viernes, marzo 30, 2007

A Pita Tola (o bar da LoLó)


Estes días estou tratando de reconciliarme con esta cidade na que xa levo demasiado tempo como para ir desfacendo as maletas. Na procura deses locais para anotar na axenda e levar aos amigos atopei un tesouro, a Pita Tola. Pero o importante non é a taberna, que tamén, senón a LoLó, a taberneira, unha vella coñecida dos meus tempos de troula en Ourense á que tódolos seus clientes adorabamos. Ver á Loló, aquí en Vigo, facendo o caldo cun turbante a xeito de pirata, escoitar outra vez a súa preciosa voz rota e deixarme escrutar pola súa fermosísima mirada lembroume as mellores horas dunha etapa da miña vida. De súpeto apareceron as imaxes do Rataplán, un dos primeiros pubs de Ourense e tódalas esmorgas que tiven a sorte de disfrutar alí, e toda a xente que aínda hoxe son os mellores amigos e aínda máis. Vaia este post por ti, Loló, prometo facerche unha visita cando menos semanal.

Ogallá esta mensaxe chegue a moitos dos vellos coñecidos que poida que anden ciscados tamén por Vigo, agora xa temos unha boa disculpa para vernos de cando en vez.

11 comentarios:

Ra dijo...

El azar también pone huevos de vez en cuando, Ana.
Bico!

Anónimo dijo...

Vigo é a ostia. Hai que crear a grande cidade galega. E esta ten todos os boletos. Gracias pola referencia.

R.R. dijo...

¡Ah, os bares! Tiña aí atrás un artigo Manuel Rivas sobre Librerías e Tabernas en Galicia que me espertou esta mesma nostalxia. No meu caso os lugares emblemáticos que se manteñen flotando no recordo están case todos en Compostela, e cambiaron tanto que se os menciono vou dar unha idea distinta do divertidísimo principio dos noventa nesa cidade na que estabamos 30.000 estudiantes cada ano...

Por certo, nos últimos anos de copas por Coruña (debe haber como cinco ou seis) había un lugar que me trae moi bos recordos. Alí había moito máis ruído que nos bares, non había caldo, e non era nada familiar: chamábase, do nome vén a relación co post, o Tatraplán e teño pasado alí moi bos momentos; aínda que lembro todo con dificultades, por que será? Foilles tan ben co que alí tragabamos que ata montaron o Tatrabis!!

Bicos.

Ana Bande dijo...

Ra,
Este foi un ovo de ouro.
Arume,
Xa sei onde imos tomar unha caña con Rubén.
RR,
Ven preparado rapas, estamos actualizando a guía do Ocio de Vigo só para ti.
Resto da blogoleira,
¡TODOS CONVIDADOS, PAGA RUBÉN!

Moralla dijo...

que foto máis simpática! cando era nena, sempre me engaiolaban os pitiños que vía nas feiras da miña aldea.
(comparto o que me comentaches do catálogo da expo de fotos do IVAM, que conste que non o sabía)
Un bico
Yoli ;-)

bouzafria dijo...

Existía un sitio na zona vella de Ourense que tamén era "A pita tola", de magníficas tortillas e que dicían era rexentado por un actor, agora famoso. Era Ourense un lugar interesante para saír nas noites de verán.
Falo en pasado pero non sei se é correcto porque ao mellor aínda existe iso na actualidade.

Ana Bande dijo...

Efectivamente, era a tortillería de Sergio Pazos &Cia. Facían tortillas de grelos, chourizos, cardos, etc. e tiñan uns nomes moi curiosos, eu lembro que case sempre pedía unha que se chamaba Lola.

Andrederabal dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Andrederabal dijo...

Grazas Ana, por nombrarme, por visitarme e por e escribirme. Onte, antes do partido Celta-Madrid, pasamos pola zona da Pedra, a Pita de Vigo estaba cerrada, outro día que vaiamos a Vigo, visitarémola. Nun Nadal, leváronme meus pais velo belén de Arturo Baltar na Praza de San Cosme,en Ourese , e comentáronme o da Pita Tola de Ourense, a do patillas de Platos Combinados e do reporteiro CQC.O nome seica era tan cachondo como local, seica había un confesionario destes cerrados cun teléfono dentro del.

Ana Bande dijo...

André,
Todo o que che contaron teus pais é certo, efectivamente, acábasme de lembrar o do confesionario que facía de cabina telefónica. Hei procurar algunha foto da Pita Tola de Ourense para que vexas.

Unknown dijo...

Olá Ana. Na procura con míster google de calqueira cousa chamada "A pita tola" atopei o teu blog e me encanta, claro, porque se nota que o mantés ó día con tempo e agarimo.
Así descubrín que igual que a morta pita tola de Ourense, agora hai unha viva en Vigo, bueno, agora pero non sei dende cando.
Pois o tema saíu por unha entrevista de Sergio Pazos, o piteiro toleiro de Ourense, na que lembra precisamente os seus tempos de cociñeiro naquel local. E se mo permites, aí envío o enlace para quen poida interesar.
A entrevista está a dereita, debaixo do mapa de eventos, para poder leela completa.
galiciagastronomica.galiciae.com/