Soubemos hai pouco pola prensa da ruína na que se atopa a antiga fábrica do Alemán, en Rande. A conserveira Boyé, que lembran ben os veciños do lugar e no que traballaron moitos deles toda a súa vida, foi tamén centro loxístico para os nazis, xa que o seu propietario Otto Gertz, era propietario de minas de wolframio, mineral estratéxico para a industria armamentística do momento. O lugar atópase en idénticas condicións de conservación que case a totalidade do noso patrimonio industrial. ¿que será destes proxectos?. Un auténtico vertedoiro no que é case imposible adentrarse sen risco de accidente. Agora pódese acceder grazas precisamente á falcatruada perpetrada pola Autoridade Portuaria co tendido dunha tubería (que podedes ver na foto) que atravesa o espazo. Total "antiga fábrica xa se atopaba abandonada e desvalorizada polos organismos aos que correspondía a súa protección como parte do patrimonio histórico industrial de Galicia...". Estamos nunha zona que malia formar parte da espectacular paisaxe da nosa ría, sofre un incomprensible abandono. Seica a Asociacion Cultural de Rande leva tempo loitanto para aproveitar as potencialidades do lugar para crear un espazo museístico. Sería a primeira pedra dun cambio de cento oitenta graos no que se refire á política cultural e de conservación desta nosa fermosa cidade e arredores. Veña, imos ser optimistas. De momento ide por alí e disfrutade dunha paisaxe que semella ocorrencia do Tim Barton.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario