Ranicki é coñecido sobre todo pola súa polémica relación con Günter Grass. Xa falei hai pouco das controvertidas memorias do nobel alemán, que volvo recomendar, pero engado tamén esta magnífica obra porque nos ofrece un extenso e rico panorama da envexable cultura alemana do século pasado. É incrible que os momentos de máximo esplendor cultural coincidan no tempo cos do máximo desprezo pola vida. Non comprenderemos nunca esta enorme contradicción. Estes dous homes tiveron que vivir nun tempo tan irracional que costa entender xa non a súa supervivencia, senón a súa capacidade para lembrar tan maxistralmente o seu pasado. Das referencias que lembro desta lectura está Erich Kästner, escritor dunha lírica utilitaria que namorou a Ranicki e Tosia nos días do gueto de Varsovia co seu "Botiquín lítico doméstico". Hoxe case só o coñecemos, e pouco, como autor de literatura infantil.
Os libros de Kästner na Biblioteca da Universidade de Vigomiércoles, octubre 03, 2007
Marcel Reich-Ranicki, "Mi vida"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Efectivamente, ahora recordo eso de que o home creou a Dios a sua imaxen e semellanza. Creo que acertou.
Bo aforismo,e en canto a capacidade de recordar o pasado cando é difícil,eu penso que é un valor dos homes de "boa vontade".
Saúdos e gracias pola grata visita.
Publicar un comentario