sábado, diciembre 17, 2011

de rumanos, polícías, funcionarios y ladrones...



Era noso coche, si, o protagonista da crónica de sucesos de onte, e mentres rumanos, policías, funcionarios e ladróns imitaban a Gene Hackman en French Connection, nós durmiamos placidamente, sen sospeitar que ao día seguinte, logo de xacobear por dependencias policiais dignas da máis negra novela do xénero, iamos preferir, con moito, a rumanos e ladróns. ¿que como é iso?, disimulade, non teño depurado o estilo para artellar un texto negro negrísimo. Mais, como este é un blog de libros e eu son bruxa a tempo parcial, aproveito para recomendarvos o que lía xusto o día de autos (autos, por se le o axente da policía local que me desatendeu, non ten que ver con ningún tipo de artefacto sobre rodas, neste caso, disimulen os B. e algún outro axente que confirman a regla). Maj Sjöwall e Per Wahlöö o fan moi ben nos seus best seller e como ademais están ambientados no Estocolmo de hai corenta anos podedes entender perfectamente o modus operandi que fai as delicias dos nosos finesterrae policeman forces. Pero irei tomando notas, eso si. A cousa promete dar para un bo monólogo de sobremesa cando se poidan facer a versión cómica deste sinistro. Dende logo, ser cidadá e non delinquir ten un custo económico e social moi alto, agardo non ter que pedir papas a algún rumano para que me pague a fianza se acaso perdo os nervios. Boa fin de semana e boa sorte, ah...e aparcade no garaxe que así se vos rouban o fan mais a gusto e non teredes tantas complicacións.

3 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Vaia, síntoo moito. Un bico.

cãosemdono dijo...

Se un fora algo pedante -non digo tampouco que non o sexa-, podería botar man da famosa expresión "degradación dos servizos públicos". Pero é que, a verdade, non se me ocurre outra perífrase más afortunada para describir o estado de cousas existente cando os funcionarios públicos están mal pagados, desanimados, carecen de formación e incentivos, as instalacións e os medios materiales son escasos, obsoletos e vellos, faltos de mantemento e todo iso. En calquera caso, o resultado é o lexítimo cabreo do cidadán sufridor, pagano e "pechero".

Supoño que o seguinte paso, que xa se albisca, é a corrupción rampante que empezará a proliferar a medio prazo, primeiramente ó xeito das antiguas "cuñas" ou "astillas", "mordidas" e todo iso, e logo con cousas máis serias. Paciencia.

Paco E. dijo...

Iñorancia = Fascismo. Alguén está a quitar boa tallada. Xa vemos o que está a acontecer; pero a "xente" está encantada. Qué merda.

Paco E.