Cando recorren á presunta irrebatibilidade "e logo como explicas que non houbese mulleres que fosen grandes artistas" dan ganas de contestar coa mesma altura intelectual, "pois máis ou menos polo mesmo que non son os homes os que superan con máis éxito as probas de selección cando se aplican sitemas xustos e rigorosos baseados na capacidade de traballo e estudo". Pero no nos deixemos arrastrar pola comodidade das respostas tópicas e automáticas. Este fermoso catálogo de arte, non é unha anormalidade que confirme ningunha regra. Houbo mulleres artistas en todas as épocas, escolas e latitudes. O único que hai que facer para atopalas e querer ver, e iso si, por cada unha que acadase unha mínima visibilidade, poñerlle un coeficiente adecuado para valoralas como se merecen. E se falamos dende a nosa leira haberá que engadir un coeficiente máis, unha especie de mecanismo corrector de desequilibrios rexionais, porque señorxs, que a estas alturas haxa aínda que reivindicar a Maruja Mallo xa ten o seu delito. Ben, ao que ía. Cando folleamos este catálogo sorpéndenos que esta foto de Men Ray sexa en realidade de Lee Miller, que este femme et voilier non sexa un Léger, senón unha Marcelle Cahn, que o que xurariamos era un Grosz en realidade o asina unha tal Charley Toorop, que estas figuras escuran non saíron dos pinceis de Rouault, senón de Suzanne Roger. Sorprenden as maternidades de María Blanchard, e aínda sen ollar o pe de foto, xa totalmente desconfiados por mor dos escasos acertos, percibimos certas diferencias no tratamento dun dos temas máis repetidos na iconografía mundial. O cubismo dos primeiros anos do século XX tamén está maxistralmente representado por pintoras. Liubov Popova, non é Juan Gris e Marevna non firma como Georges Braque. As vangardar rusas, o expresionismo alemán, o dadaísmo, o futurismo, o impresionismo, o fauvismo......todas, todas as vangardas en feminino. ¿quen o sabía?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario