viernes, marzo 23, 2007

Antídoto contra eurocentristas convencidos.

Hobson, John M. Los orígenes orientales de la civilización de occidente. Barcelona, Crítica, 2006.
Non é nada novo o chauvinismo que nos caracteriza aos occidentais e a fachenda que nos fai pensar que o noso nivel de desenvolvemento é claramente superior a calquera outra forma de vida neste cada vez menos variado mundo. Ao fío do interesante debate que mantivemos estes días adico este post a un dos grandes do blogomillo. Señor de la highway61, é vostede un grande "conversador". Aínda que non coincido coas súas posturas é unha ledicia ler os seus comentarios e argumentos porque denotan un interese profundo en cuestións tan transcendentes como a tolerancia e o respeto ao "outro". Este libro tiña que ser de lectura obrigada porque constitúe unha investigación documentadísima que desfai totalmente unha grande impostura histórica: a consideración diso que chamamos occidente como o berce da civilización superior. En realidade o progreso desta parte do mundo acadouse, xa o sabiamos, pola vía do imperialismo a a apropiación dos recursos dos outros. Nesta obra revísanse moitos mitos que hoxe son tan intocables como os himnos e as bandeiras: o mito do milagro industrial europeo, o mito dos descubrimentos, o lado oscuro da industrialización británica, o mito do estado liberal-democrático racional de Occidente, en fin, un plantexamento ambicioso pero non novo. Hai outros que moito antes trataron de abrirnos os ollos pero que permanecen ben agachados nos anaqueis das nosas bibliotecas, non son lecturas obrigatorias, nin sequera recomendadas porque tiran a dar e iso de ir por aí "desfaciendo entuertos" semella que é mellor deixalo para trasnoitados e anacrónicos cabaleiros. Estou pensando concretamente na obra de Blanco White, un perfecto descoñecido que xa hai douscentos anos criticaba o atraso do noso país, as corridas de toros, facía crítica literaria e sentía verdadeira repugnacia polo fanatismo dos católicos. Unha rara avis da que algún día, quizais cando mude o sentido da rotación da Terra, nos lembraremos con orgullo.
Hobson, John M. "Los orígenes orientales de la civilización de occidente". Barcelona, Crítica, 2006.

11 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu son un deses eurocentristas convencidos. Só un eurocentrista convencido pode defender teses coma as que ti presentas. Só desde occidente é posible a crítica de occidente.
Eu dixen noutros posts que o concepto de civilización progresista non se debe encadrar en ningún territorio: é un ideal que debemos buscar constantemente, co exercicio da crítica. Non estou conforme co estado de cousas no que vivo: quero máis libertade, máis prosperidade e quero máis igualdade. Ollo: para todo o mundo. Todo. Non para o meu solamente. Porque concibo unha civilización con eses valores. Para alcanzar ese nivel debemos aínda mellorar moitísimo, pero o mundo de Occidente está máis perto ca outros. E todas esas cuestións que plantexas sobre o imperialismo, colonialismo, escravitude, opresión, racismo, de obvias, nin se discuten. O Occidente non é, nin moito menos, un paraíso.
Pero volvo decir que me gustaría que en outros lugares do mundo puidera haber un nivel (e calidade) de vida como en Europa. Eso é o que me gustaría.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esquecín unha pequena pregunta: onde se está a vivir, no mundo, mellor que aquí, en Europa? Despois de decenas de millóns de mortos e sangue desde os tempos máis remotos. E perdón, cara Ana, pola barrila.

Ana Bande dijo...

Estou dacordo con casi todo pero non podo ser eurocentrista, porque iso implica xa de por sí un posicionamento fronte aos que non o son, e non vexo por qué temos que seguir coa teima do maniqueísmo de sempre, iso solo leva a enfrontamentos. O que ti defendes, a liberdade para todo o mundo, a prosperidade, etc, etc, tamén o defenden os do outro lado, o caso é que deles só coñecemos unha parte, a oscura, os burkas, por exemplo, pero estou segura que do outro lado hai unhas culturas que levan moitos séculos máis que nós pensando e argallando ideas e teorías que hoxe levan o "made in Europa" porque llas roubamos, así de simple. O que somos hoxe os europeos, o que pensamos críticamente (...quedamos pouquísimos por certo)estudiamos polos mesmos eivados e tolleitos libros, limos eses discursos prefabricados que nos ensinaron que nós, directos herdeiros da cultura grecolatina, eramos o máis elevado...dos árabes, por exemplo, ¿quén coñece algún nome que non lle soe a terrorista? ¿alguén se preocupa de ensinar e divulgar a súa enorme contribución ás ciencias e ao pensamento? ¿que sabemos dos chineses? ¿alguén sabe que xa no século VI tiñas unha agricultura comparable á Europea do XIX? ¿quén inventou en realidade o arado de vertedeira?...parecen cuestións intranscendentes pero non o son. O respeto ao outro ten moito que ver co coñecemento que temos del, ben o sabemos. ¿por qué nos empeñamos en pensar que os outros teñen que ver a felicidade nunha cartilla da seguridade social, señor de la highway?...aínda hai pouco escoitei que no resultado dunha enquisa mundial sobre o nivel de felicidade non figuraban os países superdesenvolvidos nos primeiros postos. Non quero burkas, pero tampouco monxas de clausura, danme un terrexío...! non quero ablacións de clítoris pero tampouco que lle chamen liberación da muller a traballar 14 horas fóra y 10 na casa...e os tópicos contribúen moito a perpetuar valores inxustos e caducos. Hai pouco unha compañeira que viaxou a Marrocos perdeuse pola noite e cansada de andar botouse preto dunha tenda de campaña, pola mañá estaba rodeada de homes durmindo que a tiñas tapadiña cunha manta e ben protexida do frío. Moitos non o creerían, Arume.

Ana Bande dijo...

Carísimo Arume, esa pregunta, con perdón, simplemente non me podo crer que me faga vostede esa pregunta ¿que onde se pode vivir mellor? ¿de verdade que ten vostede asociada biunívocamente (teoría dos conxuntos de Venn, vaia volta ao pasado...) a felicidade cun territorio. Por favor, ¿e que quere dicir con eso de decenas de millóns de mortos? ¿e que pensa vostede que estamos nunha situación de felicidade idílica como premio polas guerras pasadas? ...Estou lembrando a Primo Levi, por exemplo, gustaríalle saber que o seu sufrimento tiña ao final un sentido...non, as mortes non serviron para nada...para nada. Como ven dixo o grande Kapuscinsky, as guerras son sempre por unhas vinganzas pasadas das que non temos nin a máis remota idea...e eso repetirase durante milleiros de anos. Vostede non me da a barrila, ao contrario, é un pracer para min ter estes debates. Agora si me perdoa vou escoitar esa musiquiña que puxo no seu blog, que é venres.

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Hola, soy Viviana Pozzo del reggaerasta blog. http://blog.libero.it/alternativi/ Me hace mucho placer recibir tu msj en mi blog. NO TAV significa NO Treni Alta Velocità, aquì en Italia un poco de personas quieren hacer un tren pa las montanas italiana y otras partes en maniera nociva.pa major informaciòn escribe no tav en Google.veràs que muchas gentes ha escribido este. busca su wiki pedia el significato. para otras informaciòn escribe en mi blog o a mi correo que es vivian_pv@libero.it tengo tambièn contacto msn: vivianpv@hotmail.it Hasta Luego, Viviana Un Beso

Anónimo dijo...

Dear Ana
Por un intre pensei que con "un dos grandes do blogomillo" estábaste a referir a mín. Menos mal que falabas de do Sr. Candelas. Libereime, pódesme crer, dunha carga coa que non podería. De feito, inda me tremen as pernas só de pensalo. Supoño que as aposicións "interese profundo"/De la Highway 61 e "cuestións trascendentes"/idem son pura retranca. Se non, estás caindo nunha contradictio evidente.
Saiba tamén que o asunto do que falamos fíxoseme moi grande tamén hai un bo rato e vou canso de aguantar del. Cando comentei a tumba aberta o pos de Arume só pretendía posicionarme contra o que para mín segue a ser un dos ataques máis duros e crueis contra un ser humano: a imposición do burka.
Non coñezo (nunca enganei a ninguén: pode atopar a miña frase preferida "son un ignorante" nunha morea de comentarios polo blogomillo adiante) o libro que propón pero semella que non é moi novedoso.
Por exemplo, nos libros de historia de calquera bachiller dise que o berce da cultura occidental está no Próximo Oriente (Mesopotamia, Asia Menor), África (Exipto) e Europa Oriental (Grecia). Se ben Persia e China fican moi lonxe, tampouco se ignora neses libros o nivel cultural, político e económico acadado por esas civilizacións e as súas aportacións.
Tamén neses libros queda ben clara a relación íntima entre a explotación dos outros (nativos e non nativos) e o desenvolvemento industrial e económico do Occidente.
Calificas os himnos e bandeiras como mitos intocables hoxe en día: me cago nos himnos e nas bandeiras.
E Ana, de verdade non atopaches a ninguén que critique o atraso do noso país, as corridas (con perdón) de touros e o fanatismo católico que tiveches que ir a buscar a Blanco-White? Home, muller...

Ana Bande dijo...

Dear friend de la highway61...agradezo as súas verbas pero decátome de que este sistema de comunicacion xa non da para máis se queremos ter un debate serio porque vexo que o que eu digo non é nin remotamente o que vostede entende. Tería que repetir case punto por punto e xa imos un pouco cansos ¿ou non? aínda así non podo deixar de decirlle que nos nosos libros de historia, e moitísimo máis nos de hoxe (grande tema este tamén...) non se nos aprenderon moitísimas cousas que sería imprescindibles para acadar un mínimo nivel de coñecemento do que hoxe se da en chamar o OUTRO. ¿ou lembra vostede ter estudado algo da India que non fose a división en castas? ¿e da cultura árabe quitando Averroes? xa non digamos de Africa, que así, por Real Decreto non pinta nadiña no relato da historia universal...e logo de Blanco White só quería poñelo como exemplo de un grande intelectual español que xá no XVIII falaba de temas que aínda hoxe non están superados como a catequesis, a relixión na escola, os touros, etc...certamente había camiños que se iniciaron hai tempo en España que nos levarían a outros destinos ben diferentes. Apertas. E no blogomillo si que o considero a vostede un dos grandes, dende logo, aínda que non estemos nunca de acordo.

Ana Bande dijo...

Dear friend de la highway61...agradezo as súas verbas pero decátome de que este sistema de comunicacion xa non da para máis se queremos ter un debate serio porque vexo que o que eu digo non é nin remotamente o que vostede entende. Tería que repetir case punto por punto e xa imos un pouco cansos ¿ou non? aínda así non podo deixar de decirlle que nos nosos libros de historia, e moitísimo máis nos de hoxe (grande tema este tamén...) non se nos aprenderon moitísimas cousas que sería imprescindibles para acadar un mínimo nivel de coñecemento do que hoxe se da en chamar o OUTRO. ¿ou lembra vostede ter estudado algo da India que non fose a división en castas? ¿e da cultura árabe quitando Averroes? xa non digamos de Africa, que así, por Real Decreto non pinta nadiña no relato da historia universal...e logo de Blanco White só quería poñelo como exemplo de un grande intelectual español que xá no XVIII falaba de temas que aínda hoxe non están superados como a catequesis, a relixión na escola, os touros, etc...certamente había camiños que se iniciaron hai tempo en España que nos levarían a outros destinos ben diferentes. Apertas. E no blogomillo si que o considero a vostede un dos grandes, dende logo, aínda que non estemos nunca de acordo.

Anónimo dijo...

Ola de novo
Non fai falla que repitas os comentarios dúas veces, que falseas as estatísticas.
Efectivamente o asunto este non dá para máis, e se comentei o teu pos foi porque tiveche a amabilidade de citarme. Hai cousas que precisan dun cara a cara (ou dun cheek-to-cheek, pero ese é outro asunto)
E seguro que estamos máis de acordo do que pensas e en máis cousas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Todo o que dis das culturas árabes e orientais, dende a Idade Media en diante, é coñecido e é certo. Pero creo que iso non é incompatible con recoñecer os valores culturais do Occidente no que vivimos, con todos os seus defectos, que por suposto son moitos. Ademais, no "eurocentrismo" hai mesmo capacidade para a autocrítica: véxase o debate que está a ter lugar no Reino Unido sobre o escravismo e cousas semellantes. Fixemos, os europeos, moitos horrores, por suposto que si. Pero hoxe podemos aportar doses sensatas de paz e racionalidade. Sen renunciar ós nosos valores.