Prezado Xan, que saibas que toda a culpa é tua
Para compensar a ingratísima lectura da subordinación ferlosiana [vaaaaaaale teño os dedos cruzados] e da que non vou dar conta aquí, de momento, por mor dunha repentina caída no meu nivel de autoestima, cicais provocado por esa insubordinacion excesiva e tan, tan, grata [descrucei os dedos] da que ben se ve, ou mellor dito, ben se le, as pegadas que deixa na miña xa deficiente capacidade discursiva, ben, si, dicía naquela cursiva inicial (os adictos a don rafael entenderán) que para compensar impredecibeis consecuencias do mergullamento ferlosiano (xastá, xamengachei e xanonvoupoderparar) pooooooooooois que botei man de woody, concretamente desta destenillante anniehall coa que aproveito para felicitar ao cultureta máis encantador do celuloide...eso si woody, non te tires que seguro a primeira rosca a papaches o primeiro día que asinaches autógrafos. Podo ver a escea da cola do cine cincocentas veces e seguirei escachando coa risa e...agora que lembro....cando di seguramente se conocieron por un anuncio en alguna revista para intelectuales...academico de treinta años desea conocer a mujer interesada en James Joyce, Mozart y sodomía...como me lembra a un anuncio que vin hai tempo en ANT [r.i.p.]. ¿atoparía aquel home á muller nacionalista interesada nos problemas de galicia?...vaino ter woody máis doado ...mmmm....mozart, joyce e sodomía combinan moito mellor. Ahhhh...o que daríamos tantas veces por un orinal ben cheíño ¿non si? [no no digo euuuuuuuuu que é do Alvin Singer]
1 comentario:
Gústame moito o cine de Woody Allen. Home polifacético onde os haxa, él é esa mezcla de xenio e de loco...
Eu tamén quero felicitalo, ainda que sexa cun día de retraso.
Saúdos e grazas por esta entrada.
Publicar un comentario