En Samil, nantronte
¿o humanismo? ¿o laicismo? ¿a normalización linguística? ¿refundamos as fundacións? ¿o pacifismo? ¿a tolerancia? ¿o progresismo? ¿a solidaridade? ¿o contrato social? ¿as deontoloxías? ¿o mercantilismo? ¿o sindicalismo? ¿hai algún órgano central ou periférico deste globalizado corpo político, económico, financeiro, cultural libre de contaxio ao que aínda mereza a pena alimentar cun mínimo de esperanza de cambio de ritmo? ¿ou haberá que refundar tamén o pesimismo e seguir envolvendo aire en papel de regalo para que acougue toda este misterioso panteón de deuses creados por obra e graza dun atolondrado laisser-faire que nos converteu en súbditos de inconprensibles transaccións financeiras entre inexistentes soberanías? a ver que di o monstro cando se decida a saír da furna á que o guindou o cíclope electoral...
No hay comentarios:
Publicar un comentario