¿pero Maruja Mallo coñecía a Warhol? foi a pregunta de Alma cando visitabamos a exposición. Logo podo falarlle de por que descoñecemos a esta artista, da invisibilidade da muller na arte, do mundo propio da artista e de mil cousas máis que virían ao caso. E logo debetimos con M. e seus amigos sobre si a obra de Maruja merece tanta consideración, si a súa obra ten calidade de seu, se o feito de ser muller nun mundo de homes pode engadir ou restar méritos. Que si evolucionou cara a simplicidade. Si, evolucionou cara formas aparentemente sinxelas. Pero eses perfís forzadamente xeométricos dan conta da súa pericia co debuxo. Os bocetos falan da súa destreza coa técnica. Surrealista, futurista, simbolista. Un bo resumo do que foron as vangardas. Arte como forma de vida. Excesivamente intelectualizada? E narcisista. Difícil?. Non tanto. Escoitala é case tan pracenteiro como admirar a súa obra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Pois despois de tanta propaganda sobre a exposión, decepcionoume, mais que nada polo pouco número de obras, digamos, importantes.
Si, uns dez bos lenzos e logo unhas cantas obras moi menores.
Desilusionante,
Non foi M. o que puxo o anterior comentario, supoño. Pero gustaríame saber que dixo.
Anoto metalmente el nombre de Maruja Mallo y si me entero de una exposición por BCN iré.
Por cierto, me ha encantado la discusión sobre la Transición y la II República, así cono la de las etiquetas, jejeje, del enlace.
Saludos
Supongo que no puedo añadir nada que no hayamos dicho ya, pero considerarla como una artista mediocre no me parece ningún desdoro. Los hombres pueden ser mediocres, malos y buenos en el arte, a las pocas mujeres que logran sobresalir se les exige siempre la máxima excelencia.
De ahí a ignorar a Maruja Mallo, hay un abismo de marginación.
Besísimos.
PD: precioso el documento sonoro
Si, a exposición pode resultar Anónimo: Decepcionante xa non tanto pola cantidade de obra exposta senón en recursos que a contextualicen axeitadamente. Imperdoable tratándose dunha figura da que hai documentación a moreas. O mínimo sería un video, por exemplo, sobre a súa relación con Buñuel, Dalí, Lorca. E o por suposto o catálogo da propia exposicion.
Arume: M. apuntou precisamente aos aspectos que destaco no post. Dubidaba do mérito desta artista e preguntábase en que porcentaxe era debido á súa condición de muller. Valorouna máis como ilustradora que como pintora e desilusionouno a súa evolución cara formas tan simples. Creo que o que menos lle gustou foi a súa etapa surrealista e non atopou por ningures un discurso propio en Maruja Mallo. Creo que a M. non lle gustou absolutamente nada a obra da Mallo e a miña teima porque mudase de opinión foi un fracaso absoluto. Non achegamos a acordo ningún en cuestións artísticas, nin sobre Maruja Mallo, nin sobre estilos, nin sobre a pintura en xeral. E está ben que así sexa. O desacordo sempre incita a seguir pescudando para argumentar ou contraargumentar. En canto mudamos as cañas polo viño, afortunadamente, xa non foi posible ningún debate de altura e deixámonos arrolar pola caloriña dunha noite cálidamente chuviñenta. Eso si, M. sabe elixir como ninguén os mellores locais en cuestións de condumio e trato ax cliente.
L´Esbarzer, encantada de tela por aquí.
Lula, É unha penosa consecuencia da total marxinación da muller na arte este cuestionamente constante do seu mérito. Debe ser un prexuizo que temos en canto nos enfrontamos a unha creadora, sen dúbida un síntoma de todo o que queda por facer nesto da igualdade. Con Maruja Mallo, penso que a súa obra é moito menos coñecida precisamente por ser muller. Se repasamos a súa vida vemos que participou tanto coma o resto dos "estudantes" en todos os "fregados" e acadou un recoñecemento internacional que non se corresponde co grao de descoñecemento de que adoecía ata hai moi pouco. Creo que deberiamos de recuperar a figuras deliberadamente esquecidas como Maruja Mallo sen desequilibrar a consideración da súa obra.
O M. ese debe de ser algo rariño. Non me explico como non ve en Maruja Mallo unha artista de gran nivel cos cadros que se presentan na Casa das Artes. A min me gustaron moito as fotos retocadas, se cadra máis cos propios cadros, pero a min esa resolución narcisista e irreverente vaime. Non sei se falaron da súa orixe galega ou da súa condición de muller como hándicap ou como estímulo para ser o que foi e agora o que é.
Un amigo meu di que non tivo éxito porque era muller e ademáis pintaba como un home (trazos fortes, seguridade no discurso). Vostede, amiga Ana, como o ve?
Que M. non vexa en Maruja Mallo unha artista de grande nivel... ¿como o vexo? M. como espectador neutral ten todo o dereito a gustar ou non da estética de M.M. Gustar, digo. Outra cousa é valorar o seu mérito como artista. E ¿quen pode xulgar? Esta é cicais a cuestión que suscita máis debate no ámbito artístico en xeral. Non hai sitio aquí para este debate. Se tal quedamos para outras cañas. Imos a cuestións máis concretas e doadas de contestar aquí. Non concordo co de que non tivo éxito. Non é que non concorde. E que non é certo. Maruja Mallo foi recoñecida no seu tempo, en España e máis fóra, en París, sobre todo, que era a capital artística do momento. Movíase cos vangardistas máis relevantes dos anos 30. Bretón, Éluard, Chirico, etc. Ortega organizoulle unha exposición que acadou un enorme éxito. A guerra civil obrigouna ao exilio. Ata se destruiu moita da súa obra. E Maruja M. foi ademais unha atea radical (moita graza me fai a súa expresión a Mafia Santa coa que se refire á igrexa con tanta naturalidade). Así pois, non só a sua condición de muller, senon as circunstancias políticas, favoreceron esa súa invisibilidade en ESpaña. En Galiza, como ben dixo M. non se tende a recoñecer como "nosos" aos que marcharon a Madrir. En canto a que pintaba como un home....homeeee...pois non...claro...¿como se pinta como un home ou como unha muller?. O seu amigo refírese con eso á forza do trazo nunha etapa da súa obra, eses perfís tan xeométricamente marcados. Pero hai lenzos suavísimos. Cativounos especialmente ese oleo "dúas mulleres na praia". En canto á seguridade no discurso, velaí outro prexuizo machista considerar eso como propio dun artista home. Claro que non concordo. Coma vostede, seguro, amigo Arume.
Adoro a esta mujer.
Bicos, Dona Ana.
http://www.anosaterra.org/nova/35565/shirley-mangini-exilio-e-depresion-feriron-a-pintura-de-maruxa-mallo-.html
Perdoen a intromisión. Eu non veño falar de Maruja Mallo. Eu veño a dicer, ou a dicerlle a Ana Bande, que non todo o que se comenta nestes ámbitos virtuais cai en saco roto, ou morre sen pena nen gloria. Un día, Ana Bande falou dunha escritora mexicana que a min non me soaba: Sara Sefchovich. Díxenlle que tomaba nota e que xa procuraría conseguir algún libro dela. Hoxe, de casualidade, dei con DEMASIADO AMOR, da autora mexicana, publicado por Alfaguara no 2001. Na contraportada pon entre comiñas: "El gran amor es imposible de soportar." Xa o veremos.
A min a exposición gustoume, simplemente que se fixera xa me parece un éxito. Monograficos sobre mulleres hai poucos (sexan excelentes ou boas e en calquera disciplina artistica). Axudoume a re-descubrila e a incitarme a re-coñecela. Algunha das "naturezas", simplemente encantoume, chegoume mais dentro do que moita pintura "clásica" o fai (como por exemplo moita da de temática relixiosa que nada ten que ver conmigo, a pesar do "prestixioso" que poida ser o seu autor correspondente).
Mais bicos e grazas Ana,
detective crepuscular, grazas pola visita e polas súas amables verbas. Agardo as súas impresións sobre a lectura da Sefchovich.
Reina de picas, ¿non asinabas antes como as ce corazóns?...si que hai tempo que non nos "miramos", abofé ¿teremos que pecharnos outra vez para coincidir e botar unha parrafada? Bicazo wapa!
Publicar un comentario