Houbo un tempo no que se precisaba permiso ata para ir de Orense a la región gallega. Non foi no tempo da guerra dos cen anos mais a miseria non sabe de cronoloxías e lugares. Velaquí tedes un curioso documento que apareceu na carteira. Estou máis preto de coñecer ao seu propietario, aínda que dubido moito que poida devolverlla persoalmente. Terei que pensar na súa descendencia, ao mellor agradecen o detalle. De momento recollo pistas e trato de reconstruir unha pequena historia familiar xuntando os vellos papeis que A. recolleu xa hai anos naquela casa fermosa na auriense de Reza. Paco, xa sei onde foi mercada a carteira. Nun dos seus petiños apareceu este selo da xoiería ¡¡¡ ESPINO !!!...menudo chimpo peguei cando o vin. É o negocio dun grandísimo amigo do que moito teño falado xa. Agora gardarei este papeliño dourado coma un tesouro.
[P.D. Solmisación]
[P.D. Solmisación]
3 comentarios:
Mira tí que coincidencia... eu tamén veño de pendurar outro documento da mesma época, pero da trincheira de enfrente e cun leit motiv ben distinto.
Não conhezía das súas afeccións detectivescas, mais xa me ten medio intrigado!
A min, que sou unha IN-ORANTE, os papeis que me veñen á cachola son os da miña avóa que con tanto agarimo e traballo mercara unha SINGER e tiña oso libreto de instruccións e uns vales para recibir leccións de balde gardados entre as súas cousas máis prezadas. Coido que o traqueteo da Singer pensando nas radionovelas debían ser os seus escasos sons de viaxe. Todo un luxo.gnaresa
O negocio da Praza Maior 18 era do pai do meu pai, non meu. Grazas polo tratamento exaxerado.
Publicar un comentario