Xa se falou abondo sobre esta novela de Francisco Castro mais a min chegoume o momento da súa lectura esta derradeira ponte. O principal pois, xa está dito, a atmósfera claustrofóbica, a obsesión dos empresarios por controlar a vida dos empregados, as eivas da comunicación no momento de maior desenvolvemento das famosas TICs, a despersonalización e deshumanización no que nos queren convertir esas intranets empresariais que só serven para que algún aspirante a executivo presuma de listo. De tódolos temas o máis atroz quizais sexa a soedade na que viven os máis sumisos ao sistema, que xa só poden comunicarse mediante tecnoloxías que agachen calquera signo de sensibilidade. O que realmente nos afoga é atopármonos representados neses personaxes, ¿quen de nós no se recoñece nun velosojaneiro, ares carballeira ou nun sanchezvillalta? Persoalmente eu tamén son víctima dunha intranet empresarial e o meu Gómez, que tamén o teño, tamén me asignou o meu nome de empresa. No meu caso eu fun durante un tempo abande, ata que mudei ese nome polo de ulises, que é o do meu gato. E teño que dicir que ao artistiña da intranet, o noso Gómez, non lle fixo nin pizca de gracia este cambio de modo que fuchicou un pouco nos códigos e agora xa ninguén pode cambiar o seu nomenaempresa. No estilo recoñécese moito o xeito de Saramago, pero tamén están Auster -a mesma claustrofobia deste relato atópase en Viaxes no Scriptorium, e tamén está ese desacougo que segue á lectura de Orwell.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Muy buena,sí señora.
Un besazo
Na miña empresa tamén temos intranet e personalmente procuro non lembrar nin a contrasinal. Por experiencia, a empresa-e o seu Gómez de rigor- interesalle únicamente apoderarse do teu pensamento para trocalo en norma si ao sistema lle parece boa idea, pero ollo pois a relación non é de igual a igual pois as pautas as poñen eles e se dis algo diferente , contrario ou as veces simplemente orixinal ou creativo, entón ¡ANATEMA! ¡EXCOMUNIÓN!.
Deixas de enviar aportacións a terceira vez que dis algo e contestan o de "Grazas pola túa suxerencia. Terémola en conta" pero claro núnca se ten en conta pois nin eles mesmos creen no sistema de comunicación que poñen a súa disposición. E a Intranet en vez de ser un medio para quedase en fin en sí mesmo. Prefiro falar cara a cara e as veces incluso costame falar de temas personais e/ou importantes por teléfono. Lembro o tema do marketing personalizado. Hoxe todo e marketing e tratan de facer de nos meros productos.
Desacougante é a palabra exacta para definir o estado de ánimo que queda despois de rematar a novela, como a vida mesma.
Unha crítica espantosa (xa sabe).
A min tamén me gustou moito esa novela. Un retrato real da realidade que nos invade...
Foi unha sorte moi grande, para min, que se che ocurrira pasar polo meu curruncho.
Gracias.
Publicar un comentario