adiantadas.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

acabar con sacerdocio masculino, despois de dous mil anos, iso non e doado. Expresa una intención, unha forma de ve-lo mundo pero no seu caso, habería que facer algo tamen co resto das relixións non cristiás. Estou dacordo en que non se pode impoñer a relixión, que se ten que tratar dun feito intimo e personal, e que o estado ten que ser laico e respetar todas posturas o respecto, pero non podemos perseguir a xente por sus creencias. Estar demasiado convencidos dos nosos principios nos leva a cometer actos terribles, e iso vale para todos. Como dicían os ramones ·I belive in miracles, i am one of them"

valdés valboa

Ana Bande dijo...

Anónimo,
"Estou dacordo en que non se pode impoñer a relixión, que se ten que tratar dun feito intimo e personal, e que o estado ten que ser laico e respetar todas posturas o respecto, pero non podemos perseguir a xente por sus creencias"

E digo eu, ¿se vostede pensa así? por que desconfía da miña postura que precisamente é unha reveindicación diso mismo por parte da igrexa.

Faime graza, cada vez que un/ha entre un millón lle fai unha crítica á igrexa veñen os progres a cuestionalos, a@s que non temos micro, aos que pagamos a visita do papa malia non ser católicos, a@s que temos que oir misa obrigatoriamente polos altofalantes e aos que dubidamos de todo e non tratamos nunca de impoñer as nosas dúbidas a ninguén.

Mire anónimo, vostede procure a súa verdade e cando a atope gárdea para si, eu a miña non a atopei, bueno, o científico aclárouma onte un pouco máis, pero xúrolle que non lla imporei ni aos/as fillxs.

Polo demais, penso que cometer actos terribles está na natureza do home (e da muller, se cadra) independientemente do grado de convencemento de principio ningún, por un par de pesos podes ser un bocado para os boitres en calquera parte do mundo. Mire vostede senón. Claro que cun libro de calquera relixion nas mans todo é moito máis doado.

Eu non son un deles/delas, o que non quita que me considere mellor, nin moito menos.

Saúdos.

Arevalo dijo...

Habrá que leer el libro. No creo que una mujer sacerdote exite a sus feligreses a menos que estos sean muy pervertidos, en tal caso, se excitarán aunque el sacerdote sea hombre (jajaja). Como católico, me parece adecuada la jeraquía eclesiástica: sacerdotes y monjas. No me voy meter en asuntos de feminismo porque para empezar los hombres y las mujeres no somos iguales ni física ni mentalmente; y hasta legalmente existen diferencias.

Anónimo dijo...

bienvenida al mundo de lo real

permítame esta cita del matrix, porque nada es nunca lo que parece. Recuerdo un anuncio publicitario, del que no recuerdo lo que anunciaba, en el que una mujer nadaba en una piscina. Sale toda húmeda y creo recordar que se tomaba na de esas bebidas sofisticadas. El anuncio decía: "Hay otros mundos... Pero están en este." esos son los privilegios de aspirar a ser un privilegiado dentro de una sociedad desigual. Podría haberse hecho el anuncio desde una montaña de basura y los niños viviendo veinticuatro horas al día rebuscando entre sus "riquezas"
Parece que a lo que nos enfrentamos es nuestro interior y como interpretamos esa realidad.

Quelleiro dijo...

Qué razón tes, Ana, que o tempo rematará cos curas, como rematou cos menciñeiros e coas fadas dos soutos. Dende hai mil anos, perden batalla tras batalla; a penúltima, os casamentos. Pero tes razón no contexto: as loitas pola igualdade veñen abeirando loitas igualmente xustas. Qué paradoxo. A sociedade máis fraterna e progresista non é aquela que permite aos homosexuais estar no exército; é aquela que non ten exército. Non é aquela que permite casar baixo adoración mística e con recendo a incenso a unha parella do mesmo sexo; é aquela que deroga e esquece toda esta panoplia de casullas, albas, pecados e penitencias. Pero sempre haberá quen pense que a igualade ha de se promover ainda nas institucions reaccionarias, e non tanto rematar con elas. Visto que o clube católico as desprecia e exclúe por provocativas e incendiarias, penso que as mulleres deberían organizar manifestacións, dende a súa marxinación, e berrarnos unha e outra vez aos homes "veña, compañeiros, sexamos todos iguais, tende coraxe, saíde daí dunha vez por todas...". Velaí a miña (terríbel) opinión.