miércoles, marzo 24, 2010

Espelho, Halina Poswiatowska

Para Mardelempicka
Velaí vai unha tradución do poema ao portugués, non se precisa máis...
[tirada de: Cadernos de Literatura em Traduçao, 10, p.95-98]
ESPELHO
sufoca-me a beleza do meu corpo.
mirei-me hoje a mim mesma com seus olhos. descobri
a meiga curva dos ombros a cansada redondez dos seios que
querem dormir e devagar apesar de si mesmos rolam para abaixo.
minhas pernas entreabrindo-se entregando à desmedida até
limites que nao existem aquilo que é eu e que fora de mim
pulsa em cada folha em cada gota de chuva.
vi-me com através de vidro em seus olhos
mirando me senti suas maos na cálida tesa
pele das minhas coxas e obediente a sua ordem
permaneci nua defronte ao vasto espelho.depois
cobri seus olhos para nao ver e nao sentir
a solidao do meu corpo desabrochado por você.
Halina Poswiatowska (1935, Czestochowa-1967, Cracóvia)
Foi unha poeta polaca da "Xeración 56", como se deu en chamar a un grupo de autores mozos da época. Rexeitando as fórmulas temáticas e formais do realismo socialista, que, logo da morte de Stalin en 1953 deixou de ser a única poética válida en Polonia, os autores deste grupo celebraban nas súas obras a subxectividade que ata entón non era ben vista na literatura. Poswiatowska estreou como poeta en 1956, publicando en xornais e tamén na antoloxía lírica Hymn balwochwalczy ("himno idolátrico"); é tamén autora de máis de tres antoloxías de poemas, ademáis de unha narrativa autobiográfica. A súa obra foi marcada por unha grave doenza de corazón que a obrigou a ingresar en hospitais moitas veces. Poswiatowska morreu en 1967, logo dunha de varias operacións cardíacas ás que foi sometida. "Lustro" é un poema da súa primeira antoloxía lírica, Hymn balwochwalczy. A súa poesía, unha especie de diario lírico (Jarosinski 1996:99) da dúa existencia,contrapón un ávido desexo de vivir e de amar a un presentimento da morte inevitablemente próxima. Neste poema atópanse algúns dos motivos frecuentas da súa poesía: amor e erotismo reflectidos nunha experiencia estática da natureza.

1 comentario:

marlempicka dijo...

Moitísimas grazas...