Medidas de seguridade con motivo da visita do Papa
NON SE PODE estacionar ...
NON SE PODE estacionar ...
NON SE PODE realizar carga e descarga...
NON SE PODE acceder á rúa...nin á praza..
NON SE PODERAN ubicar mimos, postos de venta, medalleiras, nin artistas de rúa no Casco Histórico.
PERO SI SE PODEN rexistrar e vixiar aos/ cidadáns mediante "pantallas.... que o arcebispado instalará no interior da Catedral, San Martiño Pinario e Colexio A Salle, así como no paseo central da Alameda, praza do Toural, praza da Quintana e praza de Cervantes.
O QUE NON SE PODE, POR PARTE DUNHA INSTITUCIÓN DE GOBERNO COMO É O CONSELLO DE SANTIAGO E INCUMPRIR O PRINCIPIO DE LEGALIDADE ESTABLECIDO NO ART. 9 DA NOSA C.E. RESTRINXINDO ILEGALMENTE DEREITOS FUNDAMENTAIS CUNHA ORDE DE RANGO INFERIOR AO QUE PRESCRIBE A PROPIA CONSTITUCIÓN.
O QUE NON SE PODE E EMPREGAR OS NOSOS CARTOS PARA PAGAR CAMPAÑAS PUBLICITARIAS DUN LIDER RELIXIOSO NUN ESTADO ACONFESIONAL.
O QUE NON SE PODE E INVADIR O ESPAZO PUBLICO CON PROPAGANDA DUN GRUPO RELIXIOSO QUE É ADEMAIS UNHA MINORÍA (PERDOEN, CATÓLICOS PERO NON CONTO MÁIS DE DEZ DOCE PERSOAS POR IGREXA NA MISA DE DOCE EN CALQUERA DOMINGO, E NON ME VEÑAN CON ANDRÓMENAS DE SE PRACTICO OU NON)
QUE PEQUEN O QUE QUEIRAN, TEÑEN PASE ESPECIAL PARA O SEU CEO, PERO A LEI A CUMPRILA COMO TODO DIOS (UI PERDÓN)
AH...TAMPOUCO PODEMOS MANIFESTARNOS OS QUE NON AGARDAMOS AO PAPA, MENUDO ESTADO DE DEREITO, DEUS NOS ASISTA!
A Asociación ESCULCA ten presentado un recurso contra estas medidas pero algo me di que tururú tururú!
Foto: unha postal que atopei no Trampitán aos que dende aquí saúdo fervorosamente
3 comentarios:
Polo visto "non se pode poder"
como se dicía nas miñas épocas de "matriculado" en Santiago:
"prohibido prohibir"
Unha aperta.
Era mellor que non viñera tan "importante señor"
Totalmente de acordo contigo e aínda que moit@s pensamos o mesmo, non servirá para nada, ao final teremos que pagarlle a viaxe.
Bicos
SI QUE SERVE dilaida, é máis, berrar o que pensamos é o UNICO QUE SERVE, por iso tanta prepotencia, teñen que agochar a súa debilidade, son poucos e están rabiosos porque estáselles vendo o plumeiro moito de dios...e os que pasan pola pedra (non sei por que ¿non si Manolo Paz?, ogallá teñan sorte, e esa cruz do tamaño da súa perversión lle escache no momento da comuñón...a apatía cidadá estanos levando a uns extremos que me fan do século XIII o cumio da modernidade...avemaríapurísima!
Publicar un comentario