miércoles, octubre 03, 2007

Suicidio de André Gorz e a súa compañeira Dorine.

[Foto vía Libération.fr, aproveitade e lede a carta á súa dona ¡ l´amour existe, bien sur !]


Grazas ao amigo Uxío coñezo esta triste noticia. Eu non sei se terei que mercar unhas gafas novas pero na prensa nacional este delicioso suicidio en parella pasou moi desapercibido. Co seu permiso engado aquí algunhas ligazóns para saber máis deste filósofo e pensador da esquerda.

Pequena lembrança postmortem de Teixeitra Lôpes
Pequena biografia e entrevista a Gorz
Um texto básico


Na súa mensaxe Uxío di que algún xornal encabeza esta nova así: Dos abuelos se suicidan en su casa. ¿que vos parece? Non creo que se nos bote de menos, a verdade...

No noso xornal máis prestixioso a noticia recóllese na sección de necrolóxicas, eso si, tardei en atopalo con tanto Ronaldiño por aquí Zapatero por alá...

Máis información: Wikipedia (francés), Blog antroposmoderno, palincestos, La Repúbilca,

LIBROS DE ANDRÉ GORZ NA BIBLITECA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

5 comentarios:

paideleo dijo...

Confeso a minha ignorancia acerca desta parella pero quedei impresionado pola nova.
Un saúdo.

Quelleiro dijo...

A náusea; no fondo, non hai máis. Como din pola miña Vila, hai andacio, meu rei, de suicidios. Gustaríame valorar este delicioso suicidio en grupo coma unha acción fermosa, de liberdade total, e tal e cual, pero son incapaz; veño de ler o incrible e abraiante Patriotismo de Mishima [La Perla, Siruela], e ainda teño a náusea na boca. E por riba, hoxe ven de morrer o Carlos Llamas. Verdadeiramente, a parroquia doutro lado empeza a ser máis interesante que a deste lado. [Traballades coma escravos, repetía; pero ninguén lle escoitaba. Si, xa sabemos que somos escravos, Peralejos aparte, ¿e qué? Déixame en paz coas túas lerias] En fin, mañá é venres, louvemos ó Señor.

Ana Bande dijo...

Certo quelleiro, o outro lado resulta cada vez máis atractivo, mágoa ser tan descrida porque sei de certo que non hai outro lado, non hai esa especie de burato xigante onde mirar para aquí abaixo e partirse de risa vendo as miserias nas que se divirten os que non atravesaron o limes...

Anónimo dijo...

¿E que opinión lle merece a obra de Gorz?

Quelleiro dijo...

A derradeira vez que berrei contra a propiedade privada, o meu interlocutor pediume a carteira. Non lla din. André Gorz daríalla; así lle foi. O noso problema segue a ser a condición do ser humán, cobizoso e preguiceiro de seu. Precisaríamos moita neurona para teorizar sobre unha sociedade utópica onde os canallas e peralejos non usen á liberdade para roubarnos a carteira ou para andar a xeira enteira de petisco en petisco --mentres moreas de libros seguen sen catalogar ou fuxen polas fiestras do asasino do cúter--. Gorz teorizou moito sobre o traballo, as cooperativas, e demais arcadias; leu as súas conclusions e tirouse a vida. É certo que repetía que eramos uns escravos, pero ¿impórtanos en realidade? Haberá que seguir loitando, coma sempre. [A parroquia doutro lado; a idea tomeina do gran Marcial Gondal, no abraiante Romeiros do alen. O outro mundo está, coma sempre, neste].