lunes, septiembre 21, 2009

A palabra das fillas de Eva, Teresa Moure.

O problema é que non soporto que me rifen. Por iso che vou facer unha crítica aceda, T., unha resposta axeitada ao desacougo que me procuraron estes teus relatos. Recoñezo a afouteza do teu discurso e prendería agora mesmo un facho para alumear o camiño da xustiza que persegues, mais non vou coller este tren. Non precisamos máis culpabilidades, T. e agora que son chegados os tempos de poder elixir non me veñas con monsergas de reconciliación co corpo e lactancias morais. Agora que por fin albiscabamos a oportunidade de disfrutarmonos sen tabúes ¿temos que sentirnos culpables de toda esa morea de novos pecados postmodernós? ¿nais desnaturalizadas por rexeitar a nosa condición de mamíferos? ¿paréceche moito progreso o destas novas nais entregadas ao mamoneo ata que os fillos teñan dentes?. Teño visto e ata sufrido o desprezo desta nova corrente de pensamento que nos quere devolver aos tempos da Rexenta. Tampouco creo nas xeneralidades, sempre levan ao topicazo, T., e de aí á discriminación hai un nanosegundo. Que os homes non teñan ou agochen os sentimentos é quedarse co resumo da contratapa. Eu, aínda que non teña tempo, prefiro botar unha ollada ben adentro, subliñar e ata facer anotacións con rotulador se é preciso. Que somos máis complexas, que amosamos máis doadamente o que sentimos e que iso nos convirte en seres encantadores e morbosos, seino porque son muller e gosto moitísimo das mulleres, pero iso non quita que aprecie a fondura e o pracer de afondar no tamén misterioso mundo dos machos varóns. Se cadra hai que insistir e turrar un pouco de mais, pero paga a pena. O que non paga a pena e cargar con vellas culpas e inventar outras novas. Eu teño tan pouco que ver co xenocidio das tribus amerindias como co monocorde discurso paternalista e algunhas filosofías feministas lamentablemente tan castradoras elas.

9 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Un aplauso, completamente entregado.

SurOeste dijo...

Fuxamos dos discursos maniqueos!

Calidonia Hibernia dijo...

Obrigada/o.

A profa dijo...

Nena, non o lin, pero abofé que me deixaches coas ganas. Bks.

Ana Bande dijo...

E como un debate leva a outro ata o infinito ata me deu por pensar na honestidade de determinados discursos. Neste caso, descoñezo a autora, pero non descartaría eu que as veces se di o que se di, e se publica o que se publica porque está na onda...non sei se me explico. O caso é que tratándose dunha autora cunhas lecturas tan acaídas como amosa nas súas referencias, non me explico, ese efecto bumerang co que seu ensaio nos devolve como pecados mortales os escasos espacios de liberdade que custou tantísimo acadar. Non sei, non vexo eu a Naomi Klein dando leccións de moralidade tendo probas como ten logo dos seus rigorosisimos traballos. En fin.

Sigrid dijo...

Plas, plas, plas, dona Ana. Pero é que aquí hai moito máis. Efectivamente, parece que nos atopamos ante unha desas paradoxas de evolución/involución, ese efecto bumeráng do que vostede fala. Para min que este lobby de nais militantes, que é tremendamente excluínte e fechado, fai fraco favor a ese espazo de liberdade que tanto costa,e segue a costar, conseguir: Nada, bonita, leva o cativo colgado da teta todo o día. E se non tes fillos, probablemente non sexas muller, non te empeñes porque non o vas conseguir.

Macho Varón dijo...

Santa Madonna. Aínda non sei o motivo que levoume un día a coller un libro. Era sobre arte e enganchoume moioto pois tiña moitas fotos. O que máis me gustou foron os nús femeninos, unha pintura na que unha cortesana portaba un montón de froitas e frores que parecía un xarrón fermoso (a min encantanme os xárróns, esculturas de sátiros correndo detras dunhas rapázas pero sobre todo as estampitas de Virxes que nos seus regazos sostiñan un meniño entronizado" decía o autor (vai ti saber que é eso) e outras nas que o neno apretáballe o pezón inmaculado e "voalá" facía brotar a Vía Láctea. Eu, que son moi sensible, quedei prendado sen querelo e algo no meu interior levoume a tratar de facer meu aquela beleza, aquela virtude e entrega dunha nai o seu fillo.¿Hai algo máis bonito que esto?. Levo ano e medio colecciónando postais sobre esta temática e agora vostede insinúa que estes cromos xa estan caducos. Non entendo nada. Co doado que era coleccionar os futbolistas de toda a vida. Quen me mandaría a min abrir o demo ese do libro.

Ana Bande dijo...

¿quen critica xs criticxs?
http://www.ub.edu/cdona/Lectota_12/02.%20Ressenyes/02.%20Ressenyes/08.%20Moure%20CO.pdf

Boa reseña, malia estar en desacordo.

Reina de picas dijo...

Xa está ben de tanto "esto está ben, esto está mal". Somos quen de elexir, se dar ou non a teta, e a quen. Adultas ¿lembran? En todo caso, e ben cero que a historia e espiral. Bicos Anita, que xa fai que esta reina non te mira.