jueves, marzo 11, 2010

Cabeceira de luxo para....

María Jesús F., Cronopia, Paz, Montse, Cris, Ana, AsDeCorazones, LulaFortune, Sigrid, Inma, Beluka, Suroeste, CrisPavón...e todas as mulleres que premeron neste bló nunha das noventaetresmilentradas que marca o contador, quedades nomeadas tertulianas de honra e adícovos a marabillosa obra do mesmo nome da simpar Ángeles Santos, da que espero falar dabondo un día destes, porque me ten moi moi enmeigada. Que vivan as tertulias femininas...¿como? ¿que non as hai? ¿a que agardamos logo? coñezo un sitio que poñen uns chipiróns na súa tinta...mmmmm....e cunhas vistas á ría...buahhhhhhhh! ¡bicos mozas! ¡e a seguir falando!

7 comentarios:

Beluka dijo...

Vaia! Moitas grazas! Non sei a que esperamos para esas tertulias live! A min chipiróns non, que me dan alerxia, pero as vistas á ría válenme! :D
Bicasos! Blogueámonos ;)

SurOeste dijo...

Re-chula!

Lula Fortune dijo...

Encántame a nova cabeceira...veña esos chipirons, rediola!!!!!!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Moito falar pero non hai posto nin día, nin hora nin nome de restaurante. Un desastre organizativo.
Quademo é a verificación da palabra.

Anónimo dijo...

Hai algunha boa?

Ana Bande dijo...

Pois veña logo, para ir abrindo boca, maña na taberna Croque (Museo do Mar) contra as 14:00h., le tomamos los chipirones y con la tinta que nos sobre levantamos acta del evento...pois sí que tendes ganas de troula, eh...arumes, que seica vai ter que pedir vostede unha perruca emiwinjaus para a ocasión ¡muaca! e imos comezar debatendo ¿sobre?

Princesa Sigrid/Lorena dijo...

A min dame igual do que se fale "en habiendo" chipiróns e boa compaña, a boa conversa ven por sí soa. "Con esta marabillosa capacidade que Deus nos deu ..." ;-)
P.D SurOeste canto tempo, bonita!!!!