viernes, octubre 22, 2010

Incontinencia suma

Pois eu cada vez que leo/escoito estas incontinencias verbais por parte dos nosos prohomes sinto un alivio enorme. Cada vez que un destes paxaros deixa correr a verga (agggg, quería dicir, verba seriously) perante a primeira femia que se lle meta no que sempre pensou que era o seu territorio, é coma se un enorme veo se erguese de socato deixando co cu ao ar a toda a machovaronía cutre e reptiliana que fala en nome de todos e todas. A prepotencia de xénero estoura de cando en vez nos individuos que, precisamente pola súa posición de poder, terían que ser referentes para o conxunto da cidadanía que gobernan. Así que, para as mulleres, repito, é unha sorte, que estes individuos se quiten eles soíños as carautas de homes bos de xeito natural, sen que ninguén lles tenda unha trampa. Porque deste xeito queda ao descoberto que o que realmente pensan é que son eles os únicos que xogan, que no seu día a día, nos, só lle servimos para quecerlle a entreperna aos elixidos que nos van gobernar ad aeternam. Quédame cada vez mais claro que á machovaronía reinante quédanlle os días contados. Tanto ten se son douscentos meses ou doscentos anos, pero quédanlles un par de telexornais. Porque, vamos a ver, amigxs, independentemente desta pavada do alcalde de Valladolid, o certo é que, a nos, ás mulleres, digo, nunca se nos movería unha neurona do seu sitio nunha toma de posesión, aínda que fose o mesmo Apolo en tanga o que xurase o cargo ¿non si? E aínda que tal fecho aconteçiese, non pregonariamos tales desafueros en altas boses cuemo suelen facer esas gentes torsidas que gobiernan nuestra republica. Pois eu, señor alcalde de Valladolid, tamén lle digo, "cada vez que lle vexa a cara e eses fociños...pensarei o mesmo". Ah! mándolle unha foto súa para ver se lle vaixa a comezón e pode seguir dando(lle) a vara, polo menos a ver se así aguanta ata as próximas eleccións.
Nom lembro quen fixo a foto...alguen sabe?

6 comentarios:

cossimo dijo...

E qué ten que ver o hirsutismo coa machovaronía cutre e reptiliana?
No post identifícase o machismo con determinadas características físicas as cales serven como coartada para o insulto (merecido por outra parte). O que implica que vostede tamén caeu na trampa.

Ana Bande dijo...

¿hirsutismo? iso afecta ás mulleres, creo, e claro que hai unha relación directa entre o machismo e certas caracteristicas físicas, ¿ou é que os machistas son entes imaxinarios? no da trampa, pero bueno ¿en que trampa? ¿criticar unha aptitude completamente rexeitable por machista é unha trampa? vaia, pois...entón si.

Voz en off dijo...

Os machistas soen ser feos de carallo, por iso critican ós demais. E fas ben Bande.Nós tamén temos dereito a poñelos a feder por feos. A vida está chea de tipos feos que ninguén critica. Ábrese a veda. Ou é que ese señor non ten toda a cara a grans. Sí de la Riva tan pasado de moda como o teu nome.Fóra!

cossimo dijo...

Vostede cae na mesma trampa que denuncia: recorrer a criterios fisionómicos para denunciar unha determinada ideoloxía ou un determinado comportamento. Iso xa o fixo Lombroso no século XIX. Utilizar unha foto dunha persoa anónima cuns determinados trazos físicos (nin mellores nin peores ca outros) para ridiculizar actitudes filfascistas é, no mínimo, unha contradicción. E dende logo, está nas antípodas do feminismo. Qué pretende facer ver? Que os homes peludos son, por definición, neandertales como o señor ése de Valladolid? E os obesos tamén? E os narigudos? E onde entran as mulleres machistas nos seus esquemas?

cossimo dijo...

Por certo, o comentario de voz en off, non merece o máis mínimo idem. Descalifícase por si mesmo.

SurOeste dijo...

De la Riba dificilmente pode despertar de por si pensamentos luxuriosos –é feo de carallo, nunca mellor dito– secomasí séntese tan superior aos demais que se atreve a expresar en voz alta os seus, intentando reducir unha muller que, como el exerce un cargo público, á categoría de boneca inchable ao seu servizo. O pobre quixo facerse de máis denigrando a unha muller e fíxose un retrato ben pouco favorecedor: maleducado, groseiro, ignorante, misóxino e con acuciantes necesidades sexuais.

Que torpe!
Que feo!