martes, diciembre 14, 2010

[et.al]

Forges hoxe
e para comisións adhoc, e para xs que cantaron para facer currículum, e para xs que preguntan o que non saben, e para xs que teñen carné de tribuno vitalicio, e para xs que adoran a nosa señora da calidade e non saben facer unha o cun canuto, para xs fichas que só fichan no bar onde soan o nariz coa mordida de novos convenios, para xs que se autocompulsan e autororrixen, para xs que elixen aos que xs teñen que elixir perpetuando un cursus honorum de seu e de noso que celebramos na praza publica ao son de cincocentas gaitas, mentres os bos e xenerosos marchan un a un en vos de baixo custo para volver só polo nadal, para xs que non precisan saber cantonés, e para os que teñen a sorte de ter por pariente aos curacas da deputación ourensá, en fin, para todos os baltares e vilas e carides e betanzos e garcías e formosos...[et.al.]
Grazas A., para ti unha lembranza do xenio

...este vals con la boca cerrada...
...porque te quiero te quiero amor mio...
gracias por existir E.M.

3 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Juas, juas, juas!

Anónimo dijo...

Ai miña raíña roubáchesme o pensamento, pero o escribiches mellor e logo falan da limpeza das oposicións.

Ana Bande dijo...

é moi curioso observar que os aludidos nunca se dan por aludidos, é unha confirmación da rigorosa naturalidade coa que as falcatruadas fan ao monxe...e tamén ver arporizarse aos que non teñen vela nin enterro nin asunto...cousas, anita!