Agradecida no meu nome e no d@s lector@s deste blog a Pedro Bouso e a Xenaro García por elixir este espazo para publicar as súas impagables reflexións. Agora só queda que unha boa morea lean e sobre todo experimenten a mínima dose terapéutica de cabreo que precisa o noso país para saír da medriocridade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
É a trampa da lei. A lei feita polos de sempre, e así lles foi tan ben. A solución a esta tropelía é moi clara: Que a metan no cu e xuntanza da esquerda real con propostas e solucións concretas. Hai que crear un foro ou algo similar onde poder traballar a cuestión.
Paco E.
Sí, bueno, moi ben, pero iso xa o dixo Arfonzo er Guerra hai unha chea de anos. Non creo que os tiros vaian por aí.
Non sabía que Guerra, ademais de ser doente xacobino e defensor do GAL, tivese ciencia infusa.
Son resultados, non comentarios a priori. En canto aos tiros non sei a onde hai que dirixilos..., a ver se nos podemeos arranxar sen eles
Non sabía que Guerra, ademais de ser doente xacobino e defensor do GAL, tivese ciencia infusa.
Son resultados, non comentarios a priori. En canto aos tiros non sei a onde hai que dirixilos..., a ver se nos podemeos arranxar sen eles
O que quería dicir é que non hai moita novidade, dito o dito: o de por qué non hai circunscripción única ou o límite do 5% para a representatividade das forzas políticas, e que como a Lei electoral é do ano 85, e ten rango de lei orgánica (e xa sabemos quén tiña maioría e quen as tiveron con posterioridade), pois xa sabemos quen foi un dos cerebros do tinglado.
non hai cousa máis paralizante que este andazo de "xa é ben sabido". Grazas ás redes sociais, seica todo se sabe, e porén, ninguén actúa. Non é dificil tirar conclusións: ou as redes sociais non sirven para nada, ou ninguen vai moito máis alá dun clic -que por suposto non implica lectura e moito menos crítica da mesma- ou estamos vivindo nunha sociedade totalmente ágrafa. Un profesor meu dicía que se non abrimos as fiestras xa podemos afogar que non vai correr o ar...pois con isto évos igualiño, estou segura ao 100% de que estes datos son inéditos, que NON SE SABE ou polo menos non me consta que NINGUÉN ANALIZASE ATA AGORA a relación directamente proporcional entre votantes de PP e analfabetismo (por falar dun extremo) e aínda así seica que é unha historia que xa contou nonseiquén, pois vaia, temos que revistar moito a nosa capacidade para amolarnos cando nos afogas ou morreremos coma os cágados da fochanca do Gaiás.
Do mesmo Arfonzo er Guerra que agora, e desde hai tempo, non se lle escoita ren? E non é o único mudo polo visto; o que non vale é dar a imaxe de que un está enterado de todo para entón pretender xustificar a súa acomodaticia e conformista inactividade. Veña home, quita o can de ai e fala algo máis claro.
Paco E.
Xuntanza da esquerda vai ser a unica solucion senon seamos conscientes q o pp vai destrozar para a sua conveniencia este pais e non imos poder facer nada
a culpa e nosa
esta xeracion e de dereitas neste intre e contra iso seamos realistas hai q unirse
Paco E., espántame a túa intervención. Vóucho dicir máis claro, para que vexas que non é necesario entrar no terreo persoal: o diagnóstico está feito en liñas xerais dende hai tempo, no que se refire ás eivas do sistema representativo que mestura o peor do sistema proporcional e o maioritario na medida en que se deturpa o principio de un home, un voto. O que cómpre é que as forzas políticas con presencia parlamentaria se mollen e susciten unha reforma da lei eleitoral a nivel do Estado, o cal é a proba do nove, xa que só o faran na medida en que se sustraian do cantos de serea do reparto de cartos e carguechos. Non hai fallo.
¡Ah! claro ti estás a falar (¿ou a dictar unha clase?) das forzas políticas con presencia parlamentaria. Desde logo que mo dices de xeito moi claro. Como non te coñezo de nada, somentes que coincidimos nun "foro" virtual, non entendo a túa arrancada referíndote o terreo persoal. Por outra banda, a min o que de verdade me espanta e ver como os pobos poden apandar cun grado de escravitude representativa inmunda e que vaia para rato. O caso é que se teñan que entregar ó que está establecido polos directores da orquestra; veña, que hoxe mando eu e mañán manda o contrario, pero sen rachar as cartas. Preciooossso. Paco E.
Publicar un comentario