viernes, julio 25, 2008
Cincocentos anos....¡cantas historias!
sábado, julio 12, 2008
Barry Guy, la locura del contrabajista.

viernes, julio 11, 2008
ELAS poden....tamén no waterpolo...
VERSIÓN EN CASTELÁN: Para seguir con la reflexión propuesta en el anterior post, y otros más antiguos, y para que el desconsuelo de los últimos asesinatos de este terrorismo de no sé qué género no nos ahogue en un mar de lágrimas, os propongo una celebración femenina. Ayer, en uno de esos escondidos canales de televisión que R activa de vez en cuando, pude ver, de casualidad casualísima una extraordinaria final España-Hungría que me alegró mucho la tarde. A pesar de todos los PEROS del mundo, comenzando por el comentarista que pasó gran parte del partido infravalorando el esfuerzo de estas sirenas con frases tan apropiadas como "menuda caraja (lo juro, dijo caraja, quizás quiso decir pájara, no sé) tiene hoy la estrella de nuestro equipo, o "... sin duda, este es el peor partido de nuestra selección....", etc. Y hete aquí que las sirenas rojiamarillas como si los protectores de oídos se transformaran en potentes altavoces que les hiciese llegar tan insultantes palabras del periodista, salen con toda su fuerza para dar la vuelta al marcador y hacerse con el triunfo. Ejemplos como este, nada sutiles, de desprecio por lo femenino son los que contribuye a la marginación y desprecio de la muje que tan bien senta al inmenso campo del agreste y montaraz monocultivo del machismo extensivo. No hay más que poner la oreja. El otro día, en la final masculina de tenis que ganó Nadal, todos los periodistas cantaban la misma canción: "hacía cuarente años al menos que España no ganaba en Winbledon....esto, bueno, sin contar a Conchita Martínez, (añadían en voz baja, dejando claramente en evidencia un chivatazo por el pinganillo). Hasta la misma Conchita Martínez parecía pedir disculpas por estar ahí, en una historia de ganadores con O o con E, pero casi nunca con A. Con A de ASCO por tener que presenciar todo esto, joder, ¿que les pasa a tantos homes?...
jueves, julio 10, 2008
Unos cuantos piquetitos....
viernes, julio 04, 2008
Paco, Héctor e Ingwie Malmsteen en Vigo.
Onte viñeron Paco e Héctor de Auria para asistir ao concerto de Malmsteen na Sala A. Foi unha tarde escatolóxicamente gloriosa. O mítico guitarrista non tivo a súa mellor tarde, eso noteino eu ben no
medio do éxtase propiciado polos máis de 3000 vatios, os xogos de luces e o fume natural e artificial que adoita acompañar a este tipo de eventos. Malmsteen tocou ben pero pouco. Nen sequera lle deu tempo a sobar as catro Fender que tiña preparadas. Só bailou cunha delas, e grazas a Hendrix non a escachou para d
esgusto de Héctor que estaba ben disposto a arrapañar con tódolos anacos. Pero Malmsteen mareábase, eu decateime pronto, xa dixen. Mesmo tiven un pouco de medo de que se viñera abaixo. E por moito que berráramos, Ingwie quería marchar. Os seus seareiros, una lexión de heavies fieis á boa música daban un pouco de mágoa. Que rapaces tan tranquis. De ser un concerto de Bisbal, alí había "hondonadas de ostias", pero os jevis non son xentalla e iso que imaxino o amolados que estarían logo de pagar 35 euracos por poco máis dunha hora do seu deus. Quedamos a pedir máis e máis pero nad
a, por alí só apareceu un que colleu o micro para dicirnos o que xa sospeitabamos. Malmsteen tivera un baixón "de tensión" e estaban agardando a ambulancia. Marchamos. Non me importou porque eu a quen quería ver e sobre todo escoitar era ao meu amigo Paco, un pedazo de persoa do que me gostaría falarvos e contarvos milleiros de anécdotas. Paco, quérote. Héctor, que ben che acae o nome, L., tía, eres a máis grande, e L., a nena máis espelida do mundo mundial. Que sorte disfrutar da vosa amizade!
Para os detallistas ¡atenta Vailima! Fíxense no bonito detalle da parede da sala de concertos alá ao fondo.
lunes, junio 30, 2008
Bob Dylan in Vigo
eu son neodylaniana confesa. A. dicía que era como escoitar a un daqueles predicadores dos tempos dos primeiros bluesman, R.R. que mesmo tiña gañas de porse a escribir, e eu cos meus anteollos antediluvianos tratando de reter unhas imaxes para acompañar a esa música que sabía que ía quedar a vivir comigo. Alma quixera ter escoitado algúns temás máis coñecidos mais esas dúas horas de música de seguro que lle procurarán moitísimos momentos de felicidade na súa vida. A min, particularmente engaioloume a voz rota e a forza do batería, baixo, banjo, contrabaixo, guitarras e violín. Ou sexa, todo, amigos.
jueves, junio 26, 2008
Una mujer en Berlín, de Anónima.

VERSIÓN EN CASTELAN: Volvamos a los libros, que al fin y al cabo, es el propósito primero de este blog. Despues de unas cuantas lecturas para escapar de la amargura de la realidad, entre los que se cuentan no pocos bieitos, nada reverentes, por cierto, que ya van llenando la lista de espera, tengo que dar cuenta de este diario de Anónima, recomendado por Pedro. Una mujer en Berlín es el diario de un de las cien mil mujeres que tuveron la desgracia de non poder huir a tiempo y se vieon obligadas a celebrar la llegada de los liberadores, los ivanes, haciendo lo que todas las mujeres en las guerras y, no pocas, en tiempos de paz. Ser violadas y maltratadas hasta la náusea por un impulso masculino de posesión y dominio que, por mucho que me expliquen, no entenderé nunca. Anónima se ve obligada a ocultar su nombre, porque además de violada tantas veces como capítulos tiene el libro, relata esta visita al inferno con la frialdad e distancia que acostumbran a emplear los periodistas en su informes. Las violaciones y la violencia gratuitas es lo que tienen, hacen más culpables a las víctimas que a los agresores y non acabas nunca de cumplir condena. Cuando el libro se tradujo en Alemania, aún supuraban las feridas, dicen, y el diario fue calificado por parte de la crítica como un obscenidad. He aquí la perversidad del mal. No era el momento hacer memoria. El manuscrito tuvo la suerte de llegar a manos del conocido editor alemán, K.W. Marek (el Ceram de "Dioses, tumbas y sabios") y más tarde del sabio Hans M. Enzensberger al que tenemos que agradecer la publicación. Anónima fue una mujer extraordinariamente inteligente que sobrevive gracias a una ejemplar capacidad para sacar partido de su experiencia e sus conocimientons. Es un diario de supervivencia, con el que "anónima", pese a tener que escribir a oscuras, muriendo de frío y de hambre y con todo el dolor físico y psicológico aún chorreando tras la última violación, seguramente encontró el cabo que le permitió seguir agarrada a la orilla, a la razón, a la vida, a pesar de que la descomposición del mundo circundante le indicase a cada minuto que en ese infierno no valía la pena. Pero "anónima" non solo sobrevive. Triunfa. No sé si ella misma se dio cuenta pero su capacidad de análisis observación le permitieron elegir en medio de la depravación más espantosa ser el personaje acorde con la situación, por absurda que fuese. De esta forma, un día sobrevive porque es capaz de hablar ruso con un oficial e incluso intercambiar opiniones políticas, outro porque se deja hacer y se muestra tan descarada como lo requiere la situación. Pero trabaja sempre. Encuentra siempre tiempo para buscar lo imprescindible para seguir con vida, unas ortigas que cocinar y un poco de papel para seguir escribiendo. La audacia y dignidad de esta mujer convierte su diario en un testimonio impagable de la fuerza de lo femenino que nos hace valorar el papel de la mujer en los momentos más difíciles.
miércoles, junio 25, 2008
Visit Peralejos ¡PLEASE!
martes, junio 24, 2008
Vigo, música na rúa.
Os músicos saíron á rúa para acompañarnos nunha destas marabillosas tardes de sol que anuncian a inminencia do verán.
Son especialmente emocionantes estes concertos. Debecemos por achegarnos aos músicos e os intrumentos e os sons, de socato, teñen outros matices. Móvense, respiran, soan, miran de xeito distinto.
divertidísimo xeito de dirixir do mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava.Esta cidade ten músicos abondo. Un Conservatorio Superior, o Conservatorio Profesional, a Escola Municipal de Música, e unha chea de agrupacións, orquestras, bandas. E sobre todo músicos que queren tocar para nós logo de moitos anos de estudo que poucos recoñecen.
Señores do concello e xestores do choio cultural varios
¡MÁIS MÚSICA NA RÚA POR FAVOR!
viernes, junio 20, 2008
Dy Dy Dy lan.
Foto roubada en Arumes Street Achégase o día, leidis an llentelmans, hai que ir afacendo o padal ao Forever Young bat de taims ar cheinguin, oh sister!, e oremus para que ningún hurriquein nos estrague o blouguin in de guin.
Este guinken repasade a dylipedia do grande mestre da orde dylaniana dos derradeiros e vindeiros días e non canto de ir papar hostias por aí a calquera chiringuito visitade o novo templo dylanita que asomou pola blogopraia.
¡é unha orde!
VERSIÓN en CASTELÁN: esto...que ven deus (RR dixit) a Vigo o 27. ¡Vémonos!
miércoles, junio 18, 2008
Esto non é unha membra
Anotade sen pensar.
A min sáenme, por este orden: polla, muller, imaxes de dirixentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinas, violación, ministra, xerenta (temos unha xerenta na universidade, malia todo poucas veces empregamos o feminino), discriminación positiva, etc, etc, etc.
E todos queren ser filólogos por un día.
Cualquier cambio en la lengua por pequeño ue sea se convierte en una revolución. Y todos somos filólogos por un día. A juzgar por el estado de la cuestión (¡mirad esta búsqueda del palabro en google!) el ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal suena ahora este empleo del masculino ¿no?) debe estar todo el día diciendo ¡¡¡pasapalabra!!!
martes, junio 17, 2008
Vivir nunha maqueta

Proxecto de Méndez da Rocha para o Campus de Vigo, agora suspensusinterruptus.Tentan confundirte a cotío semellando ignorar a túa realidade virtual e se te pos a tiro, é dicir, se non tes a resposta just in time ou esqueces un proceso da túa folla de ruta comeza o ostracismo máis primitivo. Póñense a imitar coma monas comportamentos grupais que lles ensinan nos seminarios de "interactividade controlada" e xa non te deixan en paz. Non te podes illar. Nin no baño. Que tes que consensualo todo.
Acceso á Biblioteca Central da Universidade de VigoQue lles contes os teus problemas persoais. Que tes que participar. O outro día, por exemplo, un "deles", de ínfima calidade, por certo, botoume en cara que eu non era así "antes". Quedei pampo. Pero ¿de qué me coñecía este monifate? ¿antes de que?. Non hai "antes", díxenlle, debes tes algunha non conformidade de fábrica. Mireino de arriba a abaixo tentando descubrir algún tic que delatase a súa marca. Lembre a Rita e decidín seguir buscando.
[Aspasia22. Diario dun replicante]
jueves, junio 12, 2008
Pintura de J. Sarmiento

Jorge Sarmiento expuxo a súa obra hai pouco no Círculo Mercantil de Vigo. Por fin J. S amosa o seu traballo, foi unha ledicia compartir esta ilusión da "primeira vez" con Carmen mentras nos contaba a historia de cada obra.A obra de J. amosa unha clara predilección pola paisaxe. As pinceladas mínimas falan dun traballo minucioso e as cores vivísimas, sobre todo os azuis do ceo e o mar constrúen unha pintura alegre e chea de vida. Das historias de cada obra lembro a do barquiño que viu dun soño do pintor uns poucos días antes do desastre do Prestige. É, dende logo, un barco misterioso que fala dende unha noite artificial de xeo e sinistra claridade.
¡Parabéns a Jorge e a Carmen! e a seguir pintando, que queremos máis!
No marxe tendes un álbum de fotos con máis obras de J. Sarmiento.
miércoles, junio 11, 2008
Klimt, Raoul Ruiz
osa loucura do que pasou a vida dicindo NON, menudo debía ser o Franz Xaver. Mirade a súa biografía e a súa obra, por favor. Impresionante. Por aquí anda tamén outro grande, Egon, o seu amigo e discípulo e tamén Loos, e toda a elite cultural da Viena avant a Secesión. Momentos de eclosión de artistas e obras que rachan con moito para inaugurar a liberdade das formas que xa non terá fin. Boa película. Máis información: Crítica en Revista de Cine Mabuse, En Miradas de Cine En Blogdecine
martes, junio 10, 2008
A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde.
Non é o despacho de billetes dun vello cine nin a entrada dun campo de fútbol. É o portelo de entrada da Catedral de Almería. Podíavos contar a indignación dos numerosos turistas que logo de enxurrar o colesterol á caloriña das rúas almerienses se atoparon con esta cálida benvida. Eu non ía dicir nada, simplemente dar media volta e marchar; sí que tiña claro que non ía pagar por ver unha catedral que ademáis non me ofrecía ninguna atracción (que perdoen os almerienses) especial. Mais non fun quen de aturar a ollada de desprezo que albiscaba nos desfalecidos guiris. E metín a cabeza nese buraco negro. Antes de que os meus ollos se afixerán á obscuridade soaron alto e claro os ouveos do acólito de turno, que me recibiu con hospitalidade característica dos que se achegan a unha sotana sen cartos no peto:-¡señora, se quere entrar pague en punto!.
Eran dous xitanos guapísimos, con ese brillo nos ollos que te fan tremer de medo nas portas das discotecas, imaxinade o que sería detrás dese portelo.
lunes, junio 09, 2008
Unha dúbida.
Esoutro día asistín á presentación de Votos de riqueza, Ignacio Castro Rey. ¡que alivio saber que alguén todavía pode ser máis pesimista que un mesmo co mal que queda hoxendía ir por aí falando da tiranía do presente, da exasperante banalidade do consumismo, da incomunicación global na sociedade máis hipervinculada da historia, da absoluta e dirixida terciarización do prefabricado excedente de tempo de lecer inventado polos demiurgos máis cool dun sistema, xa non proEn Brétemas tendes unha boa reseña de Votos de riqueza. E non esquezades pasar pola páxina de Ignacio Castro, paga a pena a lectura detida dos seus escritos sobre cine.
jueves, junio 05, 2008
Axuda ao coñecemento libre e gratuito.
miércoles, junio 04, 2008
Pan e coitelo, Bieito Iglesias.
Non sei se escribir un libro só para que o Arumes me faga unha crítica, de verdade. Ben, pois, como son palabras maiores alá vos remito para saber máis e mellor deste libro.VERSIÓN EN CASTELLANO: No sé si escribir un libro sólo para que Arumes me haga una crítica, de verdad. Bien, pues, como son palabras mayores allí os remito para saber más y mejor de este libro. Yo, que en esta temporada hago acopio de literatura de evasión y calidad a un tiempo, os tengo que recomendar también esta nueva, perdón B. nouvelle bieitada. No se si elegimos a los políticos por su capacidad para dar espectáculo más allá de la cosa pública pero tenemos que reconoecer que Galleira es una nación eminentemente agrícola "políticamente hablando", entendámonos. Claro que hoy con estos berlusconis e bushes ya no hay quien compita, son tiempos difíciles. Concuerdo con A. en recharar las contraportadas de los libros. O bien te quitan las ganas de leerlos por su pésima calidad crítica o te destripan el misterio que tanto trabajo costó pensar al autor. Lo digo por eso de que el libro es una mezcla de Cela con Tarantino....¿comorrrr?....más bien es un Torrente, eso si, muy asesorado lingüísticamente hablando, porque aquí hay una riqueza del registro coloquial que hace correr el aire entre las páxinas. Por la frescura de las palabras olvidades que nos colocan tan fácilmente en aquela lejana Oria en que los mayores "cogían el carrito" (concretamente "Los Americanos"). Por la felicidad de escuchar el habla de los que se buscaban la vida allá por Vichita o el Veintiuno. Lo malo, Me pasó como a A., es que también este aire acabó pro pasar muy rápido las hojas y cuando aún no has terminado de reir con la última ocurrencia del Conselleiro, va y se se acaba el libro. Eso si, el paratexto, para mi, le sobra . Si montais un clú de bieitianos, Keitel mediante, me apunto.
martes, junio 03, 2008
¡esto SI que é unha vergonza!

¿século XXI? ¿democracia? ¿igualdade? ¿xustiza?....¿que fai este tipo que seica nos representa compadreando tan ricamente cos que
segundo eles...
lunes, junio 02, 2008
Proba de agudeza visual.
sábado, mayo 31, 2008
Abuña Jazz no Manteca de Vigo (post con premio)
E agora o premio:
un disco de Abuña Jazz para o que saiba o nome dos compoñentes do grupo que tocaron neste concerto.
viernes, mayo 30, 2008
This is not pornography
E como é venres, e seguro que vai chover, aquí vos deixo estas ligazóns "ad hoc".
Miguel Calderón / Karen Knorr / Liliana Porter / Olaf Breuning / Yoshua Okon / Philippe Ramette / Plonk & Replonk / Elliott Erwitt / Teun Hocks / Erwin Wurm / Paul M. Smith / Win Delvoye / William Wegman / Anna and Bernhard Blume / Pedro G. Romero / Isaac Montoya / Tibor Gyenis / Carles Congost / Matin Parr / Marcos López / Peter Land / Urs Lüthi
lunes, mayo 26, 2008
Fe, fraternidade, ilusión + Bocata e auga
Hai unha vila na nosa terra que cheira a Chanel e na que os non veciños baixan mercar o pan ataviados de executivos. Pódese pasar un bo rato ollando ao monstro da especulación engulindo os poucos metros cadrados que van quedando para conformar esa milla de ouro da que non disfrutan os que fornecen diariamente os cocedeiros de marisco. Malia non soportar o abafante cheiro que resulta da mestura dos carísimos perfumes dos esporádicos visitantes co salgado recendo do mar que ven na procura do seu, adoito gustar de camiñar polo paseo máis glamuroso do frikismo da clase alta/altísima e me vexo coma un Malinoswki contemporáneo na procura dunha explicación desta tribu posmoderna que posa as vintecatro horas de cada día do ano ata chegar a apoteose do verán. Na igrexa da vila (un dos escasísimos edificios antigos que sobreviviu á voracidade da mafia do ladrillo) atopamos este simpático cartel. Menos mal que no centro comercial do porto deportivo de última xeración hai unha chea de franquicias onde se pode atopar de todo, fe, fraternidade, ilusión, bocata e ata auga. ¡sonche o demo estes católicoapostólicoromanos![Foto vía Iniciarte]


