viernes, diciembre 03, 2010

Tafures de taberna

O tafur, Hans Holbein, 1578 (tomado de Linea Serpentinata)
Cando pedín o expediente relativo ao concurso de méritos, o primeiro que saiu daquela caixa de cartón foron unhas notas manuscritas en follas arrincadas dun caderno no que aparecían os catro nomes dxs candidatxs nas filas dunha táboa deseñada indecentemente que incluía as diversas puntuacións "ensaiadas" coas súas respectivas sumas. Abondaba unha simple ollada e non moito olfato para detectar a suciedade da operación que se agochaba naqueles cálculos tan inocentes como as contas que a miña filla traía do colexio as tardes daquel ano. De socato deixaba de ter importancia o feito que de puntuase tanto ter sido cantante nun coro había vinte anos para acceder á praza de técnico. Non importaba tampouco que tivesen puntuado aquela serie multicopiada de certificados de asistencia a unhas xornadas de historia local expedidos pola mesma persoa e no mesmo día, a xulgar pola exactitude do papel empregado ao efecto. O mais humillante foi recoller do chan aquelas follas sucias e garabateadas, e pensar na naturalidade coa que a soberana comisión as deixara tranquilamente sobre a mesa logo de remataren a xuntanza para arranxar a praza de Fulanito. Uns anos despois, con todos os puntos acumulados como cantante maior do reino e con só uns ensaios previos para arrincarlle aos castrati o segredo que celosamente reservaban para a actuación final, a cousa estaba feita. Pasaron outro par de anos e a amargura de que alguén lle lembre de cando en vez que nunca tivo voz nin para tararear o miudiño preceptivo de cada troula no tabernáculo dos amigotes resucita a súa maldita úlcera....

¿será posible? quería escribir sobre wikileaks e perdín o cabo...seguiremos turrando do cable...
Proximamente: Os Embaixadores, tamén de Hans Holbein.

5 comentarios:

Flo dijo...

Pois sí, tamén podes escribir sobre wikileaks... polo visto os políticos teñen una visión bastante curiosa do concepto de libertade de expresión ¿non si?

Gabriel Pérez dijo...

Oia, menudo honoraco estar na lista de lecturas, señora doña Bande Bande ;-))

Voz en off dijo...

Perdona que igual estou moi, moi, moi perdida; pero falas das opos da U. de Vigo a bibliotecas?

Ana Bande dijo...

Ah...si...gracias Flo, a cousa é que ía falar de wikileaks por esa naturalidade coa que os embaixadores en particular e os que están afeitos ao poder en xeral, por esa naturalidade, digo, coa que comentan as falcatruadas que fan...esa falta de coidado, lembroume aqueloutra naturalidade coa que un tribunal deixou no expediente as suas contiñas tan ben cadradas...é curioso, a informacion que quitamos destes pequenos detalles...¿cantas veces non meterían a man na saca para xa non precisar luvas? xa, xa sei que non falo claro, pero é que logo me chaman choromicas e nonseiquemáis por andar a lembrar estas cousas...cousas que se estivesen tipificadas coma delito, que é o que son, terían penas de unha morea de anos de cárcere....pero querida Flo, agora o glamur é precisamente eso, cadrar as contiñas para x amigo que chas cadrou a ti...velaí está a explicacion de porqué tanto chiringuito e de por que ademais non funcionan...pero se non saben facer unha o cun canuto!

Gabrielillo.....iso si, ler, ler, non lin, pero quedouvos niquelado.

Voz en off....¡para nada querida! as opos a bibliotecas poden ser todo o absurdas que queiras, que o foron tanto que seica nin o tribunal sería quen de superar as súas probas (dito por algún deles)...esta é outra historia que ten tanto, pero tanto delito xunto que non houbo xuiz que o crese, por iso os tafuren poden presumir de sentenzas a favor ¡faltaría mais!

Flo dijo...

Ai, Aniña, claro, tes razón ti segue lembrando estas cousas que se ninguén o fixese significaría que se poden aceptar e que non teñen nada de malo. E a verdade é que si que moitas cousas terían que ser calificadas como delito e non o son. Pero iso depende das relacións e dos enchufes que teñas... a verdade é que é moi triste... bicos