domingo, marzo 28, 2010

Peder(hastia)dos

Fotografía: Calendario Romano

ESTE POST PERMANECERÁ ABERTO DURANTE TODA A SEMANA SANTA....É A MIÑA CONTRIBUCIÓN A ESTA SEMANA DE PAIXÓN, IREI ENGANDINDO TODO O "GRACIOSAMENTE" ME ACHEGAN MEUS MÁGNÍFICXS COLABORADORXS.
A pederastia no clero é un fenómeno exclusivamente masculino. De momento no temos indicios do contrario. A rotundidade desta evidencia non permite desprezala se realmente queremos entender o asunto e comezar a concebir solucións. O abuso que exercen os membros da xerarquía eclesiástica contra os más débiles presenta os mismos perfís que a violencia de xénero.
O celibato obrigatorio, é unha coartada máis para exercer esta violencia, pois recoñecer a dificultade do seu cumprimento convértese nunha revirado xeito de perdón que impide á maioría, esa maioría cega e crente que é a que lle interesa á igrexa, ver pecado ou delito ningún en calquera destas perversións.
O celibato é un factor suplementario no exercicio desta violencia, cicais o máis perverso porque por esta vía, o cura pederasta actúa convencido de que as súas accións son una manifestación de "amor".
O celibato non ten a súa orixe en factor relixioso ningún (digan o que digan os concilios). É unha medida exclusivamente económica cuxo fin é impedir que o que se "cepilla" aos fieis se perda vía herencia dos curas aos fillos. Ademáis, que o celibato no é o cerne do problema (polo menos o único) o amósao o feito de que a pederastia é cometida diariamente por individuos non célibes. Non célibes pero varóns case exclusivamente, volvo a repetir. Non enfrontarnos ao compoñente do patriarcado como orixe do problema obligaranos a seguir soportándoo. A pederastia, no ámbito da igrexa ou fóra da mesma, ten exactamente os mesmos rasgos que outros fenómenos aínda moi agochados. O incesto por exemplo. É un problema de poder, de abuso de poder. En todos estes comportamentos hai demasiados elementos comúns como para no telos en conta. Lede esto e logo falamos.
Nazarí Amirian coma sempre, moi acertada.

Luis Manuel González Piñeiro, un curiña de Tui resume ben a preocupación da igrexa polo tema: "¿Pederastia" ¡Me la trae al pairo!" (Grazas S.)

O obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, ten moi claro quen son os culpables:
"Hay menores que desean el abuso e incluso te provocan"(grazas A.)
E podiamos seguir recopilando aberrantes declaracións similares que non só non constitúen delito ningún, senón que amosan a arrepiante naturalidade coa que os torturadores exercen a súa violencia. Agora, como sociedade enferma que somos, tocará "pechar filas" cos verdugos, e tirar pedras contra todos os enimigos de deus que queren seguir queimando igrexas.


Papas pederastas: San Dámaso (366-384), San Simmaco ( 498-514), Bonifacio III ( 607), Camon (686-687), Bonifacio VI ( 896), SergioIII (904-911), JuanXII (955-964), Juan XIII ( 965-972)
BenedictoVIII (1012-1024), InocencioIV (1243-1254), BonifacioVIII(1294-1303), Benedicto XII ( 1334-1342), Sixto IV (1471-1484), AlejandroVI (1492-1503), JulioII (1503-1521), León X (1513-1521), Julio III ( 1550- 1555), Fonte¨:Los papas y el sexo. Eric Frattini.
MÁIS DIFÍCIL TODAVÍA

3 comentarios:

SurOeste dijo...

Onte viña unha reportaxe en LVG sobre o seminario de Tui onde, cando se lles preguntaba aos seminaristas sobre os escándalos de pederastia que sacoden á igrexa miraban para outro lado. Un dos entrevistados mesmo tiña a ousadía de responder: "a mi la pederastia me la trae al pairo", ou que "aquí ni siquiera tratamos el asunto".
Do mesmo xeito ocorría hai pouco tempo coa violencia de xénero, lembremos, e do mesmo xeito está a ocorrer coa escravitude de moitas mulleres nas redes de prostitución: á mentalidade patriarcal esas cousas menores tráella ao pairo.
É urxente poñer de manifesto esta tremenda inxustiza, esta terríbel hipocresía. E a estes curitas bempensantes a quen o abuso dos nenos llela trae ao pairo cómpre desenmascaralos.

Ana Bande dijo...

jajajajaja...giLIXta...bueno, bueno...non sei nena, iso de completamente gratis paréceme un abuso, asi polo morro que me poñas no teu blogroll sen aluguer ningún vai parecer tráfico de influencias...que bueeeeeno...¡bicos wapa! y olvidáte un poco del piche dinero que hai cosas, todavía unas cuantas que son gratis, como escribir blogs y añadir a tus amigos.

lucio do sixto dijo...

Boas, Ana, cheguei de casualidade ao teu blogue, e fiquei nel un anaco, lendo cousas e rindo a cachos, unha boa parada , unha boa estación. Se queres, a miña casa está aberta tamén para ti, lucio do sixto.spaces, a lo mellor tamén gostas del, podes ficar o tempo que queiras, e unha porta aberta.