jueves, diciembre 08, 2011

Nin unha gota de sangue impura, Christiane Stallaert


Christiane Stallaert, traductóloga, antropóloga e hispanista artella neste contundente ensaio unha interesante proposta interpretativa de dous fenómenos tan distantes temporal como espacialmente como son o nazismo e a Inquisición. A posible desconfianza inicial que pode suscitar a metodoloxía comparatista na análise de dous fenómenos históricos aparentemente tan dispares resólvese cunha contundente obra na que sobrancean puntos de vista novedosos que convidan a traspasar fronteiras ás veces nada sutilmente construidas por estudos tan canónicos coma insolventes á hora que interpretar feitos históricos. Decatámonos axiña da solvencia desta investigadora que parte non só dunha competencia rigorosa e multidisciplinar, senón tamén dunha imprescindible humildade no momento de traducir significados do pasado. O libro é, sen dúbida, un exemplo a imitar do productiva que pode resultar a metodoloxía dos estudos culturais na construcción e difusión de significados cando hai unha auténtica vontade investigadora. E aquí hai, dende logo, moitísimo material, tanto primario coma secundario -documentos históricos e documentos historiográficos- analizados e traducidos cunha transparencia que non deixa moito marxa a aquela desconfianza inicial da que falabamos. Para o noso país, este estudo importa sobre todo porque a lenta agonía do propio tribunal inquisitorial prefigurou a aínda máis lenta e dolorosa agonía da peculiar cosmovisión que a arroupaba. Catro gueras intestinas en torno á cuestión da identidade nacional e unha dictadura de corenta anos impregnada de nacionalcatolicismo non abondaron para desterrar dunha vez por todas os ecos da cosmovisión casticista no plantexamento da historiografía española.

2 comentarios:

cãosemdono dijo...

Sí, pero algúns de nós aínda contamos con escudo protector que nos protexe dos raios letais ideolóxicos dos "austeros" e peñita desa: por exemplo, e só por citar un, A memoria da nación (Camilo Nogueira, Xerais, 2001).

ana dijo...

mmmm...e que xa o título ese fala por sí mesmo, deses libros, can, como moito a contraportada...e digo eu ¡quen virás sendo! mira que removo e removo refugallo daquela época da mina e nada, non caigo...