1. A arte na rúa. Deliciosa manifestación artística, estes homes/mulleres estatua que desafían o noso caótico senso da percepción. Dalgún xeito fan que o acelerado cidadán sinta o irreflenable desexo de pararse de socato e enfocar axeitadamente a vista, o oído e ata o tacto.
2. Violencia na rúa. Esta é a outra cara da moeda. Non hai foto. non era momento. Na rúa máis concurrida de Madrid, un home comeza a bater nunha moza que demorou de máis os seus saloucos. As imaxes das arrepiantes esceas de Barcelona semellaron acordar simultáneamente a moitos pacíficos cidadáns que nun momento daban conta do agresor e o entregaban ás autoridades. Moitas testimuñas coincidían en que miraran a agresión, outros semellaban non ficar seguros da veracidade dos feitos. Velaquí unha consecuencia quizais da confusión na que nos somerxe este xogo continuo de ficción/realidade.
3. Paula Rego. Hai que vela, non hai na lingua verbas para describir a forza que transmite unha pincelada que debuxa un aceno de odio, de desexo, de solidariedade, de insubmisión, de orgullo, de humillación, de amor.
4. Imponente cola para entrar no Museo do Prado. Somos cidadáns ben mandados, non hai dúbida. Unha boa campaña publicitaria e aguantamos estoicamente as horas que fagan falta para lexitimar coa nosa presenza a importancia dunha actuación que ten moito máis de política que de artística. Eso sí, se temos en conta outros fenómenos masivos como o fútbol, unha ledicia ver tanta xente famenta de cultura.
5. Starbucks conquista España. ¡atención! as colas interminables na capital non están só no Prado. O derradeiro fenómeno de invasión ¿cultural? é o Starbucks. Debe ser o máis cool afacerse a cafeína e deitarse un tempiño nos agarimosos "chaise longues" deste McDonals do café. Barato non é, pero como te chaman polo teu nome para servirte unha exótica variedade de café nun vaso de deseño que conserva o líquido quentiño para que poidas ficar lixeiro, pois aí estamos, facendo cola nun café, iso si, en facenda xa non hai que agardar nadiña, aténdente rapidísimo.
6. Bruno Schulz. Exposición no Círculo de Belas Artes. Este é un deses "raros" que non acougaron nunca porque a súa ollada traspasaba a realidade, son eses seres que ven máis alá, miran a morte directamente aos ollos e como tamén son extraordinariamente bos e xenerosos, non queren arruinar a nosa felicidade e calan, ou escriben sempre como xogando ás agachadas, e case sempre morren cedo, por propia iniciativa ou coma valentes, poñéndose diante do xenocida para que lle fure esa maldita cabeza que non lle para de doer.7. Reclamacións no Metro e en Iberia. Que en Madrid tes que ir coa billeteira entre os dentes todo o día o sabedes todos, pero o do timo da T4 xa puido comigo. Xa sabedes de que vai, ti pagas o teu euriño para entrar no metro pero cando chegas á famosa termiñal, non podes entrar sen pagar suplemento. Pois que o digan claramente, "tarifa para costear las obras de reparación de la T4 a causa del atentato de Eta". E logo os de Iberia, estes comen aparte. Logo de pagar ben caro o teu high cost e de sufrir, como non, outra longa cola para facturar , mándanche a unha máquina. Máquinas no metro, máquinas no aeroporto, máquinas expendedoras absolutamente de todo. Por favor merquen xa a máquina de autopréstamo para a biblioteca tamén, así non teño que soportar o desagradable contacto con eses estúpidos seres humanos....medo me da todo esto.
8. Música na rúa. O contrabaixo sempre é precioso, pero así, na rúa, deitado á sombra, a carón dun compañeiro de fatigas que xa ten remendos de máis ¿nos vos parece uhna imaxe moi romántica?
P.D.:¡APICULTOR!, gustaríame moito que fose vostede quen de recoller o testigo deste meme. Devezo saber máis de vostede, pero non moito para que non remate a maxia de súpeto e poida seguir imaxinándoo. Veña, anímese e cóntenos esas cousas que o emocionan e lle fan esquecer a razón. Poño a miña casa ao seu dispor, ata lle facilitaría o contrasinal con tal de ver unhas verbas súas noutro lugar que non foses os comentarios de tantos blogs que vostede visita e enriquece coa súa ollada crítica.
VAILIMA, ya lo sabes, eres mi ídolo en la web artística, te paso también el testigo, aunque no quiero darte trabajo para no quitarte ni un minuto de tiempo y nos sigas regalando con tus sorprendentes artículos.
Señor R.R. ¿pero é que vostede aínda non participou nesta rolda? Veña, esqueza por uns segundos que é vostede o noso admiradísimo PNLD e escriba esas oito cousas polas que estaría disposto a perder a cabeza.









