miércoles, diciembre 21, 2011

Deus non é bo, Christopher Hitchens




C.H. prefería que lle chamasen "mosca cojonera" e non disidente. Algúns de nós tamén, e imaxino que por idéntico motivo. A disidencia, só é unha máis entre moreas de verbas secuestradas polos adalides da insidiosa corrección política, expresión esta que actúa a xeito de sotana negrísima para os que deliberadamente desprezan o humanismo travestíndose de anodinos cidadáns e homes bos que aparentemente só procuran a paz na súa república sen reparar en traxes, pederastias, recortes asasinos, e indiferencias fronte a xenocidios pasados, presentes e futuros. Non me conta nada novo, C.H., cicais sobrábame este repertorio de atrocidades que no nome das relixións cometeu o home dende que a inventou. Pregúntome sempre que leo textos tan críticamente esclarecedores as razóns da súa marxinalidade. Terán moito que ver coas que xustifican a existencia das relixións. A ignorancia organizada e a consecuente covardía fronte á crítica. Todo o que se di aquí das barbaridades cometidas por causa das relixións (todas as relixións) é dunha obviedade tan sinxela coma a incomprensible sumisión coa que a maioría da poboación a segue soportando. Un bo amigo díxome un día que non había atrocidade capaz de facer ruborizarse a ningún apóstolo da igrexa, cando os xornais día si e día tamén falaban das insoportables cifras de vexacións que os cregos infrinxían aos nenos nas escolas do noso entorno máis inmediato. A ninguén semella preocuparlle que lle neguen a asistencia médica por problemas para que acougue unha misteriosa "prima de risco" cando coñecen as riquezas que amorea a súa arquidiócese. Os cidadáns seguen detraendo do súa miserable soldada décimos, primicias, alcabalas, portazgos, pontazgos e millóns, igualiño que na idade dourada da inquisición e para exactamente os mesmos, corona, clero e nobreza. Os primeiros porque o seguen sendo por designación divina e os terceiros porque sustituíron as antigas panoplias heráldicas polos moito máis glamurosos traxes de gúrtel e os títulos de nobreza por certificados de escolas de negocios. E ocupado como anda este pobo ignorante en encher as tullas dos privilexiados e en pedir perdón por ter levado este país á ruina por gastar o que non ten, efectivamente, do único do que non ten tempo de de abrir os ollos para albiscar as gadoupas dos que lle inventaron o demo tamén. E agora ven esta falando de ao pan pan e ao viño, viño. Pois eu que queren que lles diga, molaríame moito máis ter que dicir fromage, malgré Sarkozy.

6 comentarios:

Torcinho dijo...

En realidade, Hitchens non era ateo. Cría ferventemente na civilización; por iso, defendía, entre outros dogmas de fe, as atrocidades dos exércitos imperiais en Irak.

ana dijo...

Eu creo que un é ateo precisamente por crer na civilización, non sei era esa a posición de Hitchens. O que sí fai neste libro é unha deliciosa e clarividente análise da estupidez relixiosa global. Tampouco aporta nada novo, a verdade, a quen adoite levar a mente consigo a todas partes, pero el faino cunha gracia e unha ironía moi intelixentes. Imaxino que como el mesmo recoñece, meteu a pata tantas ou mais veces que os que critica, e non me extrañaría que a súa implicación apaixoada coa realidade o levase a adoptar posturas rexeitables, ninguén obriga a crer en ninguén e se algo me gustou de C.H. é que nin el mesmo se fai acredor das súas teses.

Torcinho dijo...

"Prison conditions at Abu Ghraib have improved markedly and dramatically since the arrival of Coalition troops in Baghdad."
Hitchens dixo cousas tan noxentas coma ésta. Sinceramente, prefiro mil veces un católico socialista como Terry Eagleton a un ateo neocon como Hitchens.

Ana Bande dijo...

pois si, así traducido literalmente e descontextualizado soa noxento ¿podes achegar o marco desas declaracións?

Torcinho dijo...

Está tirado daquí: http://www.weeklystandard.com/Content/Public/Articles/000/000/005/995phqjw.asp?page=1

Como pode comprobar a lista de insultados inclúe a Cindy Sheehan.

Torcinho dijo...

Pero hai moitos máis:
http://www.slate.com/articles/news_and_politics/fighting_words/2003/04/oleaginous.html