viernes, octubre 29, 2010

Tristeza por Juárez

31 comentarios:

Kaplan dijo...

En 2666, de Roberto Bolaño, a denuncia dos crimes sistemáticos contra mulleres de todas as idades, pobres operarias das fábricas e inmigrantes, e da impunidade dos seus asasinos é un sobrecolledor testemuño a non esquecer.
Que enorme inxustiza!

Anónimo dijo...

Tes razón, Kaplan: o problema son os asasinatos de mulleres, que son aproximadamente o 10% dos que se producen en Juárez. O restante 90% dos asasinatos, que ten por víctimas a homes, eses non teñen importancia.

"Tras el descarrilamiento del tren, por fortuna, sólo hubo víctimas mortales entre los pasajeros de tercera".

Ánimo, que agora van canonizar a Stalin:

http://abcblogs.abc.es/cartaseuroasiaticas/2010/10/21/encuentran-segundo-icono-representando-stalin-con-una

Ana Bande dijo...

Kaplan, si, Bolaño literaturizou os feitos e fixounos afortunadamente na nosa fráxil memoria, tran fráxil como aquel protagonista de Memento, que só conservaba as lembranzas dos últimos cinco minutos, por iso levaba o corpo totalmente tatuado, así fixo RB, tamén co seu relato.

anónimo, o teu erro creo que non é por ignorancia, mais ben é o cerne da maldade que leva ás tristítismas consecuencias polas que choramos...en fin, faite mirar esa perversión que che fai pensar en tristeza "de xénero" e recapacita "home", que sabes ben que estás en perigo de extinción, fortunately.

Anónimo dijo...

Gracias, dona Ana, pola súa dialogante resposta. Se entendín ben o que vostede tivo a amabilidade de me dicir, o meu problema é simplemente eu teño un "cerne de maldade", polo que piadosamente me aconsella que me faga "mirar esa perversión". É mágoa que non engada vostede, coa súa característica xenerosidade, o enderezo da especilista (supoño que en cuestións de xénero) ante a que me debería ir confensar.

Vostede, que tanto renega dos curas, actúa do mesmo xeito que os peores deles: fala dende unha elevación moral invulnerable a calquera contraste cos datos. Pero non se limita a repartir certificados de bondade e maldade, senón que tamén ás súas excomuñóns engade (como boa estalinista) un certificado médico de deficiencia mental. Quen non pense coma vostede, faltaría máis, soamente pode estar tolo.

Se tan perigosas son as miñas "perversións", responsables –afirma vostede-- de "tristítismas consecuencias", non estaría de máis que me axudases un pouco a superalas. ¿Qué lle parece se falamos un pouco de matemáticas? Xa sei que son moitas as feministas que afirman que as matemáticas son machistas, pero confío en que a mera comparación de porcentaxes teña a suficiente "neutralidade de xénero".

Da xente que é asasinada en Ciudad Juárez, ¿qué porcentaxe son mulleres e qué porcentaxe son homes? Podemos lelo nun documento tan pouco sospeitoso de antifeminismo como o informe da encargada especial que a Comisión Interamericana de Derechos Humanos enviou para estudar o problema da violencia contra a muller (e só contra a muller) en Ciudad Juárez. No capítulo segundo deste informe (“Violencia contra la mujer en Ciudad Juarez: exposición general del problema), na nota octava se pode ler o seguinte:

"Un análisis basado en los certificados de defunción y otros datos llevaron a la conclusión de que en el período 1990-1993 fueron asesinados 249 hombres, en tanto que entre 1994-1997 lo fueron 942 hombres, lo que implica un incremento del 300%. Según el mismo estudio, entre 1990 y 1993 fueron asesinadas 20 mujeres, y 143 entre 1994-1997, lo que implica un incremento del 600%."

[Pódese consultar o informe aquí:
http://www.cidh.org/annualrep/2002sp/cap.vi.juarez.2.htm ]

(continúa)

Anónimo dijo...

Gracias, dona Ana, pola súa dialogante resposta. Se entendín ben o que vostede tivo a amabilidade de me dicir, o meu problema é simplemente eu teño un "cerne de maldade", polo que piadosamente me aconsella que me faga "mirar esa perversión". É mágoa que non engada vostede, coa súa característica xenerosidade, o enderezo da especilista (supoño que en cuestións de xénero) ante a que me debería ir confensar.

Vostede, que tanto renega dos curas, actúa do mesmo xeito que os peores deles: fala dende unha elevación moral invulnerable a calquera contraste cos datos. Pero non se limita a repartir certificados de bondade e maldade, senón que tamén ás súas excomuñóns engade (como boa estalinista) un certificado médico de deficiencia mental. Quen non pense coma vostede, faltaría máis, soamente pode estar tolo.

Se tan perigosas son as miñas "perversións", responsables –afirma vostede-- de "tristítismas consecuencias", non estaría de máis que me axudases un pouco a superalas. ¿Qué lle parece se falamos un pouco de matemáticas? Xa sei que son moitas as feministas que afirman que as matemáticas son machistas, pero confío en que a mera comparación de porcentaxes teña a suficiente "neutralidade de xénero".

(continúa)

Anónimo dijo...

(continuación)

O problema, segundo o texto citado, é que naquel período a proporción na que aumentaban os asasinatos de mulleres era superior á proporción en que aumentaban os asasinatos de homes. Pero, aínda así, resulta que entre 19904-1997 o número de homes asasinados fora de 942, en tanto que o das mulleres fora de 143. Isto é tanto como dicir que por cada muller asasinada neste último período había case nove homes asasinados (no período anterior, por cada muller asasinada había máis de dez homes).

Nos últimos anos os asasinatos non só descenderon, senón que aumentaron moitísimo. Unha consulta a noticias recentes fálanos de que no que vai de ano levan sido asasinadas 292 mulleres dun total de 2600 mortos

[A número de mulleres asasinadas está recollido desta noticia:
http://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/133553/marisol-valles-garcia-heroina-o-cebo-del-asesino-de-ciudad-juarez
O número total procede desta outra:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=571869 ]

Ante estes datos, en fin, ¿por qué se fala de “feminicidio” e non de “viricidio”? Hai máis de dez anos que os medios de comunicación internacionais veñen falando dos asasinatos de mulleres, e hai tamén varios anos que os organismos internacionais se veñen ocupando destes asasinatos de mulleres e só de mulleres. ¿Que se conseguiu ata agora? Que morran cada vez máis mulleres ¿Por que? A resposta non pode ser simple, pero coido que é evidente que, en parte polo menos, a impotencia das medidas tomadas se debe a que están dictadas dende a “perspectiva de xénero”, cando é ben obvio que o sexo (ou, perdón, ‘xénero’) das víctimas está moi lonxe de ser a cuestión máis relevante.

Por todo isto, dona Ana, eu penso que vostede, e a xente como vostede que fala moido das mortas en Ciudad Juarez e absolutamente nada dos mortos que alí hai son en gran medida responsables de que siga habendo alí mortos e mortas. ¿Cabe nalgunha cabeza sensata que os asasinatos de mulleres, que só son o 10% do total poidan disminuir en porcentaxe se non disminúe o total dos asasinatos?

(athini_glaucopis@hotmail.com)

Arevalo dijo...

Esos actos terroristas son las patadas de ahogado del crimen organizado... que no te digan que no te cuenten.

Ana Bande dijo...

vou facer unha excepción e seguir un pouco a falar cun ente que non sei moi ben se é sólido, líquido ou gaseoso que se chama anónimo, por suposto sei tampouco se ese ente é unicelular ou descompúxose logo da primeira intervención e xa é un outra ou outras cousas...porque recoñecerá que antes de nada, hai entre a que firma e ese ente unha diferencia no grado de ¿valentía? ¿educación? chámelle como quiera, pero que algo haberá ¿non si? porque eu teño unha responsabilidade na hora de escribir e responder con máis ou menos rotundidade e dureza ou competencia ou incompetencia ¿pero vostede?...en fin...e claro, quererá que lle explique que un feminicidio é un acontecemento que supón a morte indiscriminada dunha morea de homes a man de mulleres ¿non? mire, non vou seguir, non o vou desprezar tampouco, non mo merece porque ¿sabe? vostede non fala dende ningún cumio que represesente a moitos homes. Cando me chaman feminista ¿como dicía aquel aleman? voto man á ...non entende vostede absolutamente nada do que le, porque ben se ve que algo le, e non serei eu quen lle lo explique, non teño paciencia para iso...se non se abren as fiestras, por moito que vostede afogue, non lle correrá brisa ningunha. Ou como lle diría un juarense... "No le estés dando vuelta al malacate porque se te enredan las pitas". A vostede non lle interesa o debate, pero por se me equivoco, saberá onde atoparme e podo contarlle algo, se vostede existe, claro.

Anónimo dijo...

A min, dona Ana, interésame o intercambio de ideas en si, e non creo que a tal fin importe nada quén estea detras dunhas ou doutras razóns. O único que importa é o peso dos argumentos en abstracto. ¿Ou acaso pensa vostede que os razoamentos valen dependendo só de quén proveñan?

O seu interese en averiguar quén fai a pregunta, en vez de centrarse en dar argumentos, recorda aos malos profesores, que cando alguén do alumnado se atrevía a plantexar unha cuestión que deixaba en evidencia a ignorancia do engreido docente, non se apresuraban a documentarse mellor, senón que corrían a averiguar cómo se chamaba aquel atrevido para lembrarlle no día do exame cómo cómpre respectar as xerarquías.

¿Por qué fago a miña pregunta dende o anonimato? Porque me parece evidente que hai cousas que neste momento da sociedade, e máis aínda nunha facultade como a nosa, non se poden preguntar en público sen correr grave risco de represalias. Vostede, dende logo, acusarame de paranoia. Está no seu dereito, como eu estou no meu dereito de acusala de cinismo. ¿Parécelle inmoral que na época franquista os que escribían panfletos contra o réxime non acompañasen a estes da súa firma, DNI e dirección? ¿Eran uns covardes por se esconder deste xeito e non lle dar gallardamente facilidades á policía do réxime?

Polo demais, dende logo, non pretendo (como vostede, por non sei qué motivo me atribue) falar dende "ningún cumio que represesente a moitos homes". Eu soamente me represento a min mesma, e non sei onde leu vostede que dixese o contrario.

Non abuse, por favor, da tradición policial de comezar por esixir aos sospeitosos que se identifiquen. Xa sei que en España, como herdo ben conservado do Franquismo, todo o mundo está obrigado a andar co DNI nos dentes, pero nos países de tradición menos oprobiosa considérase que o anonimato é un dereito que só pode subspender unha orde xudicial ou un delito flagrante.

E agora, se lle parece, en vez de acugular insultos agradeceríalle que me aportase argumentos. Se ademais o fai de xeito o máis neutro posible, sen constantes alusións 'ad hominem' e sen demasiada petulancia, aumentarían as posibilidades de que se producise un enriquecemento intelectual mutuo. Confío en que non se considere xa tan sabia que non poida aprender algunha cousa máis.

Creo que concretei ben os termos da miña pregunta, pero repítoa novamente: ¿Por qué se case o 90% dos asasinados son homes se fala de "feminicidio"?

(athini_glaucopis@hotmail.com)

Anónimo dijo...

Por certo, este é o artigo que, hai xa bastantes anos, me fixo descubrir algo que eu, ata entón, nin sospeitara sequera: que a abrumadora maioría dos asasinados en Ciudad Juárez non eran mulleres:

http://www.letraslibres.com/index.php?art=9513

(Athini)

cãosemdono dijo...

Para Anónimo, -a:

Se a causa determinante do asasinato das vítimas mulleres está determinada pola súa condición de tal, entón dende un punto de vista científico-criminolóxico é correcto abordar metodolóxicamente o fenómeno dende unha perspectiva de xénero. Sobre todo se o restante 90% das vítimas só teñen en común a de ser homes. Isto é así en Ciudad Juárez, Ulan Bator ou Rodrigatos de la Obispalía, provincia de León.

Alén diso, que é de primeiros cursos da facultade de dereito, retorcer argumentos é unha obscenidade intelectual que só se xustifica no recurso a certos apriorismos de carácter ideolóxico.

Ana Bande dijo...

nunha facultade como a nosa, non se poden preguntar en público sen correr grave risco de represalias....todo dito sr/sra. anónimo, -a,ou sexa que é o medo, vaia, vaia....¿quen vive do herdo do franquismo? e mire, este post era para chorar indiscriminadamente sobre a violencia de Ciudad Juárez, se a vostede quere aproveitar para latricar contra o feminismo ou a defensa do oso polar adiante. O can xa lle contestou acaídamente e polo que a min respecta e malia ser acusada de empregar técnicas policiais non terei problema e debater cara a cara tomando un refresco na nosa facultade, prometo seguir prestándolle libros cun sorriso de orella a orella. Boas noites e boa sorte.

Anónimo dijo...

Segundo Câosemdono a razón pola que hai que falar de "feminicidio" é que "a causa determinante do asasinato das vítimas mulleres está determinada pola súa condición de tal". Esta explicación é asumida por dona Ana: "O can xa lle contestou acaídamente".

Agradézolle motio a Câosemdono esta amable explicación, e tamén a aclaración de que saber tal cousa "é de primeiros cursos da facultade de dereito" (debérona dar nalgunha clase á que eu non asistín), pero teño que confesarlles que a resposta de Câosemdono me parece unha simple tautoloxía.

Como dou por suposto que vostedes son moito máis sabios/as ca min (e que si foron ás clases de lóxica no día en que se falou de tal figura), supoño que excuso aclarar qué significa "tautoloxía". E vamos a revisar a argumentación de Câosemdono, que tan "acaída" lle semella a dona Ana.

¿Por qué sabemos que a razón pola que estas mulleres son asasinadas é precisamente "a súa condición de tal"? Câosemdono non parece ocuparse desta cuestión, únicamente engade:
"Sobre todo se o restante 90% das vítimas só teñen en común a de ser homes".

Como o dez por cento das víctimas é muller, non cabe dúbida de que tiveron que ser asasinadas polo mero feito de ser mulleres. Como o noventa por cento das víctimas son varóns, entón non cabe dúbida de que tal coincidencia non quere dicir nada. Agradeceríalle moito que me indicase as referencias do manual de lóxica que estudou vostede. ¿Está na biblioteca da Facultade?

E despois desta brillante argumentación, Câosemdono engade, dende a súa indiscutible autosuficiencia moral: "retorcer argumentos é unha obscenidade intelectual que só se xustifica no recurso a certos apriorismos de carácter ideolóxico".
É obvio que Câosemdono pode falar con toda autoridade de "retorcer argumentos" e de "apriorismos de carácter ideolóxico".

(continúa)

Anónimo dijo...

(continuación)

¿Hai, en fin, algunha razón para supoñer que todos os asasinatos de mulleres, ou, polo menos, a gran maioría deles se producen "polo mero feito de ser mulleres" as súas víctimas?

Podemos revisar as últimas noticias de mulleres asasinadas en Ciudad Juárez, a ver se nelas se ve algún indicio de que as víctimas o fosen, precisamente, "pola súa condición de mulleres".

Unha expedición de tres camións que conducían traballadores a unha fábrica foi ametrallado. Morren catro persoas. Os medios de comunicación internacionais informan de que as catro eran mulleres. Logo sábese que eran tres mulleres e un home. Logo aclárase que os asasinos ían na procura dun home e mandaran deter os camións, pero, ante a negativa dos conductores, abriron fogo indiscriminado. ¿Hai algunha base para dicir que estas mulleres foran asasinadas "pola súa condición de mulleres"? Absolutamente ningunha.

[Pódese ler a noticia aquí:
http://www.oem.com.mx/elmexicano/notas/n1837413.htm ]

A anterior noticia cunha muller asasinada é, se cabe, máis macabra: antes de asasinala, gravaron en vídeo un interrogatorio no que a víctima recoñecía formar parte dunha banda de narcotraficantes. O caso ten detalles especialmente morbosos e desgarradores, pero, en última instancia, queda ben claro que a asasinada non morreu "pola súa condición de muller", senón por formar parte dunha organización criminal.

http://www.adn.es/internacional/20101020/NWS-1354-Encuentran-Ciudad-Juarez-decapitada-primera.html

En fin, creo que é ben evidente que nestes casos (e son os dous máis recentes que atopo) non hai a máis mínima base para afirmar que estas pobres mulleres fosen asasinadas "pola súa condición de mulleres". Mirando un pouco por enriba a morea de noticias dos últimos días que se poden atopar en Google, creo que a gran maioría das mulleres son asasinadas por motivos moi semellantes aos que son asasinados os homes en Ciudad Juárez. Se o característico do "feminicidio" e esa motivación especial ("pola súa condición de muller"), entón a maior parte dos asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez non poden ser computados como "feminicidios".

Non teño, por certo, o gusto de saber nada máis de Câosemdono, e confío en que a debilidade da súa argumentación só sexa debida á improvisación. Sorpréndeme, iso si, que dona Ana manifestase a súa adhesión a tan feble artefacto lóxico.

(athini_glaucopis@hotmail.com)

Ana Bande dijo...

señor anónimo, ponme vostede nunha situación terminal neste debate. Mire, respetalo a vostede implicaría non facelo aos centos de vitimas de violencia de todo "xénero" e iso non o vou facer. Non lle podo explicar a un profesor universitario (supóñolle esa identidade polo que dixo) que non ven a conto atacar ao feminismo co gallo du atentado calquera, non lle podo explicar que careza de interese loitar contra o cáncer de pulmón (poño por caso) só porque as vitimas desa doenza sexan un cerocomaceroun das mortes que se producen en España ao ano, non podo explicarlle por que non ten sentido falar de algo sen tomarse o mínimo interese en falar coas/cos afectados porque vostede xa sabe por que o fai. Tampoco podo nin foi nin é o meu interese loitar contra o negacionismo nin contra o creacionismo nin contra calquera teoría por peregrina que sexa porque os seus defensores sempre, sempre atoparán argumentos axeitados a seu apriorismo. Dame mágoa eso si, e como eu non teño medo a chorar en alto, fágoo. O medo é libre, din por aí. E cicais habería que cambiar todo este discurso e debater sobre eso, o medo que leva a tantos individuos a poñerlle cancelas á mente. Pero dende o medo, sexa cal sexa a súa orixe, non se pode pensar, reflexionar e polo tanto vexo case imposible que con medo se poda exercer a docencia e a investigación que é o que tería que facer un profesor de universidade. Dea por finalizado aquí este debate que non foi tal porque co medo que a vostede lle afecta (díxoo vostede mesmo)non se pode debater nada, eu polo menos non podo. Can sen dono non é ningún descoñecido para min, él sábeo e eu tamén, e as súas reflexións dende logo poden ser calquera cousa menos febles, pero claro, ¿que lle importa a vostede? ¿leu acaso algo do que escribiu este individuo? claro que non, como tampoco leu nas bágoas dos pais e nais que atoparon ás súas fillas cos peitos arrancados a mordiscos. Asíque inefable anónimo, déixeme despedilo, non podo crer e comprender o seu singular medo porque entón tería que desprezar o que senten ahora mesmo todos os habitantes de CJ que non poden saír á rúa. Entón non valoraría o traballo de Judith Torrea e da moza de vinte anos que está ao cargo da comisaría da cidade máis violenta do mundo. Entón non podería falar e disfrutar de Elpidia e dos seus fermosos textos. Así que, aquí termino, xa sei que vostede non.Vostede quererá poñer o punto final a este pseudodebate, faga o que queira.

Arevalo dijo...

Señores(as)lo que está pasando en Juárez es terrorismo por parte del crimen organizado. No se puede decir que es como en la Colombia de los tiempos del cartel de Medellín, primero, porque la localización geográfica y la política son distintas: Juárez es una de las ciudades fronterizas más importante del país; segundo, del otro lado de la frontera, en EU, la gente prefiere consumir en México bienes y servicios de todo tipo: médicos, legales, rentas, joyería, ropa, y muchos etc. debido a que en ocasiones son hasta 10 veces más económicos que en EU; tercero, Campañas anti México, por ejemplo: los empleados de ciertos sectores del gobierno de EU tienen expresamente prohibido visitar México,(empleados y familiares) ... Así que hay mucho que investigar acerca de lo que pasa en la frontera norte de México, y no distraerse con casos aislados de violencia aunque sean muy tristes, terribles y que dan miedo. Si quieres que todo eso termine (por lo menos que reduzca a límites "normales") debemos tratar de encontrar el factor origen.

detective crepuscular dijo...

Xa que Kaplan iniciou o debate con 2666 de Roberto Bolaño, poñámoslle ponto final co primeiro dos chistes sobre mulleres que ven na páxina 689 do libro do chileno, fóra das porcentaxes que dá o anónimo (que eu descoñecía) e desta semana tan noxentamente pródiga en "chistes" sobre mulleres contados por homes.

"Un policía decía: ¿cómo es la mujer perfecta? Pues de medio metro para que te llegue exactamente a la cintura, buey, orejona para manejarla con facilidad, con la cabeza plana para tener un lugar donde poner tu cerveza, sin dientes para que no te haga daño en la verga y muy fea para que ningún hijo de puta te la robe." (p.689)

Xa teño dito e repetido que as páxinas de "chistes" e tantas outras non se poden aguantar. Esperemos que o de Valladolid non as lea para non ampliar e perfeccionar o seu noxento repertorio. Violencia machista-mafiosa-criminal que actua coa ideoloxía dos "chistes" sobre mulleres, fóra porcentaxes e outras estatísticas macabras.

Ana Bande dijo...

por fin alguén pon un pouco de humor aquí, ¡grazas detectiveeeeeee! viva Bolaño cagoendiola! jajajajajajaja

Anónimo diferente dijo...

Recoñeza, dona Ana, que perdeu o debate e os papeis.

Ana Bande dijo...

non tal, eu nin o comecei, estiven borde "todolomás", é o máximo ao que se pode aspirar, for the moment, claro, pero as miñas aspiracións están sobradamente cumpridas se suscitei o interese dun par de individuo-as sobre CJ, e estou tan, pero tan maior para plantexarme nada en términos de pérdida/gañancia...os debates deben plantexarse cara a cara, esto é outra cousa, a maioría das veces un púlpito para amosar a nosa retórica que xa non hai quen escoite a un/ha!

Arevalo dijo...

Ana, ¿Qué piensas de lo que comenté?

Ana Bande dijo...

perdona Arévalo, entre había perdido el "hilo" de tu comentario que es justo el tema al que se refería el post. Pienso que la violencia de CJ se da justamente por su fronteriza. Ya sólo por esto implicaría unas condiciones favorables para la conflictividad a largo plazo que implica la necesidad constante de defensa del territorio propio. La frontera, además, queda lejos. Es el lugar ideal para obviar la ley y sortear la autoridad. Es el territorio franco donde se pueden cometer e incluso inventar todo tipo de actividades fuera de la ley. Las actividades ilícitas relacionadas con este intercambio ilegal facilitan la aparicion de individuos (luego mafias, grupos organizados) que a modo de sheriff corruptos, se hacen con el control de estos "mercados". Creo que se trata de eso, una situación de mercadeo ilegal en el que se trafica con todo lo que sea susceptible de compra-venta. Añadámole a esta situación, que es conocida en todos los lugares fronterizos del mundo, que CJ separa los dos extremos. Al norte la riqueza, el dinero. Al sur la materia prima, es decir la pobreza real necesaria para ser consumida como mano de obra (para disimular) que graciosamente su majestad el capitalismo emplea y ayuda con la instalación de sus plantas de producción. Las maquilas son el laboratorio perfecto para ver las consecuencias de una economía que muchos critican por globalizada, pero que yo veo absolutamente focalizada en un punto de poder. Sólo con un vistado al google earth a esa línea podemos hacernos una idea. Y aquí está el interés que debería suscitar CJ para el resto del mundo. Las consecuencias de llevar a los extremos un modo de producción que no contemple un mínimo reparto de la riqueza va a ofrecer siempre el marco adecuado para la violencia extrema.

Ana Bande dijo...

Arévalo,
en Letras Libres hai un articulo muy interesante, es de Inocencio Reyes y se titula Ciudad Juárez: En la orilla del silencio. CLIC

Ana Bande dijo...

ao meu correo chegan comentarios que non vexo que saian aquí publicados, concretamente un de cansendono e outro de anónimo (supoño que anónimo primeiro) que colgo agora. Non me dou por aludida anónimo, o seu é un puro intento de provocación que só consiste en darlle a volta a todo...no seu comentario o único que é certo son as verbas do autor do artigo, onde fala vostede, coma sempre, neste debate, minte, porque non me creo que vostede non sexa quen de entender un texto tan clariño...polo demais recomendo só o que leo e reflexiono, esté eu de acordo ou non co autor, neste caso, por exemplo éralle mais doado criticarme por considerar CJ un caso de laboratorio para analizar a violencia pois o autor está en franca oposición a esa idea, pero ¿que lle vai a vostede na violencia? vostede anda a voltas co meu suposto feminismo...en fin, pena.

Ana Bande dijo...

non teño nin idea de por que non saen os comentarios que colguei de anonimo e cansendono, volvereino intentar

Arevalo dijo...

No te creas que al norte hay tanta riqueza, son como nosotros: hay desde indigentes hasta clase media, clase alta. Y en estos momentos hay una crisis terrible en Norteamearica (creo que también en Europa): desempleo, los sueldos apenas alcanzan, el seguro social se colapsa ante ante el elevado costo de las medicinas y gastos médicos. Entonces en El Paso se acentúa esa crisis por que el comercio local (el de EP) ve como se fugan sus clientes hacia México, ahora, yo estoy seguro de que en Juárez (y en todo México) existen familias con negocios en EP (El Paso) que no están dispuestas a dejar de ganar y promueven: "En México sólo hay mugre, vicios y delincuentes".
No sé si te has fijado que todo lo malo que pasa en Juárez le quieren echar la culpa al gobierno, ya sea el del PRI, ya sea el del PAN...Intereses creados.

Ana Bande dijo...

Arévalo,
el gobierno es el poder, Arévalo. Aunque no sea directamente responsable de la situación, es el que tiene el deber de cuidar, llamésmole así, de sus ciudadanos. De hecho creo que es su único cometido. Todo esto suponiendo, claro está, que contamos con jueces y leyes a la altura de los tempos. Cuando la situación es de extrema violencia y el propio estado a través de sus fuerzas policiales arremeten contra la población civil, como en el caso de los estudiantes, creo que hay una situación que excede las competencias del estado y es la propia población civil la que debe restaurar el orden. Intereses creados siempre los hay. Están los intereses de los narcos y delincuentes por un lado, con un poder extraordinario, y está el interés del gobierno y de los ciudadanos, por otro, que debería ser el mismo. ¿es así? según tu me dices, parece que si, pero Judit y otros medios cuentan otras cosas ¿a que intereses creados crees que responden?

Arevalo dijo...

En el gobierno hay gente corrupta que quiere hacerse del poder porque tienen intereses comerciales. Se llaman cotos de poder. Crean grupos de choque para desestabilizar a esa parte del gobierno que sí está trabajando bien. Estos grupos de choque siembran el caos y este caos alimenta a los medios de comunicación y los medios de comunicación alejan a la opinión pública del meollo del asunto, del verdadero problema, que puede ser cualquier cosa, que con tanto humo no se pueden ver bien las caras de las personas responsables y el fin que realmente persiguen... En el caso de los estudiantes ¿Quién organizó la protesta o marcha, de qué se trataba esta? Si yo fuera padre de alguna de las víctimas me iría sobres los profes: "A ver cabrones, ustedes andan alebrestando a los chavalos con sus ideas sinarquistas, hijos de su pinchi madre" ¿Qué te parece?

Ana Bande dijo...

A ver cabrones, ustedes andan alebrestando a los chavalos con sus ideas anarquistas, hijos de su pinchi madre ¿Qué te parece?

Pero Arévalo!¿hablas en serio? si fueran un padre estarías más cabreado con los profesores por sus ideas anarquistas que contra los corruptos que me acabas de describir que están en el gobierno? seguro que te entendí mal...porque eso de echar la culpa a los profesores por hablar de libertades me recuerda mucho a la más triste de nuestra pobre historia de españa...

Arevalo dijo...

¿Viste el video de Elpidia del estudiante herido? ¿Cómo empezó todo?
¿Contra qué protestaban? ¿Quién organizó? ¿Porqué protestaban precisamente contra federales?¿Porqué estaban ahí los federales? ¿Quién los llamo? Ellos se presentan sólo cuando hay drogas, secuestros o balaceras. Eso es lo que deseamos saber, no que los federales son matones, eso ya lo sabemos, pero insisto ¿Porqué estaban ahí? ¿Fatal casualidad? Sí, como no.

Arevalo dijo...

...Y no todo es blanco o negro, en el gobierno también hay gente responsable y con ética de trabajo, que los corruptos odian y hacen todo lo posible por crucificarlos.
En México estamos bien y no falta libertad... si así fuera, ni siquiera podríamos expresar todo lo que hemos expresado cierto o falso al mundo durante años.