domingo, agosto 13, 2006
ARDE GALICIA: Xogo das diferencias
Eu, así de pronto, vexo algunha direfencia entre estas dúas fotografías:
1. Na da arriba non hai aire, só lume e o home ten unha expresión de angustia ante a situación, na de abaixo o home está como regando o seu xardín, pode ver e respirar con tranquilidade.
2. Ao home de arriba fáltanlle mans para traballar, o de abaixo só traballa con unha, a outra sostén a mangueira para que quede mellor a foto.
3. Os dos levan camisa branca e pantalón oscuro...si pero...mirade cómo lle acae a roupa a cada un...
4. O de arriba leva una máscara de protección, o outro non a precisa, é máis novo e non precisa destas trapalladas, ¡manda carallo!
5. Agora pensade no fotógrafo, que tamén existe, e na relación cos homes, é dicir, a situación na que se desenvolven. Arriba o home escapa, corre despavorido, sáese case da foto porque o que menos lle importa a este home e ser retratado, posiblemente se se dese conta da existencia do fotógrafo lle diría ¿que fas ahí? !aparta joder! ¡corre, corre!, ou algo así. Na dereita (...perdón, teño unha dor de barriga tremenda cada vez que o miro) o home non mira á camara pero seguro que lle está dicindo así baixiño, ¿estou ben así?, ¡que salga ven o fume!, aquí o fotógrafo non estorba, forma parte da parafernalia.
Podedes seguir vos?...eu vou vomitar un pouco.
Se non atopades diferencias podedes seguir tranquilamente tomando o sol, buscar similitudes entre esas fotos ou podedes seguir crendo todo o que din os periódicos e a televisión, incluso o do frustrado intento de atentado macroterrorista que ía acabar con millóns de milleiros de persoas...Ata pronto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
moita razon tes. Son as diferencias entre esas duas imaxens as que mellor informan...
Unicamente es una interpretación tendenciosa. No chega a la raíz del problema. Léase unos comentarios vertidos en el blog de Arcadi Espada. Sobre todo fíjese en la fecha de publicación. Creo que se titula "Cortina de humo". Que le aproveche
Penso que atopei outra diferenza: aínda que os dous incendios son provocados... ¿será similar a súa procedencia?. Umm, ¿ou quizais esta sexa unha semellanza?
Publicar un comentario