viernes, marzo 25, 2011

booooooommmniversidade! (II) o asundo das capelas

Cando lin os primeiros titulares sobre o tema das capelas universitarias pensei que o asunto ía de departamentos e chiringuitos, tal é a consolidación e aceptación da metáfora. Pensei que o debate ía polo intrincado rueiro da deprimente universidade que o profesor Bermejo non deixa de criticar. Esa burbulla que segue a medrar cunha saúde a proba de bomba mesmo na cerna dun sistema paralizado pola crise. Esa dimensión do real na que un profesor se ausenta por un motivo justificado, debe garantizar que la docencia que no tiene quede cubierta del siguiente modo: el profesor que no tiene clases designa a otro para que no imparta las clases que no existen. Ese otro acepta no impartir las clases que no hay con todo su esfuerzo y se lo comunica a la dirección de su departamento, que, después de estudiar el caso, informa favorablemente de que no se den por parte de quienes no las iban a dar las clases que ya no existían. De lo que, a su vez, se informa al decano, que expresa su asentimiento a que se designe para no dar las clases que no existen a un profesor que no las dé, pudiendo tener que informar al rector si el profesor que no iba a dar las clases que no tenía se ausentase más de una semana (1). Pero non era tal. A cousa era de capelas propiamente ditas. As de dicir misa e confesar coas rodas do muíño dos de sempre. A detención dos estudantes que asaltaron a capela de Somosaguas da Complutense é pouco máis que un vasiño de auga fresca na travesía dun deserto asfixiante de apatía e conformismo que xa se está facendo insoportable. Que unhas rapazas con pouca roupa interrompan o discurso totalitario dun oficiante que non admite réplica paréceme un acto humanitario que representa a moitos miles de cidadáns paralizados pola impotencia. O de deter a estes rapaces por blasfemia e por delitos contra o sentimento relixioso e incluso o de solicitar a dimisión do rector Sr. Berzosa son reivindicacións dos que queren perpetuar o status quo de atraso e sometemento para seguir termando do choio. E o choio é o de sempre, o da mafia santa que quere seguir mercadeando coas miserias humanas confesión e hostias mediante. Non houbo blasfemia ningunha e no dos delitos contra o sentimento relixioso, que curioso ¿non? unha ameaza que semella provir do cumio do Sinaí, unha pozanca onde podemos ir a parar absolutamente todos os que falamos o que nos ven á cabeza porque cremos vivir nunha democracia case perfecta. Haiche cousas. E ¿que tal se lexislásemos contra delitos contra outro tipo de sentementos moito máis acaídos cos tempos? delitos contra o sentemento de moralidade ou de ética, contra o sentemento de estética, contra o sentemento de solidaridade, contra o sentimento de piedade, de compaixón ou de intelixencia, si, ¿por que non lexislamos contra delitos que ofenden á intelixencia?
(1) Bermejo, J.C. Gestores honoris causa.

2 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Non sei como estará o asunto por Ferrol. Cando eu estudiaba alí creo que había misa diaria pola tarde-noite. Estaba ó ladiño da cafetería ¿?

Paco E. dijo...

Neste asunto hai que ser firmes e constantes; nin un paso atrás. Fora a morralla inmunda da universidade, da educación, da sociedade ceibe; sen ataduras capantes de nengún tipo.