Art. X: Para las mujeres y peones las horas de entrada serán las mismas que los operarios soldadores pero saldrán media hora después, siendo obligación de las mujeres y aprendices la limpieza diaria de la fábrica una vez teminada la jornada. (Reglamento Industria Conservera)
Nunha destas cadeiras sentaba Asunción Latorre, ou Trinidad Cernadas, ou María Abuín ou Mª Libertad Altajara (bela e cruel ironía a do teu nome), dúas horas horas e media de suspensión de emprego e xornal por falar durante o traballo, e faltas máis graves aínda, como a de Libertad, que faltou ao traballo sen causa xustificada, a moi puta, seguro que quedou durmida outra vez debaixo do lacazán do seu home, ese que cada noite lle arrinca dos petos os dous reais para botalos pola gorxa. Tempos aqueles nos que había reglamento ¿non si?
Fotos: Museo do Mar (Vigo): A man de obra na industria da conserva era básicamente feminina. Cada obreira gardaba na súa cadeira os obxectos do traballo necesarios: mandilóns, gorro, coitelo, etc. Fábrica de Conservas Comercial Vigo. Primeira metade S. XIX. Depósito familia Alonso Lamberti Casuso)
No hay comentarios:
Publicar un comentario