jueves, agosto 07, 2008

A pregunta do día....oito do do oito do dousmiloito

Hoxe tería que comezan por fin os XXOO tería que preguntarme outras cousas relacionadas co tema, como a explotación infantil en aras dunha marca olímpica e en detrimento de moitas horas de xogo e felicidade, curiosamente todos de rasgos orientais, vese que os supermedallistas estadounidenses, por exemplo, chegan ao deporte de elite practicando ximnasia pasiva ou algo así...en fin. Deixamos os falsos debates e miremos o que pasa moito máis preto....

¿por que se constrúen paseos marítimos xusto encima das praias?

Eses días atrás presenciei de balde, en Xixón, unha curiosa xornada de praia. Paseando pola cidade e como o ceo ía deixando ver o sol, non puiden evitar caer eu tamén na trampa, e aproveitando que levaba bañador baixei a esto que semellaba un enorme areal....

Logo dunha media hora, xa me ía decatando de que a xente comezaba a recoller o kit ad hoc, mais a música e o bruido da megafonía non me deixaran escoitar o marmurio das pequenas ondas que, tercas coma son, ameazaban aos novatos que coma min adoitan deitarse na area mollada....


Pensei eu tamén en recoller pero, non deu tempo, en poucos minutos a situación era esta....


A fuxida foi obrigada, e sen tempo de limpar os pes decidimos ir na procura dun deses recunchos salvaxes e paradisíacos que outrora disfrutamos nesta sempre fermosa costa asturiana. Deixamos o coche á beira dun marabilloso cantil dende onde se albiscaba unha enormidade azul que prometía soidade a mares. E atopamos esta fermosisima cala. Aquí pasamos uns minutos na procura de Wally, quitamos as areas, gardamos definitivamente as toallas e marchamos.


Á volta en Vigo alegroume moito a nova do proxecto de derrubamento do noso paseo insignia e que fai as delicias das xentes do interior que devecen por pasar unha fermosa xornada de domingo na fermosísima praia de Samil pero que para os que aspiramos a vigueses de pedigrí só é transitable no máis cru inverno cando as treboadas ocupan con firmeza o que sempre foi seu e enterran duchas e piscinas. Malia todo, a carón de Panxón estase aínda a día de hoxe a facer unha destas horribles pasarelas, agardemos que recapaciten un pouco e recúen, están a tempo.

A pregunta do día...7 de agosto de 2008

A fuxida masiva neste tempo de ocio tanto dos amigos virtuais coma analóxicos, deixa moito tempo para ler xornais e ata ver televisión co conseguinte desgaste neuronal que produce a procura de respostas a tantísimas e cansinas cuestións que se lle veñen a unha á cabeza para tratar de entender algo. Se hai alguén aí fóra e quere botar unha man, propóñovos na nova sección do bló A pregunta do día un minuto de reflexión crítica sobre temas moito máis simples que a crise económica, a teoría de cordas ou angazo das feiras gastronómicas (unha amiga confirmoume o outro día que viña de coñecer "a feira do viño da casa"). Estas cuestións, malia todolos ensaios e debates que ocupan nas páxinas salmón e revistas especializadas, as teño claras. O que non dou entendido son cousas moito máis sinxelas, aparentemente, claro, porque a socorrida e postmoderna teoría dos memes xa nos explica o doado que é facer que unha idea (sic) unidade de información se espalle tan rápida e eficazmente coma un virus polas mentes dos máis listos, o que explica que sobre un determinado tema tododiós teña a mesma opinión. Por exemplo,

¿non vos preguntastes por qué no
atopamos en ningún medio de comunicación un artigo favorable á política de Chávez?

É moito máis doado atopar artigos críticos coa política de Chávez en Venezuela que un artigo favorable a Chávez no noso país o que debería servir, cando menos, para facer calar un pouco aos nosos representantes, sobre todo se o son pola graza de deus e non pola que nos faga aos que temos que baixar o lixo a diario. Digo eu.

lunes, agosto 04, 2008

Alexander Solzhenitsin


Outra páxina que se pecha. Vén de morrer Alexander Solzhenitsin, autor da monumental Arquipélago Gulag, que amosou o mundo os horrores dos campos de concentración soviéticos.


Non estaría nada de máis lembrar este clásico aínda que sólo fose como tributo aos millóns de persoas que aínda non hai tanto (¿que son 50 anos na historia?) morrían en aras de sistemas totalitarios que deixaron tantos fillos espallados por este mundo.

domingo, agosto 03, 2008

Insomnio, de Rubén Ruibal

O noso flamante Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal vén de agasallarnos cun novo texto dramático publicado por Estaleiro Editora. Disfrutei abondo con esta obriña, con esa mestura de humor e ironía coa que Rubén crea as esperpénticas personaxes nos que recoñecemos as dramatis personae que conviven connosco nunca realidade moito máis estúpida e ridícula co que se reflicte no espello do seu texto. A acción desenvólvese nun museo no que se está a inaugurar unha curiosa exposición "A esencia da ausencia, de Hjerbert Bonn. Nada sobre nada". Un texto premonitorio se temos en conta que poco despois de ser escrito asistimos a eventos deste tipo, como a famosa Bienal de Sao Paulo proxectada por Ivo Mesquita onde se expoñía a mesma obra, é dicir, a nada. Ou esoutra que comentei xa hai un tempo. Sobre o fraude e o simulacro na arte contemporánea tense escrito xa abondo, mais temos que recoñecer que o tema da para moito pois non deixa de ser un reflexo desa cultura do envoltorio que nos abafa. Museos sen obras, megaconsntruccións culturais que engulen orzamentos e discursos nun entorno que non ten por que comprender o "efecto Guggenheim", no que a imitación de discursos alleos produce arrepío. Sen dúbida, e seguindo a Rubén, estamos a perder pé coa realidade. Non hai que facer ningún esforzo para detectar o absurdo, que é o que aquí se representa. Unha obra "absurda" no senso do urinario de Duchamp ou da merda de Manzoni. Neste museo do ridículo aparecen deliciosas personaxes que provocan a gargallada. Duluth e Alba, o retrato do aburrimento e o insomnio. Dúas culturetas lesbianas que nos agasallan con deliciosos diálogos que lembran a eses insoportables amigos que sempre andaban a anotar "ideas" nas súas axendas. Nefertiti Insomne, unha performace full time que se laia continuamente da competencia das obras novas en exposición. Unha Garda de seguridade ilegal que remite aos malísimamente chamados "sen papeis". A Artista da xeringa e a a Funcionaria titulada, asesora e asesora da asesora, modelos deses novos profesionais que non sabemos nunca a que se adican. Peralejos en estado puro. E o que soña, ou non, Hjerbert Bönn, que interrompe a acción para adicarnos acaídos parágrafos do O livro do desassossego de Fernando Pessoa. Tomeime a molestia de investigar algunhas referencias que semellaban ficcións para atopar realidades que coma sempre a superan, e ahí ven o esperpento, a ¿obra? de Mike Nedo, Amodiozko Ziriflipa, o brazo articulado de Sterlac, o artista porno Rocco Sifredi. A diversión estavos asegurada, e se a ledes coa banda sonora que propón Rubén, por exemplo o Alice de Tom Waits, o éxito será rotundo.

viernes, agosto 01, 2008

Fragmentos da galaxia.

Se o fenómeno blogueiro me ten engaiolada e prendida tanto tempo neste mundo é porque existen lugares tan máxicos como Fragmentos da Galaxia. Levo tempo coa teima de adicarlle unha entrada para recomendar a lectura do diario virtual de Juan L. Blanco Valdés, e hoxe, logo de ler o seu fantástico e prometido post sobre os alcumes, xa non podo esquecer esta angueira, ainda que sa sei que moitos dos que se achegan por aquí son socios de honra deste furancho literario -¡¡¡deus, que non o pillen a vostede parindo textos de balde sen pagar impostos as nosas atentas autoridades, señor Valdés!!!)- un spa de luxo para as nosas mentes preguiceiras e entumecidas pola profusión de discursos tan pobres e monocordes que adoitan publicarse nos medios convencionais. Por eso precisamente gosto dos blós. Aquí hai xente de crea, reflexiona e divirte porque sí, a mellor das razóns para facer as cousas ¿ou non? Por eso tampouco moitos entenden por que "perdemos o tempo" escribindo ¿para quen? ¿para que?. Eu non son experta nos trabellos da rede mais sempre recomendo aos que quero que fagan un bló, sobre todo a tanta xente que ten moito que dicir e que son os más calados, porque, xa se sabe, na foto saen os que non serven para outra cousa. Aproveitade a fuxida masiva do verán para poñervos ao día cuns cantos fragmentos e veredes como levo razón.

viernes, julio 25, 2008

Cincocentos anos....¡cantas historias!

Esta vella amiga de máis de cincocentos anos, si, ¡500 anos! consérvase nun maxestoso bosque de faias agochado entre as misteriosas e feridas montañas leonesas. Non puiden resistir a tentación de darlle unha forte aperta e acariñar a as súas lenes engurras de pel de dinosaurio. Devecía por sentar ao seu carón agardando á noite para escoitar os milleiros de historias que leva escritas nas fendeduras do seu tronco. De cando era pequena e os aldeáns falaban dun tal Cristóbal Colón que seica chegara a outro mundo, de cando xa ben moza escoitou dende a profundidade do val o rebumbio dos foguetes pola retirada do francés, e a todos os que non tragaron con letanías e chamamentos para matar e maldicir. Cantos Tristáns e Isoldas non verían estes ollos de madeira nobre e calada. E cantas mortes miraría tamén. As derradeiras, os escravos da mina do Pozón aos que deixaba recostarse no seu ventre cando aínda sen sol, marchaban cos seus pulmóns rebentados, máis cansos aínda que á volta, cando semellaban fantasmas, aquela negrísima procesión de homes sacrificados ao monstro do patrón, do moloch que ameazaba con descartalos cada día da morte gloriosa. Algún sobreviviu para contárnolo, outro milagro, porque en contra de tódalas estatísticas e realidades, este home que nos narrou as penalidades daquela non-vida, ten agora setenta e cinco anos. Nunha truculenta partida contra a morte, a silicose vai perdendo por moitos anos. Ogallá siga aí sentado ao fresco por moito tempo máis, ao pe das escombreiras ás que sinala co seu caxato coma ríndose delas, pero non.

sábado, julio 12, 2008

Barry Guy, la locura del contrabajista.


A actuación de Barry Guy deixounos a todos profundamente afectados. O virtuosismo deste compositor e intérprete acadou cotas máis alá do comprensible. A velocidade na execución das pezas imprimía ás mans e aos múltiples obxectos percutores do músico ese efecto que tanto gostaba aos futuristas do movemento infinito. Barry acariña, corta, bate, escoita, freta, rompe, baila, aperta o seu contrabaixo ata o paroxismo quitándolle sons e notas inauditas. Pechamos os ollos e semella que escoitamos a toda unha orquestra mais só hai un home de negro e un precioso contrabaixo mollados pola suor dun acto musical e de amor inmenso. Grazas, Hipólito, por lembranos este concerto.

viernes, julio 11, 2008

ELAS poden....tamén no waterpolo...

Para proseguir a reflexión do anterior post, e outro máis vellos, e tamén, para que a desconsolo dos últimos asasinatos deste terrorismo de non sei qué xenero non nos asolague nun mar de bágoas, propóñovos unha celebración feminina. Onte, nun deses agochados canais de televisión que R activa de cando en vez, puiden ver, de casualidade casualísima unha extraordinaria semifinal España-Hungría que me alegrou moito a tarde. Malia tódolos peros do mundo, comezando polo comentarista que pasou grande parte do partido infravalorando o esforzo destas sereas con frases tan acaídas como "menuda caraja (xúroo, dixo caraja, debeu querer dicir pájara, non sei) ten hoxe a estrela do noso equipo", ou...."sen dúbida este e o peor partido da nosa selección....", etc. E velaí que as sereas roxoamarelas coma se os protectores de oídos se transformaran nun potente altofalante que lles fixese chegar tan insultantes verbas do periodista, saen con toda a súa forza para darlle a volta ao marcador e facerse co trunfo. Exemplos coma este, nada sutís, de desprezo polo feminino son os que contribúen á marxinación e desprezo da muller que tan ben senta ao inmenso campo do agreste e montaraz monocultivo do machismo extensivo. Non hai máis que poñer a orella. Esoutro día, na final masculina de tenis que gañou Nadal, tódolos telexornalistas cantaban a mesma canción: "había corenta anos o menos que España non gañaba en Winbledon....esto, bueno, agás Conchita Martínez, (engadían en voz baixa, deixando claramente en evidencia un chivatazo polo pinganillo). Ata a mesma Conchita Martínez semellaba que pedía perdón por estar aí, nunha historia de gañadores con O ou con E, pero case nunca con A. Con A de Asco por ter que presenzar todo esto, joder, ¿que lles pasa a tantos homes?...
VERSIÓN EN CASTELÁN:
Para seguir con la reflexión propuesta en el anterior post, y otros más antiguos, y para que el desconsuelo de los últimos asesinatos de este terrorismo de no sé qué género no nos ahogue en un mar de lágrimas, os propongo una celebración femenina. Ayer, en uno de esos escondidos canales de televisión que R activa de vez en cuando, pude ver, de casualidad casualísima una extraordinaria final España-Hungría que me alegró mucho la tarde. A pesar de todos los PEROS del mundo, comenzando por el comentarista que pasó gran parte del partido infravalorando el esfuerzo de estas sirenas con frases tan apropiadas como "menuda caraja (lo juro, dijo caraja, quizás quiso decir pájara, no sé) tiene hoy la estrella de nuestro equipo, o "... sin duda, este es el peor partido de nuestra selección....", etc. Y hete aquí que las sirenas rojiamarillas como si los protectores de oídos se transformaran en potentes altavoces que les hiciese llegar tan insultantes palabras del periodista, salen con toda su fuerza para dar la vuelta al marcador y hacerse con el triunfo. Ejemplos como este, nada sutiles, de desprecio por lo femenino son los que contribuye a la marginación y desprecio de la muje que tan bien senta al inmenso campo del agreste y montaraz monocultivo del machismo extensivo. No hay más que poner la oreja. El otro día, en la final masculina de tenis que ganó Nadal, todos los periodistas cantaban la misma canción: "hacía cuarente años al menos que España no ganaba en Winbledon....esto, bueno, sin contar a Conchita Martínez, (añadían en voz baja, dejando claramente en evidencia un chivatazo por el pinganillo). Hasta la misma Conchita Martínez parecía pedir disculpas por estar ahí, en una historia de ganadores con O o con E, pero casi nunca con A. Con A de ASCO por tener que presenciar todo esto, joder, ¿que les pasa a tantos homes?...

jueves, julio 10, 2008

Unos cuantos piquetitos....


Seguro que sabedes de sobra a quen pertenze esta obra ¿non si?


Os telexornais, a prensa escrita, milleiros de publicacións monográficas e periódicas, informes oficiais, traballos de investigación, memorias de asociacións, e ata mupis coma este nos lembran o vergoñento número de mulleres maltratadas, asasinadas, violadas....o médico, o marido, o tío, o amigo, o compañeiro, o grupo de amigos, o cuñado, o xefe, o cura o pai que pariu a tanto tolo que anda solto, pode rematar coa túa vida porque sí, porque lle deu o punto, como lle dixo o rapaz da catana que liquidou a seus pais ao policía que o vixiaba. Non é un tema para comezar o verán, pero cada vez que vexo este odioso contador de mulleres asasinadas na rúa do Príncipe unha enorme vasca aperta o meu estómago e teño que dar volta. Non me gusta este marcador que sempre vai retrasado, non concordo co secuestro das cores nin creo que as solucións teñan que ver co investimento en marquetin nin en programas sociais que non chegan ao cerne do problema, pero tampouco creo na vía xudicial que igual que o cadro que ilustra este post xa deixou algún exemplo para a posteridade. A única solución éstá nunha axeitada educación ou socialización, como prefirades. E diso xs principais responsables somos xs pais e as nais, ou sexa, case todos.

viernes, julio 04, 2008

Paco, Héctor e Ingwie Malmsteen en Vigo.

Onte viñeron Paco e Héctor de Auria para asistir ao concerto de Malmsteen na Sala A. Foi unha tarde escatolóxicamente gloriosa. O mítico guitarrista non tivo a súa mellor tarde, eso noteino eu ben no medio do éxtase propiciado polos máis de 3000 vatios, os xogos de luces e o fume natural e artificial que adoita acompañar a este tipo de eventos. Malmsteen tocou ben pero pouco. Nen sequera lle deu tempo a sobar as catro Fender que tiña preparadas. Só bailou cunha delas, e grazas a Hendrix non a escachou para desgusto de Héctor que estaba ben disposto a arrapañar con tódolos anacos. Pero Malmsteen mareábase, eu decateime pronto, xa dixen. Mesmo tiven un pouco de medo de que se viñera abaixo. E por moito que berráramos, Ingwie quería marchar. Os seus seareiros, una lexión de heavies fieis á boa música daban un pouco de mágoa. Que rapaces tan tranquis. De ser un concerto de Bisbal, alí había "hondonadas de ostias", pero os jevis non son xentalla e iso que imaxino o amolados que estarían logo de pagar 35 euracos por poco máis dunha hora do seu deus. Quedamos a pedir máis e máis pero nada, por alí só apareceu un que colleu o micro para dicirnos o que xa sospeitabamos. Malmsteen tivera un baixón "de tensión" e estaban agardando a ambulancia. Marchamos. Non me importou porque eu a quen quería ver e sobre todo escoitar era ao meu amigo Paco, un pedazo de persoa do que me gostaría falarvos e contarvos milleiros de anécdotas. Paco, quérote. Héctor, que ben che acae o nome, L., tía, eres a máis grande, e L., a nena máis espelida do mundo mundial. Que sorte disfrutar da vosa amizade!


Héctor co batería da banda
Para os detallistas ¡atenta Vailima! Fíxense no bonito detalle da parede da sala de concertos alá ao fondo.

lunes, junio 30, 2008

Bob Dylan in Vigo

Xa os seareiros de honra fixeron as súas impagables crónicas e tamén as plumas máis asépticas deixaron pegada do evento. Unha Voz que non semella galega, tivo, por forza, que asistir a outro concerto. Ao mellor non distinguimos agora a Dylan Band da París de Oza. De cara, de costas, axeonllado ou en decúbito supino o pai de tanta e boa música non defraudou a ninguén dos que alí estivemos. Imposible. E eu son neodylaniana confesa. A. dicía que era como escoitar a un daqueles predicadores dos tempos dos primeiros bluesman, R.R. que mesmo tiña gañas de porse a escribir, e eu cos meus anteollos antediluvianos tratando de reter unhas imaxes para acompañar a esa música que sabía que ía quedar a vivir comigo. Alma quixera ter escoitado algúns temás máis coñecidos mais esas dúas horas de música de seguro que lle procurarán moitísimos momentos de felicidade na súa vida. A min, particularmente engaioloume a voz rota e a forza do batería, baixo, banjo, contrabaixo, guitarras e violín. Ou sexa, todo, amigos.

jueves, junio 26, 2008

Una mujer en Berlín, de Anónima.


Volvamos aos libros, que ao fin, é o propósito primeiro deste bló. Logo dunhas cantas lecturas para escapar do amargor da realidade, entre os que se contan varios bieitos, nada reverentes, por certo, que xa van enchendo a ringleira da lista de agarda, teño que dar conta deste diario de Anónima, recomendado por Pedro. Unha muller en Berlín é o diario dunha das cen mil mulleres que tiveron a desgraza de non poder fuxir con tempo e se viron obrigadas a celebrar a chegada dos liberadores, os ivanes, facendo o que tódalas mulleres nas guerras e, non poucas, en tempos de paz. Ser violadas e maltratadas ata a náusea por un impulso masculino de posesión e dominio que maioritariamente ataca ao home, que, por moito que me expliquen, non entenderei nunca. Anónima viuse na obriga de ocultar o nome, porque ademáis de violada tantas veces como capítulos ten o libro, relata esta visita ao inferno coa frialdade e distancia que adoitan empregar os xornalistas nos seus informes. As violacións e a violencia gratuitas é o que teñen, fan máis cupables ás víctimas que aos agresores e non acabas nunca de cumprir a condena. Cando o libro se traduciu en Alemania, aínda supuraban as feridas e o libro foi calificado por parte da crítica como unha obscenidade. Velaquí a perversidade do mal. Non era aínda tempo de facer memoria. O manuscrito tivo a sorte de chegar ás mans do sobranceiro editor alemán, K.W. Marek (o Ceram de "Deuses, tumbas e sabios") e máis tarde do sabio Hans M. Enzensberger ao que temos que agradecer a súa publicación. Anónima é unha muller extraordinariamente intelixente que sobrevive grazas a unha exemplar capacidade para sacar partido da súa experiencia e coñecemento. É un diario de supervivencia, co que "anónima", malia ter que escribir as escuras, morrendo de frío e de fame e coa dor física e psicolóxica aínda chorreando logo da derradeira violación, seguramente atopou o cabo que lle permitiu seguir amarrada á beira, á razón, á vida, aínda que a descomposición do mundo ao seu redor lle indicase a cada minuto que nese inferno non pagaba a pena. Pero "anónima" non só sobrevive. Triunfou. Non sei se ela mesma se decataría, pero a súa capacidade de análise e observación permítelle elixir no medio da depravación máis arrepiante o personaxe acorde coa situación, por absurda que sexa. Deste xeito, un día sobrevive porque é quen de falar ruso cun oficial e mesmo intercambiar opinións políticas, outro porque se deixa facer e se amosa tan descarada como o require a situación. Pero traballa sempre. Atopa sempre o tempo para procurar o que precisa para seguir con vida, unhas estrugas para cociñar e un chisco de papel para seguir escribindo. A audacia e dignidade desta muller convirte o seu diario nunha testemuña impagable da forza do feminino que nos fai valorar o papel da muller nos momentos máis difíciles.

VERSIÓN EN CASTELAN: Volvamos a los libros, que al fin y al cabo, es el propósito primero de este blog. Despues de unas cuantas lecturas para escapar de la amargura de la realidad, entre los que se cuentan no pocos bieitos, nada reverentes, por cierto, que ya van llenando la lista de espera, tengo que dar cuenta de este diario de Anónima, recomendado por Pedro. Una mujer en Berlín es el diario de un de las cien mil mujeres que tuveron la desgracia de non poder huir a tiempo y se vieon obligadas a celebrar la llegada de los liberadores, los ivanes, haciendo lo que todas las mujeres en las guerras y, no pocas, en tiempos de paz. Ser violadas y maltratadas hasta la náusea por un impulso masculino de posesión y dominio que, por mucho que me expliquen, no entenderé nunca. Anónima se ve obligada a ocultar su nombre, porque además de violada tantas veces como capítulos tiene el libro, relata esta visita al inferno con la frialdad e distancia que acostumbran a emplear los periodistas en su informes. Las violaciones y la violencia gratuitas es lo que tienen, hacen más culpables a las víctimas que a los agresores y non acabas nunca de cumplir condena. Cuando el libro se tradujo en Alemania, aún supuraban las feridas, dicen, y el diario fue calificado por parte de la crítica como un obscenidad. He aquí la perversidad del mal. No era el momento hacer memoria. El manuscrito tuvo la suerte de llegar a manos del conocido editor alemán, K.W. Marek (el Ceram de "Dioses, tumbas y sabios") y más tarde del sabio Hans M. Enzensberger al que tenemos que agradecer la publicación. Anónima fue una mujer extraordinariamente inteligente que sobrevive gracias a una ejemplar capacidad para sacar partido de su experiencia e sus conocimientons. Es un diario de supervivencia, con el que "anónima", pese a tener que escribir a oscuras, muriendo de frío y de hambre y con todo el dolor físico y psicológico aún chorreando tras la última violación, seguramente encontró el cabo que le permitió seguir agarrada a la orilla, a la razón, a la vida, a pesar de que la descomposición del mundo circundante le indicase a cada minuto que en ese infierno no valía la pena. Pero "anónima" non solo sobrevive. Triunfa. No sé si ella misma se dio cuenta pero su capacidad de análisis observación le permitieron elegir en medio de la depravación más espantosa ser el personaje acorde con la situación, por absurda que fuese. De esta forma, un día sobrevive porque es capaz de hablar ruso con un oficial e incluso intercambiar opiniones políticas, outro porque se deja hacer y se muestra tan descarada como lo requiere la situación. Pero trabaja sempre. Encuentra siempre tiempo para buscar lo imprescindible para seguir con vida, unas ortigas que cocinar y un poco de papel para seguir escribiendo. La audacia y dignidad de esta mujer convierte su diario en un testimonio impagable de la fuerza de lo femenino que nos hace valorar el papel de la mujer en los momentos más difíciles.

miércoles, junio 25, 2008

Visit Peralejos ¡PLEASE!

Peralejos todos: xa temos o noso formulario personalizado de solicitude de vacacións. O grande mestre da orde do destemple debuxou para nós un forgendro ad-hoc. Grazas, compañeiro.

Aproveitade para ollar o video das tribulacións de Peralejowski, menuda perestroika que armou el soiño.

martes, junio 24, 2008

Vigo, música na rúa.


O pasado sábado disfrutamos abondo coa música da Orquestra clásica de Vigo.
Os músicos saíron á rúa para acompañarnos nunha destas marabillosas tardes de sol que anuncian a inminencia do verán.

Son especialmente emocionantes estes concertos. Debecemos por achegarnos aos músicos e os intrumentos e os sons, de socato, teñen outros matices. Móvense, respiran, soan, miran de xeito distinto.

Os nenos sentados no chan ollan atentamente ao violinista que se ergue para tocar unha melodía engaiolante que os mantén, literalmente, coa boca aberta ata que o violinista os esperta chiscándolles un ollo. Entón sorrín agradecidos e emocionados cara súa nai.

Os que cumpren co rigoroso paseo diario esquecen o nivel de colesterol grazas á marcha Radetzki que arrinca aplausos emocionados dun público que non pensaba asistir ao divertidísimo xeito de dirixir do mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Algunha nai dunha contrabaixista agochábase por tras de alguén para roubar a foto tresmilepico da súa belísima Alma. O pai chíscalle tamén un ollo que a advirte do perigo da situación.

Esta cidade ten músicos abondo. Un Conservatorio Superior, o Conservatorio Profesional, a Escola Municipal de Música, e unha chea de agrupacións, orquestras, bandas. E sobre todo músicos que queren tocar para nós logo de moitos anos de estudo que poucos recoñecen.
Señores do concello e xestores do choio cultural varios
¡MÁIS MÚSICA NA RÚA POR FAVOR!

viernes, junio 20, 2008

Dy Dy Dy lan.

Foto roubada en Arumes Street

Achégase o día, leidis an llentelmans, hai que ir afacendo o padal ao Forever Young bat de taims ar cheinguin, oh sister!, e oremus para que ningún hurriquein nos estrague o blouguin in de guin.
Este guinken repasade a dylipedia do grande mestre da orde dylaniana dos derradeiros e vindeiros días e non canto de ir papar hostias por aí a calquera chiringuito visitade o novo templo dylanita que asomou pola blogopraia.
¡é unha orde!

VERSIÓN en CASTELÁN: esto...que ven deus (RR dixit) a Vigo o 27. ¡Vémonos!

miércoles, junio 18, 2008

Esto non é unha membra

[Foto: Homenaxe a unha ministra]

Costa entender por que as anécdotas lingüísticas suscitan tanto debate.
A lingua só é unha ferramenta máis de representación que adoece das eivas que xa moitos criticaron hai tempo. Nin o debuxo da pipa famosa, nin a palabra, nin tan sequera a idea universal de pipa ¿lembrades?. Se queredes, facede a proba co tema da "membra" famosa. ¿cantas imaxes recupera o noso hard disc cando escoitamos o palabro?
Anotade sen pensar.
A min sáenme, por este orden: polla, muller, imaxes de dirixentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinas, violación, ministra, xerenta (temos unha xerenta na universidade, malia todo poucas veces empregamos o feminino), discriminación positiva, etc, etc, etc.

Calquera mudanza na lingua por pequena que sexa convértese nunha revolución.
E todos queren ser filólogos por un día.
A xulgar polo estado da cuestión (¡mirade a procura do palabro no google!) o ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal soa agora este emprego do masculino ¿non?) debe estar todo o día a dicir ¡¡¡pasapalabra!!!
VERSIÓN EN CASTELLANO: Cuesta entender por qué las anécdotas lingüísticas suscitan tanto debate. La lengua sólo es una herramienta mais de representación que adolece de los defectos que yaa muchos criticaron hace tiempo. Ni el dibujo de la pipa famosa, ni la palabra, ni tan siquiera la idea universal de pipa ¿recordais?. Si quereis haced la prueba con el tema de la "miembra" famosa. ¿cuantas imágenes recupera nuestro hard disc cuando escuchamos el palabro? Anotad sin pensar. A mi me salen, por este orden: polla, mujer, imégenes de dirigentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinos, violación, ministra, gerenta (tenemos una gerenta en nuestra universidade pero casi nunca empleamos el femenino), discriminación positiva, etc, etc, etc.
Cualquier cambio en la lengua por pequeño ue sea se convierte en una revolución. Y todos somos filólogos por un día. A juzgar por el estado de la cuestión (¡
mirad esta búsqueda del palabro en google!) el ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal suena ahora este empleo del masculino ¿no?) debe estar todo el día diciendo ¡¡¡pasapalabra!!!

martes, junio 17, 2008

Vivir nunha maqueta

A vida nunha maqueta non é doada se non és un avatar medianamente adestrado. Antes de vir parar aquí pasei as miñas vacacións en Second Life. Na procura dun entorno semellante a este metaverso real, disimulade a expresión, fun vivir preto do Centro Virtual Cervantes, que ten alí unha illa de seu.


Compuxen o meu avatar, elixin un nome que me parecía axeitado, Aspasia (xa de elixir...), e mergulleime entre ceros e uns nun abismo dixital ateigado de soños de código aberto. Ao comezo nin te das movido, e todo son sensacións extrañas. O frío látex da roupa, os ollos inmensos de todo o mundo, o brillo das rúas, do ceo e dos obxectos, a homoxeneidade cromática que non distingue o vivo do morto, o natural do artificial. Cando remataron as miñas vacacións virtuais podo asegurarvos que xa non había píxel que se me resistira.
Mais a vida na maqueta non é igual. Aquí hai poucos monicreques, só os imprescindibles nun entorno de estética minimalista no que sobra todo accesorio. E nós somos mera decoración. Poucos e raros. Non son coma os avatares de S.L.

Proxecto de Méndez da Rocha para o Campus de Vigo, agora suspensusinterruptus.

Tentan confundirte a cotío semellando ignorar a túa realidade virtual e se te pos a tiro, é dicir, se non tes a resposta just in time ou esqueces un proceso da túa folla de ruta comeza o ostracismo máis primitivo. Póñense a imitar coma monas comportamentos grupais que lles ensinan nos seminarios de "interactividade controlada" e xa non te deixan en paz. Non te podes illar. Nin no baño. Que tes que consensualo todo.

Acceso á Biblioteca Central da Universidade de Vigo

Que lles contes os teus problemas persoais. Que tes que participar. O outro día, por exemplo, un "deles", de ínfima calidade, por certo, botoume en cara que eu non era así "antes". Quedei pampo. Pero ¿de qué me coñecía este monifate? ¿antes de que?. Non hai "antes", díxenlle, debes tes algunha non conformidade de fábrica. Mireino de arriba a abaixo tentando descubrir algún tic que delatase a súa marca. Lembre a Rita e decidín seguir buscando.

[Aspasia22. Diario dun replicante]

VERSIÓN EN CASTELLANO: La vida en una maqueta no es fácil si no eres un avatar medianamente entrenado. Antes de venir a parar aquí pasé mis vacaciones en Second Life. Buscando un entorno parecido a este metaverso real, perdonad la expresión, me fui a vivir cerca del Centro Virtual Cervantes, que tiene allí una isla propia. Compuse mi avatar, elegí un nombre, Aspasia (xa de elixir...), y me sumergí entre ceros y unos en un abismo digital atiborrado de sueños de código abierto. Al principio ni puedes moverte, todo son sensaciones extrañas. El frío látex de la ropa, los ojos inmensos de todo el mundo, el brillo de las calles, del cielo y de los objetos, la homogeneidad cromática que no distingue lo vivo de lo muerto, lo natural de lo artificial. Cuando acabaron mis vacaciones virtuales puedo aseguraros que no había píxel que se me resistiera. Pero la vida en la maqueta no es lo mismo. Aquí hay pocos "muñecos", sólo los imprescindibles en un entorno de estética minimalista en el que sobra todo lo accesorio. E nosotros somos mera decoración. Pocos y raros. Non somos ni una sombre de los avatares de S.L. Intentan confundirte a menudo aparentando ignorar tu realidade virtual y si te pones a tiro, es dicir, si no tienes la resposta just in time u olvidas un proceso de tu hoja de ruta comienza el ostracismo más primitivo. Se ponen a imitar como monos comportamentos grupales que les enseñan en los seminarios de "interactividade controlada" e ya non te dejan en paz. No te puedes aislar. Ni en el baño. Que tienes que consensuarlo todo. Que les cuentes tus problemas personales. Que tienes que participar....el otro día, por ejemplo, uno de "ellos", ínfima calidad, por cierto, me echó en cara que yo non era así "antes". Quedé petrificado. Pero ¿de qué me coñecía este monicreque? ¿antes de que?. No hay antes, le dije, debes de tener alguna no conformidad de fábrica. Lo miré de arriba a abaijo intentando descubrir algún tic que delatase sú modelo. Me acordé de Rita y decidí seguir buscando. [Aspasia22. Diario dun replicante]

jueves, junio 12, 2008

Pintura de J. Sarmiento


Jorge Sarmiento expuxo a súa obra hai pouco no Círculo Mercantil de Vigo. Por fin J. S amosa o seu traballo, foi unha ledicia compartir esta ilusión da "primeira vez" con Carmen mentras nos contaba a historia de cada obra.

A obra de J. amosa unha clara predilección pola paisaxe. As pinceladas mínimas falan dun traballo minucioso e as cores vivísimas, sobre todo os azuis do ceo e o mar constrúen unha pintura alegre e chea de vida. Das historias de cada obra lembro a do barquiño que viu dun soño do pintor uns poucos días antes do desastre do Prestige. É, dende logo, un barco misterioso que fala dende unha noite artificial de xeo e sinistra claridade.
¡Parabéns a Jorge e a Carmen! e a seguir pintando, que queremos máis!
No marxe tendes un álbum de fotos con máis obras de J. Sarmiento.

miércoles, junio 11, 2008

Klimt, Raoul Ruiz

Moi recomendable esta película de Raoul Ruiz sobre este expresionante home que foi Gustav Klimt. Só que John Malkovich só pode facer de J.Malkovich, non da saído de sí mesmo este pedazo de actor, non me extraña que fixera aquela película tan orixiñal. A min tampouco me importaría ser J.M., co permiso de Harvey, ofcurs. Eu esperaba ver por aquí á inefable Alma, a Oskar Kokoschka pero non, a R.Ruiz céntrouse na cabeza de Klimt, nese mundo poboado de deliciosas mulleres espidas que podían ser unha e multiplicarse no seu maxín. ¿cantas Ledas eran? Klimt na procura da beleza, da verdade que sabe que non existe. Nin na Nuda Véritas, nin no seu espello. Klimt esnaquizando discursos, benvido ao deserto do real, Klimt. A túa irmá e a nai que tampouco te entenderon e eran espíritus tan atormentados coma o teu. As mulleres que che apaixoaban e acariñabas con ouro e pedrería. Klimt contra tanto prexuizo que non te deixaba pensar. Klimt tamén un xoguete entre as pernas das mulleres ¿E que fixo contigo o xenial Messerchsmidt? Non sabía que che tivese tanto xenio. Unha excelente escea que deixa patente a deliciosa loucura do que pasou a vida dicindo NON, menudo debía ser o Franz Xaver. Mirade a súa biografía e a súa obra, por favor. Impresionante. Por aquí anda tamén outro grande, Egon, o seu amigo e discípulo e tamén Loos, e toda a elite cultural da Viena avant a Secesión. Momentos de eclosión de artistas e obras que rachan con moito para inaugurar a liberdade das formas que xa non terá fin. Boa película.
Máis información: Crítica en Revista de Cine Mabuse, En Miradas de Cine En Blogdecine
Excelente páxina para coñecer e repasar a vida e obra de Klimt

martes, junio 10, 2008

A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde.


Non é o despacho de billetes dun vello cine nin a entrada dun campo de fútbol. É o portelo de entrada da Catedral de Almería. Podíavos contar a indignación dos numerosos turistas que logo de enxurrar o colesterol á caloriña das rúas almerienses se atoparon con esta cálida benvida. Eu non ía dicir nada, simplemente dar media volta e marchar; sí que tiña claro que non ía pagar por ver unha catedral que ademáis non me ofrecía ninguna atracción (que perdoen os almerienses) especial. Mais non fun quen de aturar a ollada de desprezo que albiscaba nos desfalecidos guiris. E metín a cabeza nese buraco negro. Antes de que os meus ollos se afixerán á obscuridade soaron alto e claro os ouveos do acólito de turno, que me recibiu con hospitalidade característica dos que se achegan a unha sotana sen cartos no peto:

-¡señora, se quere entrar pague en punto!.

-Non, o que eu quero é que me explique alguén por que hai que pagar para visitar un templo, o que quero é que me deades unha folla de reclamación porque non estou de acordo...

-¡mire, déixese de metafísicas e se quere algo vaia ao bispado! [Fíxome moita graza o emprego do palabro, mais tiven que disimular o sorriso, querían que me tomaran en serio]

- Pero é que eu non quero visitar ao bispo...

E así un bo rato. Os "porteiros" turnábanse para mandarme a paseo (iso en Almería, en plexo xullo ás dúas da tarde xúrovos que é unha putada) e semellaban moi ofendidos coa miña aptitude.

Eran dous xitanos guapísimos, con ese brillo nos ollos que te fan tremer de medo nas portas das discotecas, imaxinade o que sería detrás dese portelo.



Non me fai nin anaquiño de graza esta pútrida institución que segue roubando pola graza de deus, matando pola graza que lles fai e deixando morrer porque o espíritu santo é o sumo propietario intelectual do seu corpus corruptus ininterruptus, a claro, haber quen se pon a razonar cunha pomba.

Unha pílula de desafogo contra os que literalmente nos cepillan a diario. Por certo Pedro ¿seguro que na Catedral de Santiago son 20 millos de euros ao ano o que "recaudan" con ese método? non o acabo de crer. Vou corrixir a miña declaración e poñerlle a cruciña, así non hai quen viva.

[A foto vina no bló de PaulM. que me ten diariamente pendiente das súas riquísimas entradas, e a idea creo que foi de mullerespúblicas]

lunes, junio 09, 2008

Unha dúbida.

Esoutro día asistín á presentación de Votos de riqueza, Ignacio Castro Rey. ¡que alivio saber que alguén todavía pode ser máis pesimista que un mesmo co mal que queda hoxendía ir por aí falando da tiranía do presente, da exasperante banalidade do consumismo, da incomunicación global na sociedade máis hipervinculada da historia, da absoluta e dirixida terciarización do prefabricado excedente de tempo de lecer inventado polos demiurgos máis cool dun sistema, xa non productivo, pode que nin sequera xa especulativo, da violencia que xera a seguridade, do perigo da paz a golpe de bombas de racimo e de tantas cousas que seica son invencións dos filósofos para amolarnos. Outro filósofo, hai un par de días, asegurábame que non hai que facer moito caso deste desacougante libro e de paso, aconselloume a lectura do súa derradeira obra, ao parecer un ensaio sobre a arte, o terror e a morte. Agora dubido entre a filosofía seria ou a relectura da viaxe de Pomponio Flato que veño de rematar.
En Brétemas tendes unha boa reseña de Votos de riqueza. E non esquezades pasar pola páxina de Ignacio Castro, paga a pena a lectura detida dos seus escritos sobre cine.

jueves, junio 05, 2008

Axuda ao coñecemento libre e gratuito.

A. achégame unha petición de apoio para unha iniciativa que está a piques de desaparecer, di que porque hai poucos usuarios. O software libre atopa dificultades nun entorno dominado polas catro corporacións que controlan a información a nivel mundial, malia non ter elas aportado absolutamente nada ao desenvolvemento do coñecemento, da ciencia, da poesía, da filosofía, e así ata o infinito en todo o que teña que ver co saber e co altruismo. No Brasil, todo o que non saiba a madeira, biodiésel, caucho, algodón, ouro, estaño, e petróleo non interesa. E interesa moito menos que os países que nos suministraron as materias primas para as nosas revolucións experimenten un desenvolvemento intelectual, por mínimo que sexa, non vaia ser que quieran para eles o que é seu, ou nos pidan contas. De momento imos premer una cantos aquí para que non desapareza esta biblioteca dixital de libre acceso (e gratuito).

VERSIÓN EN CASTELAÑO: A. me manda una petición de apoyo para una iniciativa que está a punto de desaparecer, dice que porque hay pocos usuarios. El software libre encuentra dificultades en un entorno dominado por las cuatro corporacións que controlan la información a nivel mundial, pese a no haber aportado absolutamente nada al desarrollo del conocimeento, la ciencia, la poesía, la filosofía, y así hasta el infinito en todo lo que tenga que ver con el saber y con el altruismo. En Brasil, todo lo que no sepa a madera, biodiésel, caucho, algodón, oro, estaño, y petróleo no interesa. Interesa mucho menos que los países que nos suministraron las materias primas para nuestras revoluciones experimenten un desarrollo intelectual, por mínimo que sea, no vaya a ser que quieran para ellos lo que es suyo, o nos pidan cuentas. De momento vamos a pulsar unos cuantos aquí para que no desapareza esta biblioteca digital de libre acceso (y gratuito).

miércoles, junio 04, 2008

Pan e coitelo, Bieito Iglesias.

Non sei se escribir un libro só para que o Arumes me faga unha crítica, de verdade. Ben, pois, como son palabras maiores alá vos remito para saber máis e mellor deste libro.

Eu, que nesta tempada fago acopio de literatura de evasión e calidade a un tempo, téñovos que recomendar tamén esta nova, perdón B. nouvelle bieitada. Non sei se eliximos aos políticos pola súa capacidade para dar espectáculo alén da cousa pública mais temos que recoñecer que galleira é unha nazón eminentemente agrícola "políticamente falando", entendámonos. Claro que hoxe cos berlusconis e bushes xa non hai quen compita, son tempos difíciles.Concordo con A. no rexeitamento das contraportadas dos libros. Ou ben che quitan as gañas de lelos pola súa pésima calidade crítica ou destrípanche o misterio que tanto traballiño lle custou argallar ao autor. O digo polo de que o libro é unha mestura de Cela con Tarantino....¿comorrrr?....máis ben é un Torrente, eso si, moi asesorado lingüísticamente falando, porque aquí hai unha riqueza no rexistro coloquial que fai correr o ar entre as páxinas. Pola frescura das verbas xa esquecidas que nos colocan doadamente naquel lonxano pasado Oriense no que os vellos dicían que "ían coller o carrito" (concretamente a empresa dos Americanos). Pola ledicia de escoitar a fala dos que se buscaban a vida alá por Vichita ou o Vinte-e-Un. O malo, pasoume como a A., é que tamén este ar rematou por pasar moi rápido as follas e cando aínda non acabas de rir coa derradeira ocorrencia do Conselleiro, vai e acábaseche o libro. Eso si, o para texto, para min, sobráballe. Se montades un clú de bieitianos, Keitel mediante, apúntome.
P.D. Prezadísimo Paco E., moito me lembrei de ti con esta lectura. Aquí está esa Auria que non quere morrer, o antigo réxime en tóda a súa extensión, coa venalidades dos cargos públicos que insiren familias completas no singular concello, a inextinguible etnia do constructor chupatintas e analfabeto, tan ben retratado no personaxe de Prol, esa Rúa do Paseo onde os patricios orienses gosta amosar os anacrónicos atributos do decimonónico rentista reciclado agora en empresario de moda, o paraíso do doutorciño Moureau de Luintra que fixo atopou na deputación e nas institucións sanitarias refuxio para tódolos seus amigos co beneplácito dos pacíficos orienses, que, resignados eles, como bos galegos, seguen pensando que é mellor poñerse á cola por se cae algo que tratar de mudar así, de súpeto o pleistoceno.

VERSIÓN EN CASTELLANO: No sé si escribir un libro sólo para que Arumes me haga una crítica, de verdad. Bien, pues, como son palabras mayores allí os remito para saber más y mejor de este libro. Yo, que en esta temporada hago acopio de literatura de evasión y calidad a un tiempo, os tengo que recomendar también esta nueva, perdón B. nouvelle bieitada. No se si elegimos a los políticos por su capacidad para dar espectáculo más allá de la cosa pública pero tenemos que reconoecer que Galleira es una nación eminentemente agrícola "políticamente hablando", entendámonos. Claro que hoy con estos berlusconis e bushes ya no hay quien compita, son tiempos difíciles. Concuerdo con A. en recharar las contraportadas de los libros. O bien te quitan las ganas de leerlos por su pésima calidad crítica o te destripan el misterio que tanto trabajo costó pensar al autor. Lo digo por eso de que el libro es una mezcla de Cela con Tarantino....¿comorrrr?....más bien es un Torrente, eso si, muy asesorado lingüísticamente hablando, porque aquí hay una riqueza del registro coloquial que hace correr el aire entre las páxinas. Por la frescura de las palabras olvidades que nos colocan tan fácilmente en aquela lejana Oria en que los mayores "cogían el carrito" (concretamente "Los Americanos"). Por la felicidad de escuchar el habla de los que se buscaban la vida allá por Vichita o el Veintiuno. Lo malo, Me pasó como a A., es que también este aire acabó pro pasar muy rápido las hojas y cuando aún no has terminado de reir con la última ocurrencia del Conselleiro, va y se se acaba el libro. Eso si, el paratexto, para mi, le sobra . Si montais un clú de bieitianos, Keitel mediante, me apunto.

martes, junio 03, 2008

¡esto SI que é unha vergonza!











¿século XXI? ¿democracia? ¿igualdade? ¿xustiza?....¿que fai este tipo que seica nos representa compadreando tan ricamente cos que
non deixan conducir ás mulleres...
obríganas a saír á rúa rigorosamente cubertas...
non as deixan asistir a espectáculos públicos...
segundo eles...
se as mulleres conduciran mesturaríanse libremente cos hombres e ata se se animarían a ter citas

DEIXARON MORRER A 14 NENAS NUN INCENDIO PORQUE NON TIVERAN TEMPO DE CUBRIRSE ANTES DE SAÍR

VERSIÓN EN CASTELÁN: ¿siglo XXI? ¿democracia? ¿igualdad? ¿justiza?....¿que hace este tipo que al parecer nos representa compadreando tan ricamente con los que non dejan conducir a las mujeres, las obligan a salir rigurosamente cubiertas, les prohíben asistir a espectáculos públicos porque "si las mujeres condujesen se mezclarían libremente con hombres y hasta se animarían a tener citas. DEJARON MORir A 14 NiÑAS EN UN INCENDIO PORQUE NO PUDIERON PONERSE EL VELO ANTES DE ESCAPAR

lunes, junio 02, 2008

Proba de agudeza visual.


En menos de 5 segundos elixe o pe de páxina correcto para esta ilustración:
a. "Rotundo éxito de público no Día da Merluza no Mercadona"
b. Campaña electoral do PP "un merluzo, un voto".
c. Efectos da crise económica. Reparto de alimentos no céntrico barrio madrileño de Lavapiés.
Resposta correcta: Aquí.