Un texto dunha beleza e profundidade case insoportables...só tendes que ler o comezo para decatarvos do que digo, e así as restantes cento dúas páxinas.
Levo trinta e cinco anos traballando con papel vello, e esta é a miña "love story". Trinta e cinco anos prensando libros e papel vello, trinta e cinco anos enzoufándome con letras, de xeito que semello unha enciclopedia, unha máis das moitas que levo prensado en todo este tempo, polo menos tres toneladas, veño sendo coma unha xerra chea de auga viva e morta, abonda con que me incline un pouco e xa rebordan os máis fermosos pensamentos, fíxenme culto sen querelo, de xeito que xa nin sei que ideas xurdiron de min e son verdadeiramente miñas e cales lin nalgún libro, de feito o que acontece é que durante estes trinta e cinco anos fusioneime co mundo que me rodea, porque cando eu leo, a verdade é que non leo, senón que petisco co bico unha fermosa frase e métoa na boca, zugo nela coma se fose un caramelo, sórboa coma unha copiña de licor e chúcha coa lingua ata que se disolve nela coma o alcol, e unha vez disolta chega un momento no que non só me alcanza o corazón e cerebro, senón que circula polas miñas veas ata as raíces mesmas dos vasos sanguíneos. (...)
Esta foi unha lectura recomendada por Rubén. Grazas pois a él e a Rinoceronte que segue a facer traducións de calidade da mellor literatura. Aínda estou moi impresionada coa lectura deste texto que unha acaba lendo como...(ver o texto arriba en negriña).
Sobre Bohumil Hrabal
10 comentarios:
Pinta pero que muy bien...
Abrazo!
Qué pracer, estou tentado de empezalo de novo.
Aquí falan de ti, Ana:
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2936&pIdSeccion=5&pIdNoticia=124595&
Bicos gordos.
houbo intres, cando o lin, no que me invadían sensacións contradictorias, de arrepío, repulsa, ganas de continuar deglutindo e compartindo o papel cos ratos, seguir, seguir... ata ese inevitable final.
ese libro e tamén anxos do universo, da mesma editorial, viñeron comigo de regreso para a laguna no avión do nadal. tamén recomendo este último, no que se fai unha narración bastante axeitada e aproximada ao mundo das enfermidades mentais.
apertas!!!
R.R., grazas pola ligazón. O tema é que teño un pouco esquecido o tema profesional co que se me relaciona no artigo porque a lectura me proporciona un nivel de pracer infinitamente maior, a verdade.
O libro en cuestión é unha xoia, non de estraña que queiras voltar a el, eu vouno hacer hoxe mesmo, a sensación e a que comenta Beatriz sintes arrepío pero ao tempo esas ganas de seguir chuchando frases tan fermosas.
Beatriz,
Esa sensación que sintes de arrepío, repulsa á vez das ganas de seguir "deglutindo" é o misterio deste texto. Arrepío e repulsa porque as situacións son abafantes en tódolos sentidos pero a descripción, o texto e de tal beleza que quedamos dalgún xeito prendidos en cada frase, o mesmo. Penso que esto era precisamente o que persegue o autor, xa o di no primeira páxina cando fala do que el entende por ler.
Apertas.
Ameazas de peche? Leo no de Mario, que é iso?
si, a áscese non está de moda no noso tempo
Publicar un comentario