martes, abril 21, 2009
A crise.
sábado, abril 18, 2009
Negación
viernes, abril 17, 2009
xenuflexións literarias un...
martes, abril 07, 2009
semana de paixón...ou as intermitencias da igrexa
Noli me tangere Necrosia cultural Eu tamén son atea Os cartos da igrexa (III) (II) (I) Nosa Señora da Ascención....a motor A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde, ¡aVe mArÍA pURÍsima ! (sic) ¡00001101100111! ¡dremialamorhermoso!, Exposición Arte e Omosessualità...
domingo, marzo 29, 2009
The Reader.
sábado, marzo 28, 2009
I cried for you.
Temazo de Katie Melua e impresionante video que me descobre A.
¡boa fin de semana!
Grazas por lembrarme que nunca vas loitar por min.
(Su Li-zhen)
69.997 visitas?....ei...grazas e o que faga as 70.000 que avise que sempre hai premio.
Bicazo a tódxs
(Su Li-zhen)
69.997 visitas?....ei...grazas e o que faga as 70.000 que avise que sempre hai premio.
Bicazo a tódxs
miércoles, marzo 25, 2009
verbas...verbas...verbas....
Lidas, susurradas, cravadas, debuxadas, escritas, ensarilladas, gravadas, pintadas, penduradas, soñadas, rexeitadas, escritas, tatuadas, inéditas, molladas, cuspidas, adicadas, illadas, inspiradas, excomungadas, deitadas, encriptadas, agochadas, confiscadas, aguilloadas, segredas, premiadas, reservadas, pensadas, rescatadas, esculpidas, cantadas, as irremediablemente perdidas...
Adicado a Lucía T.F. a preciosa rapaza que fixo a foto e que tivo a amabilidade de lembrarme que lla roubei sen permiso.
lunes, marzo 23, 2009
Gran Torino.
viernes, marzo 13, 2009
I´m all right
de súpeto estourou a primaveira
acordaron músculos e tecidos
saíron verbas agochadas nas cavidades fechadas dende o comezo da estación escura
moi a modo o corpo afíxose á caloriña e deixouse facer...
Deixádevos contaxiar pola ledicia da marabillosa Madeleine Peyroux
Boa fin de semana!!!
jueves, marzo 12, 2009
Esperanza Spalding...deliciosa!
Para Alma
Estas deliciosas achegas musicais teño que agradecerllas a Gabriel, unha promesa en moitos eidos da nosa cultura da que teño a sorte de disfrutar a cotío, en pouco tempo será grande, moi grande. Sei o que digo. De momento non deixedes de seguir un dos seus espazos. Que fale Gabriel...
Esta rapaza contrabaixista, cantante e compositora é a "esperanza" para moita xente que estuda un instrumento relegado a un curruncho da orquestra clásica ou a formar parte da base rítmica dalgúns ostinato jazzístico, agás honrosas excepcións (clic e clic). É unha mostra de que os límites están nos instrumentistas non nos instrumentos. Se unha cousa non se fixo ata o de agora, non significa que non se poida facer. O límite é a creatividade e facer unha música honesta con un mesmo, certamente algo complicado hoxe en día.
miércoles, marzo 11, 2009
Slumdog Millionaire
Foto: Establecemento bancario na Illa de Esna, Exipto.
viernes, marzo 06, 2009
Vertixe
Para A. Vertixe, verbas, fabulación, confabulación, apnea, punto e coma, paréntese, silencio, insomnio, alcume, polisemia, catarse, consoante, consoante, vertixe verbal, verbas virtuais, vertixe virtual, conexión, desconexión, rexeitamento, desfalecemento, autofabulación, insomnio, puntos suspensivos, consoante, consoante, consoante, consoante...
Música: BSO do filme Desexando amar de Wong Kar Wai
Fotografía de María Jesús Fariña Busto: "A destrucción de Afrodita"
¡boa fin de semana!
miércoles, marzo 04, 2009
Un bo día
Hoxe foi outro bo día...un puxo música, outro letra e outros máis as verbas e agarimos que desexariamos repartir entre uns cantos...
Ben altos eses altofalantes!!! Grazas a G. pola música e a A. pola letra.
...nas medias horas dunha longa noite debuxou co seu corpo mil formas que non duraban nin un segundo...pola mañá ollando o lenzo recuperou a visión dunha obra que mesturaba formas e cores de modiglianis e moores. En días coma aquel todos se lle achegaban atraídos por unha irresistible forza que os baleiraba de prexuizos e M. sentía case vergonza pola súa felicidade...
PD. E outra alegría...¡¡¡hai actividade na interprais de Rubén Ruibal!!!
lunes, marzo 02, 2009
Escherpolitic
P.D. Como catarse para este día de paixón propoño reflexionar ao abeiro da proposta do señor das lándoas. CLIC.
jueves, febrero 26, 2009
sonoambulando por aí....

Quedei totalmente baleira,a miña pel de porcelana finísima escachaba cando me abanabas. Unha maza de ferro batendo por dentro ata escacharme. Espertei. Agora era unha mestura de fariña e auga entre as túas mans. Afundíasme co teu corpo e o meu encollía a estiraba ao teu gusto. Procuraba versos para escorrentar a dor. Humidade. Fun dous enormes beizos que se chuchaban e se ferían ao pronunciarte. Bico, Vulva. E as contraccións de milenios de evolución concentráronse nun segundo de dor tan intenso que me fixo espertar. Fun texto no borrador dunha conta de gmail, un vertedoiro de paixóns no que se amoreaban verbas que querian morrer co brazo en alto e fun logo un albornoz esfiañado e imprudente que deu conta dunha fidelidade.
Imaxe: Esther Ferrer
miércoles, febrero 25, 2009
Calendario romano
Para P.
Un tal señor Barragán, nonseiqué autoridade de nonseiqué teocracia mediterránea e, por certo, home de singular apelido que non casa moito coas súas castísimas maldicións, di que a revolución sexual, a trivialización do sexo e a separación da procreación do acto sexual, entendido como mero pasatempo, están na orixe da reforma da lei do aborto que nos vai levar a tódolos españoles ao inferno. Creo que preciso confesión urxente porque onde hai incienso eu cheiro xofre, na inocente expresión deste espectacular acólito do noso señor que ilustra o marzo do calendario romano eu só vexo un suxerente aceno que me convida a axeonllarme para suplicar o perdón ao ritmo dunha ladaíña tan eterna como as contas da sotana. Cando as animalias pontifican sobre sexo estouran crucifixos, derrámanse as augas malditas e o balbordo dos milleiros de órganos desafinados espertan meigas e axusticiados de tódolos tempos. E aínda menos mal que probablemente non hai deus...porque se lles ven pedir contas....
Un tal señor Barragán, nonseiqué autoridade de nonseiqué teocracia mediterránea e, por certo, home de singular apelido que non casa moito coas súas castísimas maldicións, di que a revolución sexual, a trivialización do sexo e a separación da procreación do acto sexual, entendido como mero pasatempo, están na orixe da reforma da lei do aborto que nos vai levar a tódolos españoles ao inferno. Creo que preciso confesión urxente porque onde hai incienso eu cheiro xofre, na inocente expresión deste espectacular acólito do noso señor que ilustra o marzo do calendario romano eu só vexo un suxerente aceno que me convida a axeonllarme para suplicar o perdón ao ritmo dunha ladaíña tan eterna como as contas da sotana. Cando as animalias pontifican sobre sexo estouran crucifixos, derrámanse as augas malditas e o balbordo dos milleiros de órganos desafinados espertan meigas e axusticiados de tódolos tempos. E aínda menos mal que probablemente non hai deus...porque se lles ven pedir contas....lunes, febrero 23, 2009
I Scream, You Scream, We All Scream for Ice Cream
Para Lorena
Down by Law de Jarmusch. Imposible esquecer calquera escea. O trío Benigni, Lurie e Waits, atrapoume dende o comezo...¿como non entrar en trance nese percorrido pola Nova Orleáns en b/n baixo a melodía de Jockey full of Bourbon? ¿que me dis princesa? Tres tipos das marxes que coinciden na cadea. Jack, Zack e Roberto. Os tipos duros contra ese exemplar que hoxe quedaría atrapado baixo o omnívoro frikismo. Roberto Benigni, lembroume a aqueles que o apuntaban todo nunha libretiña que sacaban do peto, unha frase, un debuxo, un pensamento, dos que fuxíamos coma do demo. Velaquí esta miña homenaxe a todos eles. Querida L., non sei como Jarmusch non te chamou a tí para Laurette no canto da Ellen Barkin. En canto veñas polos estados do Sul conxugamos ese complicado scream que case provoca unha revolución. ¡¡¡bicazo e feliz aniversario!!!
domingo, febrero 22, 2009
ABB Photo Prize
O bo oficio do fotógrafo non consiste só nunha axeitada sabia combinación de velocidades e aperturas, nen sequera conta, ás veces encuadre, profundidade de campo, enfoque ou a hora do día ou da noite. É cuestión de estar aí nese nano/pico/fempto/atto/zepto/iocto segundo que non se vai repetir nunca, pero no que se van escribir verbas definitivas. Gústanme todas as fotos do antroido pero esta é a raíña do álbum. Como non está miñas mans o Pulitzer velaí queda concedido o ABB Photo Prize para tí, Picho, porque con esta imaxe imposible asinaches dous, tres futuros.
viernes, febrero 20, 2009
Visita de Francisco de Goya y Lucientes á Universidade
¿Faro de Vigo? Non, grazas.
Coa viñeta do señor Quesada do Faro Divino (que diría a amiga R.A.) marco definitivamente este xornal como absolutamente prescindible. É precisamente esa complacencia cos tópicos máis rancios, señores do Faro de Vigo, unha das causas da perpetuación de aptitudes xenófogas, discriminatorias e humillantes para os destinatarios dos seus "chistes". Como muller, agradézolle que de forma tan palmeria amosen os seus prexuizos e falta de sensibilidade. Pura falta de intelixencia, por outra parte, que é tan precisa, para evitar males maiores.
PD. Pero como ninguén do FdV vai ler este bló podedes facerlle chega a vosa opinión directamente aqui: redaccion@farodevigo.es
PD. Pero como ninguén do FdV vai ler este bló podedes facerlle chega a vosa opinión directamente aqui: redaccion@farodevigo.es
Pero....non, este non vai ser o post que o venres de carnaval merece.
viernes, febrero 13, 2009
Take it easy
Non...non vos vou deixar con tan mal sabor de boca...esquecede curas violadores, delincuentes high tech e toda a corrupción e mediocridade que nos abafa...¿quen non ten unha copiña de viño e un camisón branco para dar conta de toda a paixón agochada logo dunha semana de traballo? co máis sinxelo constrúense as mensaxes máis excitantes e os momentos inesquecibles ¿probamos?
¡¡¡FELIZ FIN DE SEMANA!!!
Foto: Chema Madoz
Título do post: Grazas a T.C. foi a mellor recomendación do día.
E a ti...¿que é o que che fai vomitar?
Foto: Graffiti nas rúas de Pontevedra
Non atopo unha imaxe máis acaída para explicar o sentimento de absoluto desprezo que me provocan os insultantes rostros de satisfacción do señor Botín ou do portavoz da Conferencia Episcopal cando nos cuspen á cara o ritmo de crecemento das súas contas....e como en tempos de crise aínda hai menos tempo para ser crítico, contan ademais cunha sociedade totalmente apática e indolente que non protesta aínda que lle veña o papa disfrazado de Drácula a fincarlle os dentes no pescozo.
Protocolariamente los obispos reciben el tratamiento de ministros y aunque su salario es de 126.000 pesetas mensuales y pueden jactarse de cobrar menos que un obrero de la construcción, no obstante, disponen de media anual de 7,5 millones de pesetas y bajo la supervisión del vaticano administran en sus diócesis cientos de millones y en algunos casos miles de millones, como ocurre en la Archidiócesis de Madrid. (Fuente: Sánches Soler, Mariano. Las sotanas del PP: El pacto entre la iglesia en la derecha española. Temas de Hoy, 2002, p. 33)
miércoles, febrero 11, 2009
Milena deconstruida
Picasso: Muller deconstruidaPara V. ou C.
Fíxoseme raro que o seu nome non coincidise co que figuraba na súa tarxeta de lectora, é que nunca me atopei cómoda nunha Isabel, claro, Milena é moito máis bonito, imaxino que non o elixiches ao chou, non, claro, foi unha elección difícil que me levou anos, ata que por fin atopei o rastro desa muller nun libro de... ¿Muñoz Molina?, poder ser, en Sefarad fala dalgunhas mulleres que sufriron a violencia dos campos de concentración, Margaret Bauer-Newman e Milena Jesenska, si, pode ser, da gusto falar contigo, semella que tes lido todos os libros da biblioteca, que máis quixera, non, nin moito menos, da sección de cogomelos e peixes de Galicia non teño nin idea. Os seus ollos pequechos deitáronse suavemente nun sorriso tan doce que axiña a imaxinei cando aínda era feliz, se cadra, había vintecinco ou trinta anos. ¿cantas cousas máis terías cambiado ademáis do nome? Eu tamén quixen cambiar o meu nome cando nena, mais os cambios que me permitía non ían máis aló de lixeiras variantes, gustábame sobre todo anuska, e mira que porfiei durante anos en presentarme así, non houbo xeito, tiven que seguir aturando aquel anamaría que sempre me lembrara unha situación de dependencia, unha minoría de edade permanente da que non sería doado saír se non se tiña afouteza abondo para rachar unha porta de aceiro. Afouteza, precisamente, era o que eu non tiña, unha choromicas que adoitaba durmir coas orellas tapadas por... Mudar o teu propio nome ¡que marabilloso acto de rebeldía contra todo! Unha verdadeira toma de conciencia, coller con decisión as rendas da túa propia vida desfacéndose de engadidos alleos. Se unha nena sente na súa infancia esa urxencia de ser ela mesma hai moitas posibilidades de que chegue a ser unha muller segura de si mesma e polo tanto razoadamente feliz. Os ollos de Milena non falaban de ledicia. Agochaban unha tristura engulida nunha soidade demasiado longa. As bágoas compartidas adoitan convivir con sorrisos reparadores mais fora moito tempo amoreando humidade e cumpriría que en adiante os anos só tivesen unha estación para que a caloriña dun aloumiño lentísimo desifixese as bágoas xeadas que lle fincaran cravadas na pel.
jueves, febrero 05, 2009
Ao xeito de Vailima....
Foto: Feria Puro Arte, Vigo 2006
Mellor con música de VETUSTA MORLA....
Bendito el que viene en nombre del señor!
Imaxe: Feria Puro Arte Vigo 2009
De cando en vez convén revisar a hemeroteca....OLLO! ESTA INFORMACIÓN PODE FERIR A PERSOAS SENSIBLES! (grazas P.)
miércoles, febrero 04, 2009
A ola

Tódolxs profesorxs van empregar este filme nas súas clases. Semella un material extraordinario para explicar o perigoso e doado da manipulación ideológica dun grupo. E un filme salientable non tanto pola súa calidade estética como pola oportunidade do seu contido. Logo da IIGM e dos totalitarismos o cine xa se ocupou abondo de procurar explicacións para achegarse á comprensión de fenómenos tan aterradores coma o holocausto. Sen dúbida hai material abondo para profundar no estudo de dictaduras, corrupcións, xenocidios e en definitiva o angazo da banalidade do mal que extermina e mata sen entender de culturas e/ou desenvolvemento. Desde este ángulo, a autocracia que se examina no filme, é un máis dos modelos dentro du panorama moi variado no que ideoloxías, crenzas, nacionalidades, riqueza só proporcionan matices a un cadro casi idéntico onde se poden recoñecer os mesmos elementos nos que a intransixencia, fruto da incultura máis degradante como da máis sublime das civilizacións, da pé a actuacións que levan sempre ao exterminio do outro. Así pois, semellan casi idénticos cazas de bruxas, auto
s de fe, inquisicións, holocaustos, o xenocidio armenio, o congoleño, o paraguayo e o actual exterminio que estamos a presenciar en Gaza. As explicacións do terror no pasado goza de moito máis interese que o estudo e análise e ata diría a sensibilización con fenómenos semellantes que ocorren hoxe mesmo. O filme é un material didáctico interesante, sen dúbida, e os docentes que o van destripar nas súas aulas decataránse, para ben, do enorme poder que teñen dende o seu papel de docentes e polo tanto de líderes. Neste punto paréceme máis interesante o debate, nesta toma de conciencia da importancia do seu papel na "dirección da obra".
s de fe, inquisicións, holocaustos, o xenocidio armenio, o congoleño, o paraguayo e o actual exterminio que estamos a presenciar en Gaza. As explicacións do terror no pasado goza de moito máis interese que o estudo e análise e ata diría a sensibilización con fenómenos semellantes que ocorren hoxe mesmo. O filme é un material didáctico interesante, sen dúbida, e os docentes que o van destripar nas súas aulas decataránse, para ben, do enorme poder que teñen dende o seu papel de docentes e polo tanto de líderes. Neste punto paréceme máis interesante o debate, nesta toma de conciencia da importancia do seu papel na "dirección da obra". PD. banda sonora
martes, febrero 03, 2009
Volubilidade
domingo, febrero 01, 2009
Por que cremos en cousas raras
Máis información: Eduard Punset. ¿aínda crendo en cousas raras?
viernes, enero 30, 2009
Cordovani
lunes, enero 26, 2009
As vascas da marea.
Foto: O que queda de Samil.24.01.09
jueves, enero 22, 2009
Inmovirxinianismo
Inmune, vexetal, fume, inmortal, contaminación, lume, can, tigre, xenital, vertedoiro, brasil, xeonllo, trompetista, traficante, malabarista, cantante, retórico, futbolista, trompetista, sfumato, samba, Cicerón, ¿sería o viño?, novaorleáns, florianópolis, ¿serían as ñoras?....
[quen non entenda que disimule]
miércoles, enero 21, 2009
Malavita.
Imprescindible escoitar o Wake up this morning de A3
martes, enero 20, 2009
A arte mata...
é política. Velaí os xigantes baleiros do efecto Guggenhein que o noso goberno importou con tódalas consecuencias. De coñecer a historia do noso Gaiás, Benacquista non ambientaría a súa historia en París. A arte contemporánea mudou completamente de linguaxe, ¿a quen lle importa o que é o índigo, a cera fría, a punta seca ou o estofado? A neolingua do capital abonda para entendérmonos. Cotización, subasta, valores en alza, falsificación, exportación, expolio...unha pasta de primeira para o xénero negro. A impostura que a cotío inspira a curadores, artistas, galeristas, críticos, revistas especializadas, directores de museos e a todo o que toca a creación artística máis moderna foi xa tema daquela Cabeza de plástico de Vidal Folch. O tema do "todo vale" trócase nun problema a vida ou morte entre aquel todopoderoso director de museo Cees Wagner e o artista-provocador Kasperle. Dúas boas lecturas para decatármonos do que verdadeiramente debería aparecer nos catálogos das exposicións.martes, enero 13, 2009
Las cuentas de la Iglesia, Pedro Bouso Cedrón.
El cuento de Bocaccio en el que un hereje se había convertido al catolicismo después de visitar Roma y descubrir el grado de corrupción en la Iglesia, “pues si la Iglesia de Roma no estuviese regida por el Espíritu Santo no hubiese podido sobrevivir a tanta iniquidad”, es aplicable a la faceta económico-financiera de la Iglesia actual en la que el Espíritu Santo parece inspirar a magníficos pensadores económicos que dejan muy en pañales a los ilustres sabios de la economía mundial. Podemos hacer un pequeño repaso del potencial económico-financiero de la Iglesia al amparo de los acuerdos con la Santa Sede de 1979 a 1987, por los que con cargo a los Presupuestos Generales del Estado la Iglesia ha recibido 510,22 millones de euros -fuente el Ministerio de Hacienda-. Son estas transferencias prorrogadas, hasta finales de 2005 y pendientes de revisión, las que están sembrando en la jerarquía eclesiástica cierto nerviosismo. Pero todo indica que la Iglesia puede estar tranquila ya que José Luis Rodríguez Zapatero pretende mantener inalteradas las líneas maestras de la relación Estado-Iglesia Católica; recordemos loque ha manifestado: “La fe no se legisla”. La fe no se legisla, pero los impuestos de todos los españoles sí. Yse seguirá financiando, a pesar de la llamada de atención, por la exención del IVA a la Iglesia Católica de la Comisión Europea. Distintas encuestas coinciden en que alrededor del 70 por ciento de la población sostiene que la Iglesia no debe depender de los fondos públicos a través de la Ley de los Presupuestos Generales del Estado, pero la Iglesia militante no opina lo mismo, ya que tendría muchas dificultades para poder sobrevivir financieramente sin estas ayudas. ¿Cómo sobrevivirán los 2.000grupos evangélicos y la comunidad islámica de más de 700.000 personas? Con este panorama, la Iglesia debería adquirir autonomía financiera mediante una mejor gestión de sus bienes, ya que sus fuentes de ingresos son muchas y muy variadas. Atítulo de ejemplo, mediante el método del “cepillo fiscal” la Iglesia está exenta de los impuestos sobre sucesiones y donaciones,transmisiones patrimoniales y actos jurídicos documentados (licencias de obras, bienes de personas jurídicas, bienes inmuebles, sociedades, etc.), sobre terrenos edificables, sobre incremento del valor del suelo; es decir, del IVA. Por la vía de las ONG confesionales también recibe la Iglesia numerosas aportaciones -Manos Unidas 19,6 millones de euros, CODESPA (Opus Dei) 17,2 millones de euros, y FERE (Federación Española de Religiosos dela Enseñanza) 17 millones de euros- y así hasta un total de 26 entidades, mientras las fundaciones, aportaciones privadas y herencias son los tres misterios gloriosos sin resolver. Y por si fuera poco, el Concordato supuestamentele permite colocar fondos en el extranjero sin ninguna restricción (caso Gescartera). La posesión en tierra de la Iglesia tan sólo es superada por la del Estado y su capital inmobiliario se estima en más de 100.000 propiedades (sólo en Madrid más de 5.000 edificios). La política del Estado permite al episcopado utilizar libremente las asignaciones que recibe mientras que las otras confesiones minoritarias han de canalizar sus fondos -3 millones de euros- hacia proyectos de carácter cultural, educativo o de integración social bajo control est
atal. Paradójicamente, la Iglesia dice sentirse perseguida y moviliza a sus bases articulando duras campañas (matrimonios homosexuales, células madre, reforma de la ley de divorcio,...) intentando hacer ver a sus seguidores que hay un intento de debilitarla por parte del Gobierno del PSOE. Ni González ni Aznar intentaron poner fin al “sistema transitorio” de financiación que vencía en 1990. Tampoco Zapatero tiene intención de hacerlo; recordemos sus aún recientes declaraciones: “La revisión global de los acuerdos con la Santa Sede no figura en las prioridades del Gobierno”. Nada al respecto figura ni en el discurso de investidura ni en el programa electoral. La Iglesia puede estar tranquila, seguirá mantenida por el Estado. Altar y trono están íntimamente relacionados por lazos financieros, y eso para la Iglesia es lo verdaderamente importante.❑ Pedro Bouso Cedrón es profesor de EconomíaAplicada en la Universidad de Vigo.
Imaxe: Portelo na entrada na catedral de Almería. Verán 2006.
Imaxe: Portelo na entrada na catedral de Almería. Verán 2006.
lunes, enero 12, 2009
Gaza under the rain.
Young Abdel Mahdi (Shahmay) was only 18 years old,He was the youngest of nine children, never spent a night away from home.And his mother held his photograph, opening the New York Times To see the killing has intensified along the road to peace There was a tall, thin boy with a whispy moustache disguised as an orthodox Jew On a crowded bus in Jerusalem, some had survived World War Two And the thunderous explosion blew out windows 200 yards away With more retribution and seventeen dead along the road to peace Now at King George Ave and Jaffa Road passengers boarded bus 14a In the aisle next to the driver Abdel Mahdi (Shahmay)And the last thing that he said on earth is "God is great and God is good" And he blew them all to kingdom come upon the road to peace Now in response to this another kiss of death was visited upon Yasser Taha, Israel says is an Hamas senior militant And Israel sent four choppers in, flames engulfed, tears wide open And it killed his wife and his three year old child leaving only blackened skeletons It's found his toddlers bottle and a pair of small shoes and they waved them in front of the cameras But Israel says they did not know that his wife and child were in the car There are roadblocks everywhere and only suffering on TV Neither side will ever give up their smallest right along the road to peaceIsrael launched it's latest campaign against Hamas on Tuesday Two days later Hamas shot back and killed five Israeli soldiers So thousands dead and wounded on both sides most of them middle eastern civilians They fill the children full of hate to fight an old man's war and die upon the road to peace "And this is our land we will fight with all our force" say the Palastinians and the Jews Each side will cut off the hand of anyone who tries to stop the resistance If the right eye offends thee then you must pluck it out And Mahmoud Abbas said Sharon had been lost out along the road to peace Once Kissinger said "we have no friends, America only has interests" Now our president wants to be seen as a hero and he's hungry for re-election But Bush is reluctant to risk his future in the fear of his political failures So he plays chess at his desk and poses for the press 10,000 miles from the road to peace In the video that they found at the home of Abdel Mahdi (Shahmay) He held a Kalashnikov rifle and he spoke with a voice like a boy He was an excellent student, he studied so hard, it was as if he had a future He told his mother that he had a test that day out along the road to peace The fundamentalist killing on both sides is standing in the path of peace But tell me why are we arming the Israeli army with guns and tanks and bullets? And if God is great and God is good why can't he change the hearts of men? Well maybe God himself is lost and needs help Maybe God himself he needs all of our help Maybe God himself is lost and needs help He's out upon the road to peace Well maybe God himself is lost and needs help Maybe God himself he needs all of our help And he's lost upon the road to peace And he's lost upon the road to peace
PD. As bombas de Mazen son no Líbano mais as de Gaza deben soar igualiño.
domingo, enero 04, 2009
El harén de occidente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


