¿Bilingüismo ou diplopía?
A este fenómeno curioso de traducir ao noso idioma esoutro noso idioma produce un efecto óptico moi curioso. Primeiro refregas os ollos, hai que desentumecer a musculatura óptica para descartar posibles síntomas. Logo toca entender a tipografía. Miras ao teu redor para asegurarte de que efectivamente és x unicx que non entende, e logo, por fin, prendes un pitillo e agardas a chegada do comboio para voltar a Vigo, sempre dacabalo da mesma dúbida...
3 comentarios:
de cando a coherencia da imaxe perde a coherencia lingüística :)
nota: dos libros para haití, pódense dar noutros idiomas, ou? porque eu veño de dar 2 en francés...
así é, Belikinha...pois sí, por doar...o caso é que logo os merquen no mercadillo.
se non os merca ninguén volvo mercalos eu, que non me facían mal no andel! :)
Publicar un comentario