Ao fío do que di hoxe a amiga Lorena no XdG ocórreseme que o tema das nais militantes cicais deberiamos sometelo a unha análise un pouco máis en profundidade do que permiten uns poucos caracteres. Peliagudo tema o de ir á contra duns dereitos tan novos e modernos como estes que protexen a maternidade (o da paternidade creo que pode quedar para outro programa). Uns dereitos que tardaron tanto en chegar que eu diría que naceron xa obsoletos. Habendo como hai na nosa Europa modelos tan perfectos e con resultados tan satisfactorios non se entende esta teima por remendar descosidos dun tecido social do que se segue a turrar sen compasión. Hai quen o explica moi ben, pero ¿queren aprender algo os xestores da cousa pública?. Non. ¿por que? ¿porque somos idiotas? Non. Porque culpabilizar á vítima, ademais de cruel e miserable nunca foi solución. Aquí facemos así porque cando o tecido racha están os bos e xenerosos, neste caso as boas e xenerosas para facer o que hai que facer que é sair a traballar fóra pola metade de salario que o marido e logo currar na casa cunha basoira nun brazo e cun churumbel prendido da teta porque é supermoderno ser unha nai das de toda a vida. Procurando aquel fermoso artigo de Elvira Lindo para comentarlle a Lorena, din con esta páxina sobre as virtudes da crianza natural que me provocou case o mesmo arrepío que o roucovarela falando das redes sociais. As nais militantes, son lexión, certo. É curioso observar que adoitan ser mulleres cunha formación e estatus profesional superior á media. E convencidas como están de seren as que fan o correcto adoitan prácticas que as convirten en grupos pechados fronte a calquera crítica. Teñen moito que ver cos progres de pacotilla que aproveitan toda canta mani se organice para reivindicar a independencia do que sexa. É unha reviravolta mais do sistema paternalista e monócromo que quere reducirnos ás mulleres a máquinas de follar só para disfrute do machovarón, que nin se preña nin coida de momento a fillo ningún nin ten ao seu cargo a avós ou sogras con alzheimer. Pero o inimigo Lorena, non é esta nova nai militante dos derradeiros días. Como vai ser así, co que sufren. O que fan cando nos empurran ás outras cara as marxes é berrar colectivamente a súa desesperación. Difícil papeleta para as que non concordamos con dereitos de conciliación familiar, paternidades e maternidades compartidas e días por asuntos matrimoniais e fillos a cargo. ¿de que estamos a falar? ¿estaremos tolas? Pode ser, pero para min que contraer matrimonio polo rito que sexa, decidir ter fillos ou non, e marchar de luna de mel ou facer o pino durante quince días en Madeira non deberían ser motivo de discriminación positiva ou negativa ningunha. O que deberiamos é traballar por unha sociedade igualitaria dende abaixo, dende a educación de toda a vida.
miércoles, marzo 02, 2011
¿nais militantes?

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Non me fales disto,esta temporada estou eu que rabeo. Na miña empresa as políticas de conciliación favorecen que as nais collan os mellores horarios. Os pais nin ousan pedilos. Logo estas tías viven como deus, rodeadas de empregadas do fogar e garderías mentres os sen fillos facemos as quendas que ninguén quer. É entón cando te preguntas se non ter obrigas familiares compensa cando tes que achantar cos horarios que non queren facer os demais. A verdade que cada vez entendo máis que os empresarios contraten menos mulleres, só dan problemas e xeran mal ambiente laboral, e tamén entendo ós seus homes que fan horas extra como cabróns para chegar a casa o máis tarde posible e non aturar a estas marujas de novo cuño que curran de oito a tres, chegan a mesa posta e co neno comido, botan a sesta e saen a pasear contra ás seis ou sete co seu rapaz que para iso está a conciliación. A ver se lles presta, que gocen desas tardes libres que eu paso no choio para que elas paseen o solpor.
Publicar un comentario