viernes, octubre 15, 2010

boooooooommmmniversidade!

O curso universitario comezou, seica, pero a A. non se lle presentaron os profesores. Están de baixa, polo menos un, dixéronlle. Onte veu D. moi amolada a tomar un café, tampouco atopaba a súa clase. No seu caso non había sequera alumnos. O profesor non estaba no despacho e correu cara a cafetería. Atopouno alí sentado, concentradísimo, dándolle de comer ao gando na súa granxa de feisbú. Hai cousas que non se poden adiar. Dixéronme algúns profes que se me quería matricular en tal ou cal mestrado, que andan escasos de alumnado, e xa se lle van acabando os sobriños. No Faro de Vigo fálase a diario do saneada que está esta nosa universidade e diariamente sae tamén o careto do rector sorrindo á cámara, empoleirado coa súa derradeira operación triunfo. Mercou un campus marítimo que é o último grito en despilfarros hightech e está...como é que se di, que non lle cabe, vamos. Eu tamén tería a miña economía saneadíasima se a xunta me pagase só que fose o 50% da hipoteca e o piso da filla en Santiago. Non, Salustiano, esto non é precisamente sanear, esto e seguir inflando a burbulla da que só ti e o túa equipa van tirar partido. E a xunta prometendo mais cartos, que son os nosos. Para manter xerencias e vicexerencias de luxo con coches oficiais, para vir asinar contratos estrela, deses que só pode permitirse unha grande empresa que ao tempo é unha grande administración. Especial, iso si. Aquí que non veña ningún administrativo a dicir que si lei de procedemento ou que se lei de contratos. Aquí manda o catedrático con máis entreperna, que para iso fixo tanto sexenio de dios en investigación a conta de becarios, fomentosdeemprego, imaisdemaiai e pielevadoaenefalcatruadas. Mentres tanto ¡as cafeterías das facultades baleiras!. P. e A. falan de pechar dentro de pouco se esto segue así. As cafeterías sempre foron os lugares nos que atopar alumnos. ¿onde están? Non hai reducción de profesorado, ao contrario, estánse creando prazas para impartir materias nas que xa hai catro veces máis profesores que alumnos, pero tranquis, di o Faro de Vigo, a nosa universiade está saneada... Ai Salustiano, eu a ti si que te Mato ¿non era? todas rendidiñas aos teus pes, tomando un groliño de coñá e poñendo cara de vicio ¡M.C.N.H.! e aínda quedarías calvo coa campaña aquela, que por certo ¡que rápido desapareceu da rede! ¿non? en fin, amigos, que cando a derradeira camada de titulares chegue ao cumio da súa carreira será cicais para deseñar alumnos virtuais, porque os de carne e oso non sei andeandarán, pero por aquí, pola facul, dende logo, non. Agora ben, eles non terán problema, os titulares, digo. Cando non teñan alumnos serán os primeiros en querer facerse cargo do mantemento dos edificios.
Foto: grafitti nunha rúa de Granada

8 comentarios:

Gabriel Pérez dijo...

Oes, pois haberá que lle mandar algún de aquí. A jasús cantos hai por Wien ;-)

Anónimo dijo...

Uma nazóm, uma universidade, um aeroporto.

Pero xa, vamos!

Ana Bande dijo...

diso nada G. de aí non traias nada que esa xente non ten humor, e deixa de fardar dunha vez ouuuu!

anonimo...medodas meu! que che diría eu...¿a berrar a Cangas? non home, pero é que tamén a estas alturas esas consignas están máis pasadas que a foto da tregua de eta, en fin...animo compañeiro e a seguir comendo foskitos!

Gabriel Pérez dijo...

ui, ana, moi equivocada me estás cos centroeuropeos. tes que revisar os teus prexuízos e modificalos ;-) Tschüss!!

Ana Bande dijo...

pois a ver home, ilumíname e conta algún chiste deses de "estaban un vienés, un galés e unha cíngara..."

Gabriel Pérez dijo...

pódoche contar un de dous galegos, unha austríaca e un húngaro que acaban as catro da mañá nun bar de ambiente de debaixo da liña 6 do metro ;-)

Sigrid dijo...

Plas, plas, plas. (visualiza un aplauso grande e fondo e agora vou facer a ola). Banduski, non sei cando nos equivocamos e decidimos non ser rectoras, tía. Total, dúas máis...

Ana Bande dijo...

gabrielllllll...xastastardandoooooo....

Lorelay...eu téñolle alerxia aos cargos e aos cartos, vólvente gilipollas a pouco que te despistes....bicos rula!