martes, octubre 09, 2012

Á democracia o que lle pasa é que


¡funciona demasiado ben!
o que pasa é que queren facer coma os católicos, facer catecismos, decálogos, sacramentos, credos, e señoresmíosjesucristos para logo facer o que lles peta porque queda moi guay ser un católico non practicante...velaí a inocuidade da relixión, pero ser demócrata non practicante xa é outro cantar ¿non sí?...as leis queridos dinosaurios non están para violalas, palabra de muller, aínda que o pareza.

¡Saúde e democracia!

Foto: Exemplar orixinal da Constitución de Cádiz de 1812

9 comentarios:

detective crepuscular dijo...

Ana, á democracia o que lle pasa é que xa non é democracia, se é que algunha vez o foi. Xa todo é un vómito verbal. Xa todo é unha pura exibición de badoquismo que mete medo. Xa todo é un pistoleirismo dialéctico (dialéctico é moito dicer) que cheira a podre. Xa non quedan cabezas, quero dicer, xa non quedan cabezas pensantes, porque cabezas quedan, de pedra, claro. Linguas de pedra, cabezas de pedra, longas noites de pedra, a pedra que os embatanou a todos. Que foi da análise política fundamentada, que foi da chamada razón ilustrada, que foi da pedra de afiar cabezas con criterio. Que foi, que non foi. O Castelao que si as mulleres están para violalas, o Armas Marcelo que si os que mataron a Cristo eran cataláns, o Vidal Quadras que si un xeneral de brigada para apaciguar os ánimos secesionistas dos cataláns (que xa se sabe que mataron a Cristo, a Kennedy e aos demais mortos ilustres), o Rajoy que si di que non di que si dixo que non dixo que quixo dicer que non quixo dicer que deixou de dicer que non deixou de dicer, que si un disparate de colosales proporciones (el mismo, iso si). E un longo etcétera. Aínda que un dos piores, para o meu gosto, é o pistoleiro dialéctico "nobelizado" Vargas Llosa. Mesmo parece que lles dan o premio Nobel para iso, para que podan descarregar o seu extremismo "liberal" nos que padecen de "delirio mesiánico" (segundo as suas palabras). Dixen extremismo "liberal" por non dicer o seu desvarío fanático, do que o Nobel peruanoespañol non se libra, por moito que el pense o contrario, exercendo como exerce a sua cátedra periodística desde esas alturas liberais e Nobélicas que tanto o aureolan. Basta ler o artigo do domingo en El País: LA HORA DE CAPRILES. Xa no principio de todo pódese ler "a menos que lo hagan matar" e "las posibilidades de que el oficialismo manipule el resultado a su favor son muy grandes". Se o mesmo Capriles recoñeceu os resultados nada mais facérense públicos. Velaí unha cabeza non pensante, unha cabeza de pedra, que dicía antes, por moito Nobel e liberalismo que a adornen. Para que seguir. Un artigo que é un auténtico DELIRIO. É mui fácil acusar aos demais de DELIRIO MESIÁNICO. O de Vargas é, cuando menos, un DELIRIO MARIANO. A verdade, Ana, soño coa INDEPENDENCIA TOTAL. Quero dicer, a independencia de Castelaos, Marcelos, Quadras, Marios, Marianos. Haberá que reler LA CIUDAD Y LOS PERROS ou CONVERSACIÓN EN LA CATEDRAL, porque desde que se afiliou como un fanático da pior especie ao liberalismo caprílico... SAUDE E INDEPENDENCIA TOTAL DE TODAS AS VIOLACIÓNS.

d.c. dijo...

Faltoume por dicer que o meu comentario tamén é un vómito verbal, provocado pola sobredose de barbarie (ou mellor VERBARIE) propagandística que hai que aturar cada día. "Si alguien pretende que la reforma de la Constitución sea para deshacer a España, pues simplemente se equivoca", falou o Oráculo Felipe González. "Hay que españolizar a los alumnos catalanes...", sentenciou o ministro Wert. A Constitución como muro infranqueábel, a españolización como o cometido mais excelso do sistema educativo español. E logo din que o nacionalismo español, intolerante, excluinte e expansionista, non existe. Pero en que mundo vive esta xente. Non o poden evitar, por mais que pretendan invisibilizalo (o nacionalismo español, quero dicer). Que cansazo, que aborrecimento, non saben o fartos que estamos. Viva o divorcio! Abaixo a Constitución! Fóra o violador Castelao! Tamén hai que ter má sorte, que Galiza se coñeza mais por este Castelao e non polo de Rianxo. E iso que a a manifestación do Onze de Setembre foi toda unha demostración de civismo pacífico e democrático. Un bico pacífico e demócrata para todos os non violadores.

Ana Bande dijo...

querido detective, eu creo que estamos nun deses momentos históricos que tarde ou cedo sempre se presentan, a hora na que o pobo ten que tomar as decisións, a hora na que xa non hai inercias que non sexan apocalípticas, a hora de chantar e comezar a facer cousas, a primeira e creo que das máis saudables e facer o que fai vostede, falar, cuspir verbas de noxo fronte ao que pasa, compartir unha emoción nun contexto de autómatas no que os que acadaron o poder pensan seguir con el para conectar e desconectarnos a gusto. Aínda é incipiente a fase de total aborrecemento, aínda temos que saír as rúas, loitar non precisamente con mans pintadas de branco e recuperar a dignidade, ogallá estemos a tempo de facelo con papeis e non con dinamita, pero non podemos seguir calados...tos wert, os castelaos, os rajois, os franciscosrodríguez, fernandezvarelas, baltares, etc. foron elixidos, certo, pero entre o estrume do que hai, do que había e do que seguirá a haber se non mudamos o sentido destas agullas de reloxo que vai sempre cara atrás...hai que comezar algo novo, pero non sabemos o que porque non hai ningún sistema, de momento, que garante os dereitos humanos DEREITOS HUMANOS máis que a democracia, só hai que limpala, xente coma vostede, coma min, coma tantísimos, todos, case todos (agás políticos no poder ou na ringleira para acadalo) que poden limpar, que é o único que hai que facer...limpar, limpar e limpar...chamarlle ás cousas polo seu nome, xuntarse con xente de ben e dicir ben alto os nomes e apelidos dos que rouban, dos que fan trampa nas oposicións, dos que acumulan baixas no traballo, dos que rouban da caixa pública, dos que non pagan impostos, dos urdangarines, dos chiringuitos, das fundacións, dos servizos de recaudación de multas, dos curas, das monxas...eu que sei

d.c. dijo...

Ana, permíteme un último comentario, e xa me calo (para sempre, se queres). No fondo, as declaracións de todos estes personaxes, presidentes, expresidentes, ministros, exministros, ou quen for, forman parte da chamada VIOLENCIA DE XÉNERO. La maté porque era mía. La volveré a matar si pretende dejar de ser mía, porque no concibo que quiera dejar de ser mía. La españolizaré, la descatalanizaré, la negaré y la seguiré negando por los siglos de los siglos amén. Catalunya é España e non pode ser Catalunya, e non hai mais que falar. Falou a VIOLENCIA DE XÉNERO POLÍTICA.

Ana Bande dijo...

non, calar si que non, iso nunca nunca...concordo coa análise, que sexa de xénero non sei, o que sei é que sempre funciona do mesmo xeito, a necesidade de dominar aínda que sexa tendo que destruir previamente, un impulso sádico que ten a súa perfecta correlación coa necesidade de dependencia duns individuos (cidadáns) que ao sentírense illados, baleiros, entregan o pouco ego que teñen a calquera que represente forza é autoridade, aínda que sexan estes lerdos, bueno, a dicir verdade, sempre son os lerdos os que acadan o poder e o conservan deste xeito tan vulgar, fíxese vostede nos dictadores máis crueles e sádicos da historia....eu teño moita esperanza, somos cidadás desmovilizados pero non tontos, somos os máis preparados da historia...

el amigo de P.C. dijo...

El Vragas Llosa ese fue premio novel creo que de literatura. Tamien al señor Quisinjer le dieron el de la Paz. Dentro de mi ijnorancia me pareze que ai muchos mas casos. Llo quisiera que ustedes que son jente estudiada nos aprendierais escriviendo cosas mui interesntes perono complicadas para entenderlas las personas como llo. El pueblo tiene questar con mas cultura para ser libre. Grazias.
El amigo de P.C.

Ana Bande dijo...

esdermado ilustre amigo del amigo de nosequién, la cultura no le es condición indispensable para la libertar, pienso yo. La libertad tiene más que ver con ciertas dosis de inteligencia -de esa que viene de serie- con unas gotas del extraordinario licor de las emociones...luego con 20 minutos a doscientos grados diarios de espontaneidad, va a ser usted un individuo libre y feliz, seguro.Pruebe y cuénteme.

Rub. dijo...

Ah, así que isto segue furrulando. Pois hei de volver.

Ana Bande dijo...

si, son unha especie de antigualla virtual, unha sobrevivinte a durísimas penas da tan mal chamada socialización dixital, ese angazo petrificador que a ostias nos fai ollar cara un adiante cheo de refugallo inalámbrico, co ben que se estaba á sombra deste vidueiro cagoendiez!