viernes, noviembre 18, 2011

Para non rebentar de fastío, Iván Goll



Sen permiso de ninguén pero con atrevemento, traduzo estes versos do descoñecido e interesantísimo poeta Iván Goll. Cicais os tempos non son tan diferentes e compre un pouco de acougo neste prexornada de reflexión. Nunca tanto coma hoxe vos desexo ¡boa fin de semana!

Pensive Woman, 1920, Kathe Kollwitz

O abrente baixa en ascensor

Londres non escoitou nunca un galo

non ten fontes para enxaugar o corazón

Os xoieiros expoñen

colares de bágoas nas súas vidrieiras

Os perruqueiros

esqueceron seus contos de fadas

Todos os días nas rúas uniformes

os mesmos mortos abandónanse

cansos da choiva

cansos do pan moi caro

a verdadeira vida corre baixo as pontes

Nós os que pasamos

entendémolo tarde de máis

Nós levamos os nosos pesadumes

dunha á outra beira

dunha á outra

¡Oh! Pai noso

danos o noso pan cotián

para non rebentar de fastío.


No hay comentarios: