Os xornais, aparte da crise, só falan estes días de premios, eles son os namberguán na literatura, na economía, e naturalmente na física, química e mediciña. Tampouco houbo sorte na máis lixeira das especialidades. Non tocaba. Hoxe, os xornais falan de J. Beramendi, porque vén de ser o gañador do Premio Nacional de Ensaio. Nos derradeiros 32 anos foron eles os premiados agás en catro ocasións que non se corresponden con outras tantas mulleres porque o premio quedou deserto por tres anos seguidos dende 1984. Vese que non había moito que reflexionar logo da distópica data orwelliana. Celia Amorós é a única ensaísta que pode presumir de única no seu xénero entre tanto varón listo listísimo. Hai pouco, o autor de Festina Lente, contestaba á miña crítica sobre a total invisibilidade da muller na súa obra deste xeito "... a relevancia da muller na sociedade galega daquela época era bastante limitada...", o que quere dicir que a metade da poboación daquel século XVII, prácticamente non facía nada. A miña froiteira preferida, non fai moito tampouco...mais sempre me recibe no seu posto con ese sorriso que hoxe fun quen de roubarlle no máxico momento de mercar a leituga.
Teño pendiente a lectura do Beramendi mais a lóxica obriga. A obra da señora Amorós ten que ser maxistral. Vouna poñer a remollo e ao mellor o luns cóntovos algo. En repouso, logo dunha lectura en punto morto e costa abaixo, está o libro de Murado....[en castellano]
6 comentarios:
Aniña, hai moito que falar da visibilidade/invisibilidade da muller na historia/na historiografía. Segundo os parámetros da productividade no sentido estricto (cotizacións a seguridade social, etc.) a miña avoa non fixo nada de nada. Xa gostaría eu de ser así de "improductiva" traballando arreo na casa, cosiendo e enseñando a outras mulleres o oficio de costureira, educando ela soíña a tres fillos e atendendo a "población flotante". Tamén eu defendo que a súa nai (a miña "bisa" que non tiven a sorte de coñecer) foi a inventora real deo talonario Bancotel na súa fonda da Praza de Santa Catalina... Pero xa falaremos diso. O que non creo é que fixeras ningunha lectura na túa vida en ralentí...
Como mola a nova versión de Música para Sigrid. E a foto leitugueira é fermosísima. Biquiños de opositora sin fe
Grandísimo post e grandísima foto.
Son verbas de princesa...certamente...ou debída dicir "docta puellae" para lembrar aquela esquecida elite de escritoras que por momoito que se fixo por que fosen anónimas consequiron sacar a cabeza deixando pegada por tantos outros milleiros de mulleres marxinadas.
Hoxe en Vigo houbo unha marcha de mulleres, mágoa que non puiden estar, pero foi outra muller, a máis importante para min, sen dúbida, á que tiven que apoiar. Non deixo de babear...¡ALMA ACADOU UNHA PRAZA COMO ALUMNA NA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA (XOVE)!!! O máis importante de todo é que foi ela soíña, sen case apoio ningún e con todo o escepticismo de que somos capaces as nais, a que acadou o trunfo. Agora vou cear con ela para celebralo. Princesa, vémonos pronto ¿non? temos abondo de que falar e eu unha viaxe sorpresa...
Arume,
as súas verbas son un agarimo no meu lombo que completa unha deliciosa findesemana, grazas.
Mañán tomámoslle un café para celebralo.
O ranking de cousas relevantes e dignas de mención ten o mesmo copyright dende hai milleiros de anos. Todo o mundo sabe o dificil que é publicar para o que non teñen méritos recoñecidos, mais todo se andará, xa se está andando, quero creer...
Saúdos para Mucha. E para vostede.
Oleeee, oleeeee e oleeeeeeeeeeeeeeeee... (non polo post, que está ben, si, ¡¡polo de Alma!!
Parabéns, noraboas e ata beizóns que diría o Brétemas.
Publicar un comentario