miércoles, mayo 16, 2007

Dedicatoria de Ramón Caamaño para Alma.

Con motivo da exposición do ano 2002 achegámonos a Ramón Caamaño. Viñamos de admirar os seus retratos e quixemos que Alma quedase coa lembranza do seu autor. As liñas rotas da grafía e as súas verbas falan dun home sinxelo e con moita personalidade que foin quen de nos transmitir a grandeza dun pobo a través dos retratos da súa xente máis pobre e traballadora. Non vén nada mal volver un pouco a vista e mirarnos hai só 60 anos. Teño comentado con compañeiros esta tendencia a pensar que sempre fomos ricos e consumistas e que nunca nos faltou de nada, e menos qué comer, pasa sobre todo cando imos fóra a países que aínda están nos nosos anos 70, por exemplo e os miramos dende arriba como asombrándonos moito do atraso que levan. Ver fotografías antigas da nosa familia, por exemplo, ou estes retratos de Ramón C. pode facernos un pouco menos fachendosos e valorar doutro xeito o desenvolvemento acadado grazas a xente como a que retrata R.C.

1 comentario:

torredebabel dijo...

Ana, so podo sentir orgullo de ser a tua lectora cando atopo este parágrafo que deixaches: "Teño comentado con compañeiros esta tendencia a pensar que sempre fomos ricos e consumistas e que nunca nos faltou de nada, e menos qué comer, pasa sobre todo cando imos fóra a países que aínda están nos nosos anos 70, por exemplo e os miramos dende arriba como asombrándonos moito do atraso que levan". Orgullo de atopar aqui unha muller con memoria.