Decidiron quedar, era visto. O pobo quere falar. Sabe falar, e sabe escoitar. Estes grupúsculos que xa aniñaron en case todas as cidades deste país están dando moitísimo que falar, porque hai moitas cousas que sorprenden. De socato, este país afeito a engadirse de mala gaña ao rabo do progreso dos outros, amosa que ten opinión propia e que ten forza para dicila. No é só a xuventude, coma todo o que se achegue ás prazas pode ver. Onte na acampada de Vigo xa se notaba a experiencia de días anteriores. As asembleas estaban mellor organizadas e as propostas son cada día máis concretas. Vin aos cidadáns engaiolados con este foro real de comunicación onde case todos tiñas algo que dicir superando a timidez e precaución do que non está afeito a coller un micro. Vin cidadáns que pedían continuidade porque mentres "haxa tanta desfeita hai que vir e ter con quen falar". Falar libremente, iso é o que espanta aos profesionais da política. ¿que van amañar estes? coma se fose imposible volver ao que é o lóxico e sinxelo, ao que sempre debeu ser. ¿por que é tan doado que uns delincuentes de pouca monta paguen e devolvan o roubado e non o fagan os que rouban por real decreto? claro que é doado, só hai que non votalos, pero para iso, como amosan os resultados de hoxe aínda hai que aprender. O pobo non son eses analistas que falan de arroiadas electorais coma se os votos fosen munición para derrubar ao contrario. Mal vamos. Claro que houbo un claro gañador, pero a lectura pode ser outra. Se neste país hai cinco millóns de parados, non é absolutamente nada raro que lle voten a quen non goberna. O que sí pasou e que todo o mundo cala é que os CABREADOS son a CUARTA FORZA POLÍTICA só contanto os votos nulos e os votos en branco. Se metesen nesa caixa tamén os que votamos a partidos minoritarios seguro que os CABREADOS quedabamos polo menos de terceiros. A parafernalia postelectoral de todos gañadores hai que mantela, hai que agochar calquera mínima disensión co discurso bipolar establecido e facer coma que non pasa nada. Pois, vais ser que non, colegas, aquí está pasando algo...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Mal vamos, moi moi mal! Un saúdo e moito ánimo... que sabe como sairemos desta!
O "15M" marca un punto de partida que debe ser empregado para salientar a importancia da crítica. Crítica ao sistema electoral noso que no é nada democrático. Crítica a actuación de parlamentarios, que nin sequera "falan" para xustificar o que cobran. Crítica aos que esprimen a nosa xuventude, cada día máis preparada, con contratos, sen contratos, e unha pila de horas sacándolle a pel.
Apoiemos tod@s o 15M, saliremos gañando.
Non quero nin creo que sexa operativo ser pesimista, Iria Veterinaria, que o azul teña tinguido hoxe o país xa era cousa sabida, o 15M sí que é o berce de algo novo, aínda que non o deixen nacer ou precisamente por iso, porque ninguén o deixa nacer.
Leva razón fernando, hoxe todos deberiamos apoiar este movemento, só que sexa porque aglutina á esa crítica da que falas. Neste país fóronse arrombando moitos trastos no faiado e agora hai un serio perigo de que se venga abaixo. Os temerosos decidiron apuntalar a ferramenta vella. Os afoutos porque son mozos, porque lles roubaron ou porque teñen ilusion no futuro prefiren guindar cos materiais vellos e imperecedeiros e construir co risco e a limpeza do novo, do que está sen usar.
A min chámame moito a atención, sempre ma chamou, a aptitude dos indiferentes, dos que non se mollan opinando -e moito menos participando- non sexa que o tempo non lles dea a razón, que é o único parámetro co que traballan. A razón hai de deixala de lado ás veces, a felicidade e a paixón pola vida non se atopa en programa político nin catecismo ningún, hai que vivilo.
Achegarse ás prazas aínda que só sexa para ollar é fundamental para recuperar algo de confianza en conceptos básicos que xa só eran verbas baleiras na boca dos que traficaban con elas.
¡achegádevos ás prazas!
Cuanta razón tienes, hermanita. Pero es lo de siempre. Esto no hay quien lo arregle y despues del 22, menos. Los votantes han decidido y lo culminaran dentro de unos meses, con las generales, que no les interesa el progreso, sino el retroceso. Estamos mal pero vamos a peor y sinó al tiempo.
Publicar un comentario